O mérito persoal e a política de gratitude.
Contido principal do artigo
Resumo
A maioría dos filósofos recoñecen que hai casos nos que individuos particulares ten que estar agradecidos con aquel que lles beneficiou de forma que teñan razóns para tratalo de forma diferenciada. De igual maneira, argumento, hai casos nos que é a sociedade como tal a beneficiada pola conduta dun individuo de forma que se xera unha obrigación colectiva de gratitude que debe expresarse a nivel político e socioeconómico. A preocupación política polo mérito non debería ser meramente instrumental, senón tamén moral: unha sociedade non pode ser xusta se ignora as súas obrigacións colectivas de gratitude. Critico o famoso argumento da lotaría natural de Rawls mostrando que depende dunha concepción problemática da responsabilidade moral e desenvolvemento algunhas consideracións en torno ao papel que a gratitude debe desempeñar no deseño de institucións e políticas públicas.