ENTRE A UTILIDADE E O DANO: O PROBLEMA DA NON-IDENTIDADE.
Contido principal do artigo
Resumo
Neste traballo tentarase atopar unha resposta ao problema da non identidade baseada no dano aos seres futuros sen abandonar consideracións utilitaristas. Sosterase que o dano aos seres futuros nos casos atravesados polo problema da non-identidade está dado por habérselles violado o dereito a ter o que o principio de utilidade di que deberían ter. Isto é o máximo benestar esperable creado para algún ser futuro polo suxeito que actúa.