IGUALDADE PARA Os ANIMAIS? MELLORA COGNITIVA MÁIS ALÓ DOS SERES HUMANOS
Contido principal do artigo
Resumo
Tomarei un famoso parágrafo de J S. Mill como punto de partida para defender a idea de que a filosofía moral ten que facerse cargo definitivamente daqueles que foron menos afortunados na lotaría natural. Isto significa que debemos considerar con seriedade a posibilidade de incrementar a capacidade para o benestar dos animais. A pretensión do texto é mostrar a relevancia do actual debate ético sobre enhancement tamén no contexto da reflexión ao redor das nosas obrigacións cara aos animais non humanos sensibles.