Expandindo os horizontes da comunidade moral: a incorporación de animais non-humanos ao noso Ethos. Arredor de Francisco Lara & Olga Campos: Sufre, luego importa. Reflexiones éticas sobre los animales, Madrid, Plaza y Valdés Editores, 2015.
Contido principal do artigo
Resumo
Nesta nota de discusión propóñome reconstruír críticamente os principais argumentos que Francisco Lara e Olga Campos expoñen no seu libro, de recente aparición, Sufre, luego importa. Reflexiones éticas sobre los animales. Aos fins da claridade metodolóxica, divido este escrito en dúas seccións: unha de carácter máis descritivo, onde repaso os argumentos centrais de cada un do seu seis capítulos, e outra de carácter máis especulativo, onde expoño certas suxestións e obxeccións respecto dalgunhas teses defendidas polos autores, especialmente daquelas vinculadas co utilitarismo clásico.