O desexable despréndese do desexable: acerca das condicións de validez formais no utilitarismo de John Stuart Mill
Contido principal do artigo
Resumo
Moito se escribiu sobre o erro que cometeu Mill ao confundir o que pode ser desexado e o que merece ser ou debe ser desexado. Discutiuse menos a intuición meta-normativa que permanece no transfondo do argumento e que si apunta na dirección adecuada: o desexable despréndese do desexable. Aquí propóñome defendela mostrando que permite esquivar varias das obxeccións clásicas ao utilitarismo.