O espírito de nación: Visións arquetípicas, nacionalidade e feminidade na poesía irlandesa actual
Contido principal do artigo
Núm. 45 (2011), Estudos. Nación e xénero nas poetas galegas e irlandesas contemporáneas
Recibido: 2012-05-10
Publicado: 2012-05-10
Resumo
Este artigo explora a necesidade de dar conta da relación espiñentaentre xénero e nación na poesía irlandesa de mulleres. O corpofeminino é utilizado metaforicamente para aludir á abstracción doconcepto de nación en base á capacidade reprodutora da muller através dunha iconografía firmemente enraizada na tradición literariairlandesa. O feito paradoxal reside na exclusión sistemática damuller dos procesos políticos e culturais que interveñen na construciónda nación á que o corpo feminino ironicamente representa,por mor da asociación da muller con procesos biolóxicos e naturais,alleos aos conceptos de cultura ou civilización. O discurso patriarcalé tamén un discurso colonizador, no que o corpo feminino seconverte no territorio colonizado: cómpre, polo tanto, para un grannúmero de mulleres poetas en Irlanda, a revisión sistemática destaiconografía feminina para elaborar un novo discurso emancipadorno que as mulleres abandonan a posición de obxectos no textopara converterse en axentes do feito literario.
Palabras clave:
iconografía feminina, nación, poesía feminina irlandesa, xénero
Descargas
Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.
