1. INTRODUCIÓN
Londres e Madrid, ao igual que outras grandes urbes europeas, e tamén de todo o continente, convertéronse a finais do século xx en centros urbanos cunha proporción moi elevada de poboación nova e inmigrante procedente de diversos países, razas e culturas. Isto tivo un grande impacto na paisaxe lingüística destas cidades coa creación dun multietnolecto (; ), tamén denominado por outros autores “lingua vernácula urbana contemporánea” (Ramptom , ) ou “estilo de expresión da mocidade urbana” (; ). Outras denominacións utilizadas, segundo o país en cuestión, son: Straataal (fala da rúa) nos Países Baixos, Kiezdeutsch (alemán do barrio) en Alemaña, verlan (á inversa) en Francia, Kebabnorsk (lingua urbana) en Noruega, e gaul (xerga) en Indonesia.
Como resultado da influencias de todos estes factores, xurdiu en Londres unha nova variedade coñecida como “Inglés Multicultural de Londres” (IML; ; ; ). No caso de Madrid, o conglomerado de falantes de diferentes orixes e minorías lingüísticas non é tan visible como en Londres, aínda que tamén existen grupos de falantes diversos, circunstancia que ten a súa incidencia na variedade do español empregado nesta comunidade ().
O Inglés Multicultural de Londres é, polo tanto, unha variedade lingüística empregada por falantes de orixe diversa, presente en moitos distritos do centro e leste da capital británica, zonas cunha alta porcentaxe de poboación nova e inmigrante onde se combinan variedades locais con outras do resto do Reino Unido e de falantes de procedencia caribeña, especialmente de orixe xamaicana, da India e tamén de Asia e do norte de África (), circunstancia que incrementa de xeito considerable a natureza multicultural deste dialecto. Pódese entón afirmar que o Cockney, tradicionalmente asociado á cidade de Londres, foi substituído por esta nova variedade, denominada por o novo Cockney. Cómpre asemade lembrar que Londres sempre foi un centro de innovación lingüística desde un punto de vista histórico (; ) e esta condición aínda sobrevive a día de hoxe. Isto quere dicir que algúns dos seus trazos máis característicos, tal e como veremos posteriormente, están a estenderse na actualidade a outras zonas de Inglaterra como Manchester, Birmingham ou Bristol, dando lugar ao que se coñece como “Inglés Multicultural Urbano” (IMU) ou “Inglés Británico Urbano (IBU; ).
En Madrid o conglomerado de falantes de minorías e procedencias diversas non é tan evidente coma en Londres, pero existen grupos de falantes de distintas linguas convivindo nunha mesma cidade. De feito, no 2023 o 16% da poboación era estranxeira, o que loxicamente debe ter un reflexo na linguaxe utilizada. Así, obsérvase unha alta presenza de falantes de América Latina (Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú, República Dominicana), do leste de Europa (Romanía, Ucraína), xunto a minorías procedentes de países onde se fala o árabe, principalmente Marrocos e Senegal. Ademais do anterior, non podemos obviar a influencia tan importante do inglés como lingua franca/internacional (; ), que tamén deixa a súa pegada na variedade do Español de Madrid (EM), sobre todo no caso dos falantes máis novos, polo seu contacto coas tecnoloxías, redes sociais e programas bilingües/multilingües, onde o inglés é en ocasións empregado como lingua de instrución. Pódese afirmar, entón, que o contacto de linguas máis unha poboación etnicamente diversa e nova constitúen o caldo de cultivo perfecto para o cambio e as novas creacións lingüísticas (). De aí, que todos estes datos sexan moi ricos e interesantes desde un punto de vista (socio)lingüístico.
Este traballo está organizado como segue. En primeiro lugar referímonos aos obxectivos e á metodoloxía de traballo empregada na investigación para logo presentar e analizar os resultados obtidos. Con este fin distinguimos dúas seccións principais referidas tanto ao IML como á variedade do EM nos que examinamos fenómenos de contacto lingüístico así como exemplos concretos de cambio e de innovación lingüística que inclúen desde verbos citativos e intensificadores ao uso de linguaxe vaga a través de nomes de referencia xenérica e retrousos finais de serie enumerativa, vocativos nominais, procesos léxicos de acurtamento de palabras e formas abreviadas. O artigo remata cunha serie de conclusións derivadas da análise de datos presentados.
