O estudo da infancia e da adolescencia desde a perspectiva histórico-educativa. Perfís posíbeis para a investigación actual
Contido principal do artigo
Núm. 27 (2017): Conflito e convivencia na escola, Artigos, Páxinas 235-253
Recibido: 2017-09-05
Publicado: 2017-11-29
Resumo
Achegarnos aos antecedentes con respecto ao estudo da infancia e da adolescencia desde a perspectiva histórico-educativa sitúanos ante o estado actual das investigacións neste eido e, igualmente, permítenos trazar novos horizontes a partir de retos e interrogantes que fican por resolver. Mediante esta aproximación historiográfica pretendemos ofrecer un percorrido que, tendo presentes as principais mudas acontecidas desde os incipientes traballos desenvolvidos a partir dos anos sesenta do século pasado, suscite novas posibilidades para a investigación en torno á infancia e á adolescencia na actualidade.
Palabras clave:
Infancia, adolescencia, historiografía, Historia da Educación, investigación histórica
Descargas
Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)
- María Eugenia Bolaño Amigo, Política docente e formación do profesorado á luz dos textos de Adela Cortina e Martha C. Nussbaum , Innovación educativa: Núm. 23 (2013): As innovacións na historia da educación

