Contido principal do artigo

  • David Antonio Muíño Barreiro
David Antonio Muíño Barreiro
España
Vol 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudos
Recibido: 30-04-2014 Aceptado: 30-04-2014
Copyright Como citar

Resumo

Proponse unha aproximación á análise da poesía dixital a partir da exploración dalgúns dos trazos que definen a súa caracterización na actualidade. Reivindícase o seu valor como obxecto de estudo dentro da Teoría e a Crítica literaria contemporáneas, subliñando a súa relevancia para a reformulación dos fenómenos literarios e o estabelecemento de procesos culturais novidosos. Produto derivado da evolución das tecnoloxías informáticas, a poesía electrónica é presentada como unha modalidade discursiva que non só transforma o funcionamento dos textos senón que dá lugar á conformación de novas subxectividades e significacións políticas.

Detalles do artigo