É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.
Criterios a verificar
Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.
A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor).
O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.
Normas para autores/as
Con independencia dos formatos definitivos de edición, os artigos enviados para a súa posible publicación en Moenia deben respectar as seguintes normas:
1) A extensión dos traballos postulados como artigos non será inferior aos 30.000 caracteres nin superior aos 250.000.
2) En caso de coautoría, un mesmo artigo non poderá ir asinado por máis de tres nomes.
3) O texto será composto para un formato de páxina DIN-A4, coas medidas para marxes que o programa informático aplique por defecto.
4) A tipografía empregará, en xeral, a letra Times, ou ben Times New Roman.
5) Os corpos de letra serán os seguintes: 12 para o texto xeral, título do traballo e máis nome e datos do autor, 10 para resumos e palabras clave, exemplos, citas espaciadas, textos reproducidos e bibliografías, 9 para notas a pé de páxina e máis texto incluído en táboas ou gráficos, así como para os encabezamentos e pés de táboas ou gráficos.
6) Os estilos de letra serán os seguintes:
— Texto xeral: redonda minúscula (= sen máis maiúsculas das necesarias por motivos ortográficos).
— Título do traballo: negriña minúscula.
— Epígrafes principais: negriña maiúscula.
— Epígrafes de segunda orde: negriña minúscula.
— Outros epígrafes: cursiva minúscula non negriña.
— Para destacar en contexto de redonda: cursiva (ex.: «estrutura da Ilíada»).
— Para destacar en contexto de cursiva: cursiva negriña (ex.: «estrutura da Ilíada»).
— Agás en casos excepcionais, evitarase o uso do subliñado.
7) Aplicarase un interlineado «sinxelo».
8) Introduciranse liñas en branco, sempre de corpo 12, exclusivamente nos casos seguintes:
— Antes do título do traballo: 6 liñas.
— Entre o título e os datos do autor: 1 liña.
— Entre os datos do autor e o resumo + palabras clave: 2 liñas.
— Entre as palabras clave e o inicio do artigo: 1 liña.
— Antes de cada epígrafe ou inicio de parágrafo numerado: 1 liña.
— Antes do epígrafe «Referencias bibliográficas»: 3 liñas.
— A continuación do epígrafe «Referencias bibliográficas»: 1 liña.
9) Agás en caso excepcional, os orixinais non deberán superar as 50 páxinas.
10) Os autores non deben introducir encabezados nin pés de páxina. A numeración das páxinas na versión remitida comenzará no n.º 1.
11) No parágrafo inicial de texto, tras epígrafe ou ben tras punto e aparte a primeira liña levará unha sangría de 1 cm.
12) As entradas da lista de referencias bibliográficas levarán sangría «francesa» de 1 cm. A mesma sangría aplicarase aos epígrafes de lonxitude superior a unha liña.
13) Reproduciranse centrados exclusivamente os parágrafos que conteñan:
— O(s) nome(s) e datos do(s) autor(es). En columna en caso de coautoría.
— Os encabezados e pés de táboas ou gráficos.
— O epígrafe «Referencias bibliográficas».
14) Entre os datos do autor e o inicio do texto incluirase, na mesma lingua do traballo, un resumo seguido das palabras clave. Resumo e palabras clave repetiranse a continuación en inglés de non ser esta a lingua do traballo; en tal caso, a redacción de Moenia encargarase da tradución se o autor así o prefire.
15) Autoría dos traballos. Nos traballos de autoría múltiple debe identificarse o autor responsable, que será tamén o autor de contacto. É responsabilidade do autor responsable garantir o recoñecemento de todos os autores que comparten a responsabilidade do traballo e de asegurar que todos coñecen e aprobaron a versión final do documento. Os nomes dos autores deben figurar en ordenación alfabética polo primeiro apelido no caso de que todos contribuísen do mesmo xeito no traballo. Se a contribución de cada autor é diferente, recoméndase facelo constar en nota utilizando a terminoloxía convencionalizada CRediT (https://casrai.org/credit/).
16) As abreviaturas ou expresións latinas de uso corrente (p. ex.: vid., cfr., op. cit., ibid., supra, infra) reproduciranse en cursiva. Os vocábulos estranxeiros non incorporados ó léxico da lingua do traballo reproduciranse sempre en cursiva.
15) As comiñas dobres serán «angulares» ou ben “inglesas”. As comiñas dobres empregaranse para enmarcaren títulos de artigos (empréguense só as “inglesas” neste caso), citas textuais ou secuencias destacadas de certa lonxitude. Para destacar palabras soltas ou sintagmas breves preferirase, en xeral, o uso da cursiva.
17) En textos redactados en lingua romance, as comiñas sinxelas (‘’) reservaranse para enmarcaren significados ou trazos significativos.
18) As citas polo sistema autor-data seguirán os seguintes modelos xerais:
Méndez Núñez (1999: 123-4).
Méndez Núñez (1999: § 33).
(Méndez Núñez 1999: 123-4).
(Méndez Núñez 1999: § 33).
Dedúcese que nestas referencias deben figurar exclusivamente apelidos e non se empregarán signos de puntuación agás os dous puntos entre a data e o(s) número(s) de páxina(s), parágrafo(s), etc. Nos casos de coautoría usarase o signo «&» (p. ex.: Smith & Méndez Núñez; Smith, Dubois & Méndez Núñez). O(s) apelido(s) do(s) autor(es) figurará(n) exactamente como figure(n) no traballo citado.
19) Nas referencias bibliográficas, seguiranse os criterios xerais aplicados nos seguintes exemplos:
Méndez Núñez, T. (1999): Artistas na diáspora. Lugo: Biblophiles.
Méndez Núñez, T. (1999): Artistas na diáspora. Lugo: Biblophiles, 20053.
Méndez Núñez, T. (1999): Artistas na diáspora. Lugo: Biblophiles / New York: Corner.
Méndez Núñez, T. (1999): “Problemas de crítica textual”. Revista do Milenio 3/1, 223-9.
Méndez Núñez, T. & X. García Eira: “Sobre linguas artificiais”. En V. T. González Fernández & W. Smith (eds.): Dimensións comunicativas. Vilalba, Lugo: Multieditora, 114-25.
Nota de copyright
Ao publicar en Moenia, o/o autor/a-os/os autores/as cede/n todos os dereitos de explotación do seu artigo (incluíndo distribución, comunicación pública, reprodución e transformación) á Universidade de Santiago de Compostela, que, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, é a titular do copyright e, por tanto, de todos os dereitos patrimoniais expresados, retendo o/o autor/a-os/os autores/as todos os dereitos morais que por lei lle corresponde/n (art. 14 TRLPI).
Sen prexuízo do anterior, e agás indicación contraria, todos os contidos distribúense en acceso aberto baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa do titular do copyright, non sendo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl