Contido principal do artigo

  • Jara Calles
Jara Calles
España
Vol 46 (2011): Textos a escape: a literatura e a cultura na era dixital, Estudos
Recibido: 29-04-2014 Aceptado: 29-04-2014
Copyright Como citar

Resumo

No seguinte artigo realízase unha lectura transdisciplinar das linguaxes que se mencionan no título, por un lado en relación á visión tradicional destas e, por outro, á súa escritura na actualidade, incidindo non tanto nos resultados acadados con elas como nos seus procesos de realización. Así, a bioarte, e en especial a figura (tamén teórica) de Eduardo Kac, é un dos espazos predominantes por levar ao social, a través da arte, dúas linguaxes como son a científica e a tecnolóxica, polo xeral percibidas á marxe da súa posíbel descarga estética. O outro motivo deste artigo radica nunha proposta literaria que non só incorpora este debate de forma temática nun momento da obra, senón que ademais asume as tres linguaxes mencionadas como substrato medular da súa proposta. Dito doutra forma, a revisión dunha actitude naturalizada e neutra destes espazos en tanto linguaxes incorporadas á
experiencia social de forma estritamente contemporánea.

Detalles do artigo