Contido principal do artigo

María Eugenia Bolaño Amigo
Universidade de Santiago de Compostela
España
http://orcid.org/0000-0002-2436-7144
Biografía
No 27 (2017): Conflito e convivencia na escola, Artigos, páxinas 235-253
DOI https://doi.org/10.15304/ie.27.4262
Recibido: 05-09-2017 Aceptado: 20-11-2017 Publicado: 29-11-2017
Copyright Como citar

Resumo

Achegarnos aos antecedentes con respecto ao estudo da infancia e da adolescencia desde a perspectiva histórico-educativa sitúanos ante o estado actual das investigacións neste eido e, igualmente, permítenos trazar novos horizontes a partir de retos e interrogantes que fican por resolver. Mediante esta aproximación historiográfica pretendemos ofrecer un percorrido que, tendo presentes as principais mudas acontecidas desde os incipientes traballos desenvolvidos a partir dos anos sesenta do século pasado, suscite novas posibilidades para a investigación en torno á infancia e á adolescencia na actualidade.

Citado por

Detalles do artigo