2. OBXECTIVOS
A maior parte dos estudos sobre lingua xuvenil centráronse ata o momento en aspectos fonolóxicos, sintácticos, discursivos e, sobre todo, léxicos (; ; ; ; ; ; ). Porén, hai moi poucos estudos de carácter contrastivo que aborden as prácticas lingüísticas dos mozos e mozas de Londres e Madrid, xunto cos posibles factores ou razóns que as condicionan e explican, malia traballos como os de Stenström (, ), , e , que son unha excepción.
De acordo co anterior, os nosos obxectivos principais pódense resumir como segue: (i) analizar os efectos do contacto lingüístico, con atención especial aos préstamos e ás influencias dunha lingua/variedade sobre a outra, é dicir, examinamos en que medida estes sociolectos do inglés de Londres e do español de Madrid están a recibir a influencia doutras linguas e incluso doutras variedades do inglés e do español respectivamente, tendo en conta o seu carácter multicultural nun contexto multilingüe; (ii) presentar e describir en detalle exemplos de cambio e innovación lingüística nestas dúas variedades, o Inglés Multicultural de Londres (IML) e o Español de Madrid (EM); (iii) acometer un estudo lingüístico de carácter contrastivo entre as comunidades de falantes xuvenís destas dúas comunidades, salientando as súas similitudes e diferenzas; (iv) analizar as razóns ou factores que poden condicionar ou incluso explicar os fenómenos anteriores.
3. METODOLOXÍA E MATERIAIS DE INVESTIGACIÓN EMPREGADOS
Neste estudo adoptamos un enfoque sociolingüístico baseado en corpus co fin de afondar no impacto da variable da idade no uso da linguaxe. Así, para o inglés utilizamos datos do COLT (The Bergen Corpus of London Teenage Language), compilado na universidade norueguesa de Bergen a principios dos anos 90 do século pasado por Stenström e os seus colaboradores (), cunha mostra de case medio millón de palabras. Este corpus contén 100 horas de gravacións espontáneas de rapaces e rapazas londinienses de entre 13 e 17 anos que foron realizadas polos propios informantes coa axuda dunha gravadora que eles mesmos portaban nas interaccións cotiás cos seus pares nas contornas familiar e escolar. Asemade, empregamos datos do Saarbrücken Corpus of Spoken English (SCoSE) (Norrick 2008), compilado en Londres por investigadores alemáns en 2008 con mostras orais de mozos e mozas de Londres. Desta fonte seleccionamos un subcorpus de aproximadamente 12.000 palabras. Presenta a avantaxe sobre COLT de ofrecer un material máis recente, se ben tamén presenta varias eivas, entre elas o escaso número de participantes e o feito de que a maior parte das conversas foron gravadas na contorna escolar co que este material non é tan espontáneo como o anterior. Para completar as mostras xa seleccionadas examinamos tamén datos proporcionados polo , proxecto levado a cabo por persoal investigador do Queen Mary College da Universidade de Londres baixo a dirección de Jenny Cheshire e Paul Kerswill, que abarca o LIC (Linguistic Innovators Corpus), de aproximadamente 1.300.000 palabras, compilado entre o 2004 e o 2007, e o MLE (Multicultural London English), de aproximadamente 1.300.000 palabras, de data máis recente, pois foi confeccionado entre 2007 e 2010. Neste caso as gravacións foron feitas mediante entrevistas sociolingüísticas individuais e grupais nun centro xuvenil. O corpus MLE contén tamén datos doutros grupos de idade como nenos/as e adultos mozos e maiores, o que permite establecer diversas comparacións entre os falantes dos diferentes grupos de idade representados no corpus.
No caso do español recorremos ao , compilado nesta cidade entre 2002 e 2008, e que contén 456.324 palabras de fala xuvenil. A recollida de datos realizouse a través de autogravacións (Universidade de Bergen; ). Pódese considerar dalgún xeito como un corpus comparable ao COLT, tanto no que se refire ao seu deseño e estrutura como na metodoloxía empregada para a súa compilación. Corpus similares ao COLAm estanse a elaborar noutros países nos que se fala o español como Arxentina, Chile, Cuba e Nicaragua.
Ademais das fontes anteriores, empregamos dicionarios e outros corpus de referencia das dúas linguas, o que nos permitiu nalgún caso establecer comparacións entre a lingua adulta e xuvenil. Este é o caso do , que contén conversas informais cara a cara de persoas adultas que suman un total de 425.519 palabras, o compoñente oral do compilado entre 1991 e 1994, o o , e o . Asemade, un grupo de informantes (lingüistas, académicos) facilitáronnos información moi útil a través dunha enquisa deseñada para ese propósito. Dado que os falantes mozos son grandes usuarios das redes sociais, tamén recorremos a materiais de Twitter (X) e consultamos as contas de tres rapeiros londinienses como son The Dappy, Wiley e Dizzee Rascal, artistas nados e criados en Londres aínda que de ascendencia foránea, e que fan uso desta variedade (IML) na súa comunicación cotiá; no caso do español consultamos as contas dos cantantes madrileños C. Tangana e Samurai, onde tamén detectamos tendencias e usos lingüísticos de grande interese.
4. RESULTADOS
Nesta sección presentaremos os resultados máis relevantes derivados da nosa análise de datos. Comezaremos por examinar os efectos do contacto lingüístico a través dos préstamos doutras variedades e linguas para despois centrármonos en exemplos concretos de innovación e cambio lingüístico (). Referirémonos, en primeiro lugar, ao IML para logo abordar fenómenos similares no EM.
4.1. Contacto lingüístico no IML: Préstamos doutras variedades do inglés e doutras linguas
Dado o elevado número de falantes novos de procedencia caribeña e xamaicana que forman parte da poboación londiniense dos últimos anos, non resulta estraño atopar expresións coloquiais procedentes desta variedade como poden ser skeen/seen para expresar acordo (1), ou wah garn como saúdo (2).
- (1)
that’s far from my bits I was skeen. ()
- (2)
A: Wah garn my friend?
B: Yeah wagan you alright. ()
Tamén achamos outros termos procedentes desta variedade que son empregados como insultos ou de xeito pexorativo. Este é o caso de sket ‘prostituta’ (3), chav ‘choni’, ‘hortera’ (4), mook ‘incompetente’, battie/batty/batti ‘homosexual’ (5), que fai referencia a bottom ‘traseiro’, ou duppy ‘pantasma’ (6).
- (3)
Most boys think girls from Essex are sket. ()
- (4)
a chav like rude boy sort of thing dresses like black man all baggy clothes. ()
- (5)
Ryan is not a batty, far from a batty. ()
- (6)
Loooooool how can u let lethal disrepect u like tht are u wasteman ur names dappy not duppy don’t turn ghost!!!!!!! (The Dappy 04/09/2013)
Identificamos así mesmo termos referidos á música como riddim, que corresponde a pronuncia no patois xamaicano de ‘rhythm’, e bashment (7), tipo de música popular caribeña que adquiriu moita popularidade nos anos 80 do século pasado.
A formación de plurais de substantivos de carácter animado co sufixo -dem é relativamente frecuente, tal e como se indicaba máis arriba (Figura 1). Atopámolo en palabras como boy(s)dem (8), peopledem (9), mandem (10), e girldem (11).
- (8)
it’s baffling the boydem boydem not knowing where they are going. ()
- (9)
Me and my peopledem yeah wnt to one shubs in er Shanktown. ()
- (10)
There was about forty mandem like boys inside. ()
- (11)
pick upa ll the girldem I know. ()
O carácter multicultural desta variedade londiniense explica tamén a existencia de vocábulos doutras linguas como o árabe, a linguaxe coloquial americana, o hindi e incluso do español, francés e italiano. Así, por exemplo, atopámonos co termo akh, forma reducida de ahki e empregada en árabe para dirixirse a un irmán ou amigo moi achegado, e shisha, tamén do árabe para referirse a unha pipa de auga; do rexistro coloquial americano temos do-rag, prenda equivalente a unha bufanda, ademais dos termos hindi papadum, chapati, vindaloo e madras para denominar distintos tipos de pan no caso dos dous primeiros e receitas con curry como base no caso dos dous últimos. No caso do español, a maioría das locucións refírense ao mundo culinario, é dicir, comidas e bebidas (tapas (bar), Tía Maria, chili, tequila), bailes (salsa), palabras de uso cotiá (patio, sombrero, zapatos) e saúdos como hasta la vista ou adiós. No caso do francés recollemos exemplos con café, chic (12), soup, mousse, cul-de-sac (13), fiancée, chef, e no caso do italiano exemplos con bravo (14), studio, mafia (15), solo, plaza, lido, pasta, pizza, spaghetti.
- (12)
She’s a doggy girl innit is that a see see init? Yeah is German chic. ()
- (13)
We’d like. go sort of like we’s not in a cul-de-sac. ()
- (14)
Starts clappling bravo for her. ()
- (15)
They are like mafia man. (.
Se ben moitos destes elementos léxicos adoitan ser empregados no inglés contemporáneo, na variedade londiniense ese número multiplícase, debido principalmente a dous factores: por unha banda, á natureza multicultural deste sociolecto e, en segundo lugar, ao feito de que unha elevada porcentaxe dos seus falantes son persoas novas, pertencentes a un grupo de idade que é moi propicio a introducir termos doutras linguas na súa práctica corrente, isto derivado do seu contacto coas novas tendencias na moda, coa música, cos avances tecnolóxicos e, nos últimos anos, coas redes sociais (; ).
4.2. Contacto lingüístico no EM: Préstamos doutras variedades do español e doutras linguas
Un fenómeno similar ao descrito na sección 4.1 acontece no EM, onde identificamos préstamos procedentes, sobre todo, de variedades do español de América Latina. Son comúns, polo tanto, termos pexorativos como pibe/a/ón(a) (16), boludo (17), chavo (18), pinche, gringo/a, huevón, ahuevonado, pirobo, xunto con outros de uso habitual (lindo, 19). Porén, o seu número é reducido se o comparamos co dos préstamos procedentes do inglés de Xamaica no caso de Londres.
- (16)
Había un pibe que se llamaba Macu tronco. ()
- (17)
Tu madre boludo. ()
- (18)
Venga tío chavo. ()
- (19)
Estaba viendo lindo chaval. ()
Aínda que tamén rexistramos préstamos procedentes doutras linguas como o italiano (birra, pizza, ciao), non podemos esquecer a pegada tan importante do inglés como lingua franca/internacional no EM, sobre todo entre os falantes máis novos. Nalgúns casos eses préstamos pódense considerar crus (), pois tómanse directamente ou con lixeiras variacións da lingua inglesa (epiphany, film, fucking, heavy, light, wing, etc.), mentres que outros se adaptan á pronuncia e/ou á escrita do EM (filin ‘feeling’, glamur ‘glamour’, luk ‘look’, singel ‘single’, etc.):
- (20)
el nuevo look jejeje. ()
- (21)
A: eso no creo que salga.
B: okey ()
- (22)
Siete euros y medio costaba un pirsing de esos raros. ()
- (23)
Tú que está el partido interesting. ()
- (24)
Estoy en bucle again 👏👏👏👏👏 (Samurai 14/06/2023)
Tamén atopamos varios casos de falsos anglicismos o pseudoanglicismos como zaping (25), puénting (26), edredoning, nominator, fashion (27), parking ().
- (25)
era en el zapping tío. ()
- (26)
se tira uno al agua i i sabes pero con ... haciendo puenting … y se queda aquí rebotando. ()
- (27)
ah mira mi mando a distancia es mucho más fashion que el tuyo. ()
Asemade, resulta bastante común atopar nas súas conversas oracións completas en inglés e anacos de cancións populares e de series de TV como se foran fórmulas feitas, aprendidas como un todo e que con frecuencia son empregadas con fins humorísticos ou para transmitir un ton informal e desenfadado: hello/hey baby! (28), hello darling! I am coming, blowing in the wind, bring me to life, don’t worry (29), I miss you baby and I don’t wanna miss a thing, your mother is brown/black (30), go go (31), happy birthday to you, fucking you.
- (28)
Hey baby jejeje. ()
- (29)
Y ahora tont worry o algo así. ()
- (30)
Pues eso your mother is brown. ()
- (31)
Vamos que hace frío go go gilipollas. ()
Este fenómeno non se podería describir ou considerar como un cambio de código (; ) ou como ‘translingua’, xa que estes falantes non son realmente bilingües español-inglés, condición necesaria para que realmente se poida falar dun proceso típico de ‘translingua’, tal como se establece na bibliografía especializada (). Entre as razóns que se barallan para explicar a alta frecuencia de anglicismos no EM pódense mencionar, entre outras, a influencia do inglés como lingua global e internacional e a implantación na Comunidade de Madrid de programas educativos pseudobilingües baseados en CLIL (Content and Language Integrated Learning; ; ) nos que o inglés serve de lingua de ensinanza en diversas materias ou disciplinas académicas.
Na Táboa 1 ofrécese unha selección de termos procedentes do inglés naqueles eidos en que aparecen cunha maior frecuencia e que son moi populares entre os falantes máis novos. Aqueles referidos á tecnoloxía, música e deporte son os que rexistran unha maior incidencia.
Ademais de todo o anteriormente mencionado, recóllense termos e expresións de sectores ou grupos marxinais da sociedade procedentes do mundo das drogas, do cárcere, etc. Son palabras como pico, talego, chute, porro, chorizo, menda (32), chungo (33), sobar (34), jalar (35), chaval, gepeto, chorbo.
4.3. Cambios lingüísticos e innovación no IML
Os falantes mozos son recoñecidos tradicionalmente na bibliografía que aborda o papel do factor idade na lingua como axentes de cambio e innovación lingüística. Así o explica Tagliamonte (2016: xiv) cando afirma que os “teenagers are the innovators and the movers and shakers of language change”. É precisamente no período entre os 12 e os 19 anos cando as persoas tenden a expresarse con maior liberdade e a introducir variacións no uso da lingua con respecto á fala que se considera estándar. Isto explica que no seu modo de expresión se poidan identificar trazos e padróns novidosos de uso lingüístico que en moitos casos difiren da expresión propia dos adultos. A continuación, referirémonos a algúns destes con detalle, comezando coa linguaxe xuvenil londiniense para logo centrarnos na da mocidade de Madrid.
Empezamos cos verbos citativos ou introdutores de estilo directo (“quotation markers”, ; “quotatives”, ). Os adolescentes e mozos son recoñecidos por contaren moitas historias, chistes, anécdotas, etc. As súas conversas están repletas de narracións, descricións, recreacións de algo que lles aconteceu a eles ou a algún achegado. De aí que rexistremos un número elevado destes verbos e de expresións citativas que chaman a nosa atención. Se na linguaxe dos adultos londinienses, SAY, TELL, THINK, ASK adoitan ser os verbos máis comúns para introducir as palabras ou pensamentos doutras persoas, na fala xuvenil de Londres, porén, achamos outras alternativas como BE (like) (36), BE (all), GO (37), e this is seguido dun pronome persoal (38 e 39), este último máis frecuente entre os adolescentes máis novos (), e incluso ás veces like nada máis (40).
- (36)
they are like. “you got your black gansters innit”. ()
- (37)
I went “I don’t do anything else apart from drink and smoke fags”. ()
- (38)
this is me “What about all the other people?” ()
- (39)
this is him “No believe it’s orange juice”. ()
- (40)
when we got the notice it was so er .. near and happening like “dear sir or madam” i mean you don’t write that. (.
A Táboa 2 presenta de xeito cuantitativo este uso de citativos por parte dos informantes de COLT onde GO é o máis empregado cunha porcentaxe do 42,6% do total. O citativo like, ben só ou precedido de BE, SAY e GO obtén unha proporción global do 4,4%.
