Vol 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudos
Recibido: 30-04-2014
Aceptado: 30-04-2014
A literatura busca novas formas e novos medios de difusión aproveitando as posibilidades que ofrece a chamada era dixital. A rede presenta unhas condicións propias que posibilitan novas formas estéticas e tamén novos modelos de produción, difusión e recepción. Isto, ademais de modificar a industria do libro, pode alterar a forma na que os autores abordan a creación literaria. Nesta pequena contribución, pretendo dar unha visión sobre o estado da creación literaria en rede dentro do contexto galego, revisando algúns exemplos paradigmáticos. Así pois, este texto pretende ser unha primeira radiografía do estado da creación dixital galega en rede, unha análise en primeira instancia da situación, a problemática e as posibilidades de futuro. Presto especial atención ao fenómeno blog, por ser este o soporte máis accesíbel para o público e o creador non acostumado a manexar recursos dixitais máis complexos.
blog galego, internet, literatura