É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.

Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.

  • A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor).
  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autores/as.
  • Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse de que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
  • Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.
  • Engadiuse o DOI na referencia da obra citada, cando esta o posúe.

1.  Os traballos deben ser inéditos e non estar aprobados para ser publicados en ningunha outra entidade. Dáse por suposto que todos os autores están conformes con que o texto sexa presentado para a súa posible publicación en Innovación Educativa.

2.  A súa extensión máxima será de 20 páxinas, escritas a dobre espazo en letra  Times New Roman de tamaño 12 (aproximadamente unhas 7000 palabras, incluíndo gráficos, notas ao pé, táboas, bibliografía e apéndices no seu caso). Aceptaranse orixinais en castelán, galego e portugués.

3.  Na primeira páxina debe figurar o título do traballo (no mesmo idioma do artigo e tamén en inglés), nome e apelidos do autor ou autores, seguido do nome do centro de traballo habitual, así como a dirección de correo electrónico ao menos do autor principal. Seguirá un resumo no mesmo idioma do artigo (cunha extensión máxima de 300 palabras) e en inglés. Por último, deben indicarse entre 3 e 5 palabras clave significativas do contido do artigo, escritas no mesmo idioma do artigo e en inglés. 
Nos traballos de autoría múltiple debe identificarse o autor responsable, que será tamén o autor de contacto. É responsabilidade do autor responsable garantir o recoñecemento de todos os autores que comparten a responsabilidade do traballo e asegurar que todos coñecen e aprobaron a versión final do documento.
Os nomes dos autores deben figurar en ordenación alfabética polo primeiro apelido no caso de que todos contribuísen do mesmo xeito no traballo. Se a contribución de cada autor é diferente, recoméndase facelo constar nunha nota utilizando a terminoloxía convencionalizada CRediT (https://casrai.org/credit/).

4.  En documento á parte debe enviarse un breve curriculum vitae do autor/es no que se fará constar: dirección postal; centro de traballo (especificando no seu caso o significado das siglas), dedicación profesional e liñas de investigación.

5.  No caso das ilustracións (ademais de ir integrados no lugar que lles corresponde no texto), debe enviarse á parte o arquivo dixital da imaxe (en formato JPG preferentemente), cunha resolución mínima de 200 puntos por polgada (ppp ou dpi). En todos os casos deberá figurar a fonte dos mesmos ou ben indicar se son de elaboración propia.

6.  Referencias bibliográficas. As referencias no texto faranse indicando o nome do autor e, entre paréntese, o ano da publicación orixinal. Ex.: Elliot (1990), ou ambos os dous entre paréntese (Elliot, 1990).

Todas as referencias citadas deben aparecer ao final do artigo por orde alfabética, seguindo a normativa da APA, 7ª edición (https://apastyle.apa.org/products/publication-manual-7th-edition). Preceptivamente, os autores incluirán o DOI das obras citadas (sempre, claro, que a obra o posúa), incorporándoo como ligazón (URL). Visitando o portal de procuras de CrossRef pode localizarse o DOI das obras citadas.

Exemplos de referencias (a primeira obra inclúe o seu correspondente DOI, o resto non o posúe):

  • Astin, A. W., Astin, H. S. e Lindholm, J. H. (2011). Assessing Students' Spiritual and Religious Qualities. Journal of College Student Development, 52(1), 39-61. https://doi.org/10.1353/csd.2011.0009 
  • Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Morata.
  • Hoyle, E. (1985). Teachers Social Background. En T. Husen e T. N. Postlethwaite (Eds.), International Encyclopedia of Education (pp. 5073-5084). Pergamon Press.
  • UNESCO (1995). Cambio y desarrollo en la educación superior. http://unesdoc.unesco.org/images/0009/000989/098992s.pdf 

7. O Consello de Redacción acusará recibo e examinará os orixinais recibidos (nun prazo aproximado de 15 días), para comprobar que cumpren coas directrices formais e temáticas dadas aos autores e, no seu caso, poderá sinalar posibles correccións ou rexeitar por completo o traballo.

8. A continuación, cada orixinal que pase o filtro anterior someterase a un proceso de dobre avaliación anónima externa (tipo “dobre cego”, mantendo oculta a identidade de avaliadores e autores), por parte de expertos na temática do traballo designados polo Comité de Redacción en función da súa traxectoria investigadora. En caso de dúas avaliacións contraditorias, buscarase a dun terceiro revisor, nas mesmas condicións.

9. Todos os informes de avaliación (mantendo o anonimato) será enviados aos autores que, en caso de aceptación do artigo, deben tomar en consideración os posibles comentarios, propostas de mellora, dúbidas, etc. e volver a reenviar o traballo cos oportunos cambios. O proceso de revisión repítese de novo (mantendo o anonimato), de maneira que, en caso de que a segunda revisión dos avaliadores sexa de novo favorable, é altamente probable que o artigo sexa definitivamente aceptado para a súa publicación.

10. Innovación Educativa publica un número anual, normalmente entre novembro e decembro. Os orixinais deben ser enviados para a súa avaliación antes do 15 de xuño. A revista ten por costume enviar os resultados da avaliación externa antes de finais do mes de novembro, mentres que os autores deberán realizar as posibles correccións dos traballos aceptados nun período non superior a 10 días a partir de que se lles envíen os informes de avaliación. O Comité de Redacción normalmente comunica nun prazo de 7 días a aceptación definitiva. A partir de aquí, o lapso de tempo ata a publicación dedicarase ao proceso de maquetación e corrección de probas, dispoñendo os autores dun tempo aproximado dunha semana para a corrección de galeradas, non permitíndose a realización de cambios substanciais no texto (como engadir novos parágrafos ou quitar outros, alterar de maneira significativa a estrutura do traballo, etc.