Chama igualmente a atención a elevada incidencia, 17,5% do total, do que se denominan “citativos cero”, é dicir, a total ausencia dun verbo introdutor de xeito que o falante reproduce literalmente na conversa as palabras doutra persoa sen ningunha forma verbal introdutoria (). É común que nestes casos o falante imite a outro, ou incluso ás veces a algún animal (abella, can ladrando, mono, gato, galiña) ou ruídos emitidos por algún obxecto ou máquina. A dramatización de situacións forma parte do discurso cotián dos adolescentes, recurso empregado co fin de que o seu relato sexa o máis convincente e crible posible. Nestas circunstancias son moi recorrentes as palabras onomatopeicas que reproducen sons como urgh, whoops, clok, knock (41), grrr (42) ().
- (41)
A: Knock knock
B: Who’s there?
A: You’ve forgotten me already. ()
- (42)
He looks and the bear’s hanging off at the side, ‘grrr’. ()
O apartado dos intensificadores tamén require unha atención especial porque son os falantes máis novos os que, por unha banda, tenden a intensificar a súa expresión moito máis ca os adultos e, por outra, optan por manexar distintos intensificadores ou empréganos de xeito diferente con respecto aos falantes de maior idade. Así, por exemplo, tal como se pode apreciar na Táboa 3 máis abaixo, mentres os adultos utilizan de forma cotiá o intensificador very, os falantes máis novos decántanse por really, so e pretty, e incluso por outras alternativas como well (43) e right (44), que son moi raros na lingua adulta (Núñez Pertejo & Palacios Martínez , ).
Así, por exemplo, mentres que na lingua adulta a frecuencia normalizada de very por 10.000 palabras é de 39, na lingua xuvenil representada polas mostras de COLT e SCoSE, esta cifra é moito máis reducida, 9,4 e 6,6, respectivamente. O contrario acontece con really, xa que na lingua adulta acada unha frecuencia por 10.000 palabras de 4,6 mentres que en COLT e SCoSE este valor se incrementa a 13,3 e 23,3 respectivamente. Estas diferenzas percíbense tamén con so, aínda que non son tan significativas como no caso anterior. Nos últimos anos xurdiron outros intensificadores como proper (45) e bare (46) que aparecen rexistrados no LEC, mais restrinxidos exclusivamente á lingua adolescente (; ).
Algo similar acontece co uso intensificador do expletivo fucking que, se ben aparece na expresión dos dous grupos de falantes, resulta moito máis frecuente na linguaxe xuvenil, onde tamén adquire un valor máis multifuncional, tal como se pode apreciar nos exemplos seguintes, onde modifica non só a adxectivos e pronomes (47 e 48), senón tamén a verbos (49) e incluso a nomes propios (50). Xunto a este expletivo atopamos outro similar, bloody, cuxo uso está a decaer nos últimos anos entre os falantes máis novos, aínda que hoxe se pode escoitar con certa frecuencia entre os de maior idade (51) (). Expresións expletivas introducidas por what/how/where/who/when seguidas de fuck ou hell, por exemplo, son tamén moi frecuentes nas súas interaccións (52), (53).
- (47)
It’s fucking sad. ()
- (48)
I’ve just walked to school for fucking nuffink. ()
- (49)
You fucking stink. ()
- (50)
Fucking Catherine. ()
- (51)
Where’s the bloody bus? ()
- (52)
What the hell is that? ()
- (53)
Who the fuck is that boy? (?)
O sistema de polaridade negativa tamén merece un estudo individualizado. Os falantes máis novos non poñen obxección a empregar máis negativas ca os adultos, seguramente polo seu alto grao de espontaneidade e franqueza nas súas reaccións e conduta, onde os mitigadores non son tan recorrentes (). Ademais, acostuman empregar un maior número de negativas vernáculas como ain’t (54), nope (55) ou don’t (56) como terceira persoa singular negativa do presente ().
- (54)
I’ve done alright since I’ve been here. I ain’t had no trouble or nothing. ()
- (55)
A: Don’t you decide.
