Vol. 17 (2011), Artículos
Recibido: 08-05-2012
Aceptado: 08-05-2012
Publicado: 08-05-2012
A autora proponse ofrecer unha panorámica de todo aquilo que se ten incluído baixo a etiqueta de ecolingüística (ou similares) ó longo da aínda breve historia do termo, para despois analizar a posible aplicación do pensamento ecolóxico ó estudo das linguas e defender que este enfoque debe levar a un compromiso ético das disciplinas lingüísticas coa linguodiversidade.
Ecolingüística, ecoloxía, sociolingüística, planificación lingüística, plurilingüismo, linguas en contacto, ideoloxía, ética