Un estudo introductorio a “Utilitarismo y Constitucionalismo: La Ocasión de 1812. (Eds. Manuel Escamilla Castillo y Josefa Dolores Ruiz Resa) Ed. Dykinson, Madrid, 2012.”
Contido principal do artigo
Resumo
Para todos aqueles que sentimos atraídos pola historia do constitucionalismo español, polo liberalismo e o nacemento do utilitarismo, este libro é de vital importancia e de obrigada lectura. Dous bloques diferenciados sitúannos, en primeiro lugar, no utilitarismo e na súa relación co constitucionalismo e a democracia; en segundo lugar, analízanse estas mesmas cuestións na súa relación con España.
A celebración do Bicentenario de Mill, en Londres en abril de 2006, foi o lugar de encontro propicio para que o Bentham Project ( University College London), o Centre Bentham (das Universidades de París II e X e Rouen), e a Sociedade Iberoamericana de Estudos Utilitaristas (SIEU, coa súa sede na Universidade de Santiago de Compostela, España), estreitasen aínda máis os seus lazos de investigación, dando lugar ao nacemento de European Network of Utiltarian Scholars (E-NOUS), que ten a súa sede na Universidade de Granada, en España.
Os textos que se recollen neste volume constitúen os relatorios presentados durante o Primeiro Seminario E-NOUS, que tivo lugar en Granada en outubro do 2010. Nos tempos en que Bentham redacta borradores constitucionais para diferentes países, España está a constituírse como nación liberal, e esa constitución será admirada en toda Europa e imitada en gran parte dela. A fascinación benthamiana por España vai máis aló do estrito proceso constituínte e inclúe a emancipación da América española. Para comprender a influencia de Bentham na Constitución de 1812, os membros da E-NOUS puxeron en marcha un proxecto de investigación I+D financiado polo Ministerio de Educación e Ciencia, do que resulta este libro como un dos seus primeiros traballos.
Palabras chave
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s)
- Raquel Díaz Seijas, [Revistas recibidas] , Télos: Vol 17 No 1 (2010)
- José Luis Tasset, Raquel Díaz Seijas, Presentación , Télos: Vol 17 No 2 (2010): Homenaje Internacional a Esperanza Guisán (Volumen I)
- Raquel Díaz Seijas, Revistas recibidas. , Télos: Vol 17 No 2 (2010): Homenaje Internacional a Esperanza Guisán (Volumen I)
- Raquel Díaz Seijas, Sobre El gobierno de las emociones de Victoria Camps. , Télos: Vol 17 No 2 (2010): Homenaje Internacional a Esperanza Guisán (Volumen I)
- José L. Tasset, Raquel Díaz Seijas, Outro album utilitarista , Télos: Vol 18 No 1-2 (2011): Homenaje Internacional a Esperanza Guisán (Volumen II)
- José L. Tasset, Raquel Díaz Seijas, Presentación , Télos: Vol 18 No 1-2 (2011): Homenaje Internacional a Esperanza Guisán (Volumen II)
- Raquel Díaz Seijas, Recensión de Miguel Catalán: El prestigio de la lejanía. Ilusión, autoengaño y utopía. Seudología I¸ Editorial Verbum, 2ª edic. Madrid 2014, 263 páxinas. , Télos: Vol 19 No 1-2 (2012)
- Raquel Díaz Seijas, Revista de revistas , Télos: Vol 19 No 1-2 (2012)
- Raquel Díaz Seijas, Revista de revistas 20/1 (2015) , Télos: Vol 20 No 1 (2015): SIEU 2014 TERCER SEMINARIO INTERNACIONAL 26-27 JUNIO 2014 (PRIMERA PARTE)
- Raquel Díaz Seijas, A análise de Miguel Catalán no seu ensaio La ética de la democracia. Sobre la política de John Dewey , Télos: Vol 20 No 2 (2015)