B: Nope. ()
- (56)
She don’t fancy anyone here. ()
Son moi comúns igualmente estruturas con dúas negacións clausais, é dicir, dúas formas negativas na mesma oración (57), o que se denomina en inglés negative concord, e tamén o uso de never como unha negación puntual ou concreta (58), en lugar de expresar un valor universal negativo como é o habitual ().
O uso dunha linguaxe vaga () tamén é moi común no rexistro adolescente, pois tende a reforzar a súa expresión informal, coloquial e intranscendente. Referímonos aquí de xeito especial aos nomes de referencia xenérica e retrousos finais de serie enumerativa.
É importante indicar que, aínda que a función principal dos nomes de referencia xenérica (placeholders en inglés: thingy, stuff, thingybob, thingamajig, whatsit) é a de expresar algo non concreto cuxo significado ten que ser deducido xeralmente polos propios interlocutores, en moitas ocasións poden adquirir outros valores pragmáticos; así, en ocasións poden indicar desprezo ou insulto, ou incluso servir para reforzar a pertenza ao grupo, aspecto fundamental na vida da mocidade ().
- (59)
I had a corkscrew thingy for the wine bottles and everything. ()
- (60)
Oi George, how do you reckon you did in that French thingie today? ()
Algo similar acontece cos retrousos finais de serie enumerativa, general extenders en inglés (; ), aos que nos referíamos antes. Trátase de construcións que xeralmente atopamos ao final dun enunciado e que son introducidas por un coordinante como and ou or seguidos dunha frase nominal (; ). Este grupo inclúe, entre outras, formas como and crap (61), and stuff (62), and things, or something, and all, or whatever.
- (61)
They’re like all moody and crap. ()
- (62)
I know she was getting really pissed off cos everyone was sticking on the music she wasn’t interested in and stuff. ()
Da Táboa 4 dedúcese que, ao contrario ao esperado, estes retrousos son máis frecuentes na lingua dos adultos ca na dos mozos, con frecuencias normalizadas por 10.000 palabras de 17,94 para os primeiros fronte a 13,02 no caso dos segundos. Ademais, os padróns de uso son diferentes entre os membros dos dous grupos de falantes. Mentres que nos falantes máis novos as preferencias se concentran en and that, and everything e and stuff, con frecuencias normalizadas por 10.000 palabras de 1,9, 1,5 e 1,2 respectivamente, nos adultos o seu uso é moito máis restritivo, con frecuencias de 0,75, 1 e 0,44, xa que estes últimos optan claramente por and things, and all, or something e and so con frecuencias normalizadas de 2,4, 1,7, 5,5 e 2,2, fronte ás rexistradas no grupo de falantes mozos de 0,5, 1,6, 4,5 e 0,06. Ademais do anterior, obsérvase que os adultos dispoñen dun abano maior destas construcións no seu repertorio ca os mozos, que fan un uso moito máis limitado. Isto apréciase non só cando se consideran os retrousos finais principais, senón tamén cando se estudan os máis secundarios, tal como se pode observar na Táboa 4.
Ao igual que ocorría cos nomes de referencia xenérica, a función destes retrousos finais non é só a de expresar vaguidade ou asignar unha categoría ou etiqueta, senón que tamén poden desempeñar outros roles pragmáticos como indicadores de solidariedade por parte do falante, servir como intensificadores dunha mensaxe ou como recurso para implicar ao interlocutor máis directa e activamente na conversa.
Relacionados cos anteriores, atopámonos tamén cun elevado número de retrousos invariábeis como innit, okey, right, do you get me?, yeah, right, you know what I mean. Ao igual que no caso dos nomes de referencia xenérica e retrousos finais de serie enumerativa, son multifuncionais desde un punto de vista pragmático, xa que axudan a organizar o discurso, sen agardar en moitos casos unha resposta concreta do interlocutor. Innit (63), e you get me (64), son, sen dúbida algunha, os máis característicos (; ; ).
