A formación inicial do profesorado de Educación Secundaria no Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela: antecedentes e evolución
Contido principal do artigo
Resumo
Analizamos a continuación o nacemento do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela no ano 1969 recollendo a experiencia previa da Escola de Formación do Profesorado de Grao Medio, creada en 1964.
Os ICE son un dos puntos dos que parte a Lei Xeral de Educación de 1970 para situar o panorama educativo español á altura dos países europeos. A formación do profesorado estaba, en todos os niveis, retrasada e necesitábanse medidas urxentes; no caso dos profesionais do maxisterio, a súa formación práctica contemplábase na propia carreira, como segue a ocorrer hoxe; non era así no caso dos profesores de ensino secundario, aos que se lles esixían coñecementos teóricos, pero non se lles daban as ferramentas para comunicalos nunha aula. Para solucionar a eiva ideouse o Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP), que moi pronto acabou converténdose nunha pesada esixencia para os alumnos, o cal motivou sucesivos intentos de cambio ata a súa substitución polos másteres de formación de profesorado actuais.
Polo CAP que ofrecía o ICE da Universidade de Santiago pasaron un elevadísimo número de alumnos e alumnas nun período de case cuarenta anos, entre 1970 e 2009; moitos deles son hoxe profesores de educación secundaria en institutos e noutros centros educativos. De aí que sexa relevante estudar a evolución do centro responsable da súa formación pedagóxica.
DOI: http://dx.doi.org/10.15304/ie.25.2883
Palabras clave:
Descargas
Detalles do artigo
Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)
- Anxo S. Porto Ucha, Raquel Vázquez Ramil, Innovacións republicanas na educación popular: as misións pedagóxicas. Análise dunha experiencia, con referencias a Galicia , Innovación educativa: Núm. 23 (2013): As innovacións na historia da educación
- Raquel Vázquez Ramil, Santiago Petschen. El arte de dar clases. Experiencias de los autores de libros de memorias. Madrid: Plaza y Valdés, 2013. , Innovación educativa: Núm. 24 (2014): Temas: "Mediación escolar" e "A escola rural"
- Ángel Serafín Porto Ucha, Gabriel, Narciso de (2023). "Os mestres mortos daquel verán". Vigo, Galaxia. ISBN: 978-84-9151-969-0. 245 páxinas , Innovación educativa: Núm. 33 (2023): Innovación educativa en arte, ciencia e sociedade
- Raquel Vázquez Ramil, Neuschäfer-Carlón, Mercedes. (2013). Fortuny, 53. Residencia de Señoritas. Madrid: Ediciones Vitrubio. ISBN: 978-84-941460-4-6. Nº págs.: 227. , Innovación educativa: Núm. 23 (2013): As innovacións na historia da educación
- Raquel Vázquez Ramil, Ángel Serafín Porto Ucha, In Memoriam Mª Fe Vázquez Armada , Innovación educativa: Núm. 27 (2017): Conflito e convivencia na escola
