Contido principal do artigo

José Leira López
Universidade da Coruña
España
Biografía
Vol 20 No 2 (2015), Discusiones contemporáneas sobre la libertad y el bienestar, páxinas 105-125
DOI https://doi.org/10.15304/t.20.2.2535
Recibido: 03-05-2015 Aceptado: 07-01-2016 Publicado: 07-01-2016
Copyright Como citar

Resumo

Este artigo revisa os conceptos de alteridade e identidade social, partindo do considerando de que as persoas pertencen a diferentes grupos sociais e lugares nacionais que constrúen "o nós" fronte "os outros". Estas identidades non permanecen inmutables, senón que son activadas e desactivadas, o que produce unha redefinición constante dos endogrupos e exogrupos, así como das relacións entre eles.

A construción social da realidade conduce a pensar que a identidade se reconfigura ao establecer contactos con outros grupos. Preséntanse así interrogantes que expoñen a adscrición ao propio grupo autonómico ou nacional, á vez que emerxen complexos procesos de incorporación a outras entidades colectivas e supraestatales máis amplas (como Europa), nas que o considerado alleo se difumina e pasa a formar parte dun grupo de maior nivel con novos obxectivos.

DOI http://dx.doi.org/10.15304/t.20.2.2535


Citado por

Detalles do artigo