Contido principal do artigo

Patricia Val Antelo
Universidade de Santiago de Compostela
España
Biografía
No 48 (2016): 1º semestre, Notas
DOI https://doi.org/10.15304/bgl.48.3186
Recibido: 08-03-2016 Aceptado: 04-07-2016 Publicado: 05-09-2016
Copyright Como citar

Resumo

O rol da muller desempeña unha importancia capital na literatura universal. Moitos son os prototipos e os arquetipos que marcaron e influenciaron a narrativa ao longo dos séculos. De entre eles, algúns convertéronse en referentes canónicos que beben do éxito de personaxes icónicos que, dalgunha maneira, conseguiron marcar unha tendencia ao desvincularse das caracterizacións máis ao uso, dando así paso a unha tradición de herdanzas literarias ancoradas no cambio nos patróns de comportamento social como factor distintivo. Son numerosas as investigacións de corte feminista que indagan neses asuntos e penetran na produción de clasificacións e patróns concretos. Utilizando algunhas delas como base de partida, o presente estudo pretende sacar á luz os posibles paralelismos existentes entre dúas figuras literarias distanciadas polo tempo, os xéneros e as voces narrativas, pero que atopan puntos de semellanza comúns que se tecen tanto nos factores internos de desenvolvemento como en factores derivados da trama. Escarlata O’Hara, eixo central de O que o vento levou e Katniss Everdeen, protagonista de Os xogos da fame, configúranse como dúas heroínas literarias atípicas, capaces de producir tanto admiración como receo. A fascinación que foron capaces de espertar nas súas respectivas épocas e que pervive aínda hoxe en día grazas ao auxe do que podemos denominar narrativas transmedia, pódese explicar ao aplicar unha análise das estratexias perfomativas e as circunstancias argumentais que ambas se ven forzadas a adoptar ou padecer. Deste xeito, o conflito bélico, central na trama de ambas as obras, pódese entender como factor aglutinante e pode ser visto como motor produtor dos paralelismos literarios entre os dous caracteres, perfilándose á vez como elemento artífice da ruptura dos estereotipos clásicos de feminidade.
Citado por

Detalles do artigo