- (63)
don’t know really innit. ()
- (64)
I make friends with everybody you get me? ()
- (65)
It’s a mix but a big mix you know what I mean. ()
Na análise das interaccións deste falantes mozos de Londres, observamos igualmente unha proporción moi alta de vocativos nominais (), sobre todo se os comparamos coa súa frecuencia na linguaxe adulta.
- (66)
No bruv no bruv trust me trust me. ()
- (67)
Oh man let’s keep it on the paper ()
- (68)
Okay so how you lads doing? ()
Isto é así, tal como se pode observar na Táboa 5, fundamentalmente no grupo dos coñecidos como familiarizadores (bruv, man, mate, dude), é dicir, aqueles que denotan unha relación estreita entre o falante e o seu interlocutor. Así, por exemplo, as frecuencias normalizadas por 10.000 palabras para o grupo dos falantes novos son de 124,4 en COLT e 152,39 en LEC, mentres que estes mesmos valores nos suxeitos adultos son de 15,63 no BNC e 32,34 no LEC. Estas diferenzas son estatisticamente significativas e obsérvanse en todos e cada un dos vocativos nominais estudados nesta categoría, onde man, brother, mate e boy son os que acadan proporcións máis altas entre os membros dos dous grupos. Os resultados obtidos tamén indican como algúns destes familiarizadores, man e mate, por exemplo, se manteñen no tempo, é dicir, desde 1990 ata 2010, mentres que outros como brother (con múltiples variantes segundo a súa pronuncia: bro, bruv, blud, blood, blad) están a adquirir un maior protagonismo en tempos recentes a teor dos datos derivados do LEC.
Mención especial merece man, moi recorrente nas conversas dos adolescentes, e que sufriu un proceso de gramaticalización moi curioso, posto que mudou de nome a marcador pragmático, e de aí a pronome persoal, ben de primeira persoa de singular (69) e plural, ben de terceira persoa de singular (70), e tamén de referencia xenérica (; ; ).
- (69)
before I got arrested man (=I) paid for my own ticket to go Jamaica you know. but I’ve never paid to go on no holiday before this time I paid. ()
- (70)
met my ideal today the god of grime then mans (=he) even gave me his hat. (Dizzie Rascal, Twitter)
O elevado número de vocativos de natureza tabú ou ofensiva no modo de expresión dos mozos londinienses e a súa grande variedade tamén chaman poderosamente a atención se tomamos como base os datos proporcionados por COLT e LEC, onde son of a bitch, bastard, dick/cock(head), cunt, stupid e fool son claramente os máis comúns en ámbolos dous corpus, tal e como se desprende da Táboa 6. Estes últimos non sempre levan consigo un insulto senón que poden ter un valor afectivo entre os adolescentes ().
A nivel morfolóxico, é relativamente frecuente que os falantes máis novos acurten palabras de uso cotián por razóns de economía da linguaxe e tamén como ferramenta para reforzar o sentimento de grupo, pois é unha maneira de indicar que están a empregar un código propio. Estes son algúns exemplos cos que nos atopamos: cos > because; cas > casual/ly; maths > mathematics; uni > university; Hack > Hackney; broth/bruv > brother; cuz > cousin, good friend; nan > grandmother; pop > popular; fav> favourite. Asemade, achamos moitas abreviaturas e acrónimos como FOC> Fun On Campus; B-Tec > Business; MSN > Microsoft Network; EMA > Education Maintenance Allowance; IT> Information Technology; R&B > Rhythm and Blues, etc.
Ademais do anterior, chama a atención na xerga xuvenil de Londres o uso dun número reducido de prefixos e sufixos que non son tan comúns na linguaxe dos adultos. Estamos a falar de prefixos como hyper- (72), mega- (73), super- (74), e sufixos como -ish(75) e -y (76). Nalgúns casos estes procesos puideron lexicalizarse co tempo; isto podería aplicarse a superwoman no exemplo (74).
4.4. Cambios lingüísticos e innovación no EM
Ao igual que no caso do IML existe nesta variedade madrileña un sistema de citativos especial que, ademais de formas verbais, inclúe expresións do tipo en plan (77), y yo… y el otro (78), a modo, etc.
- (77)
y yo en plan ‘¿por qué no le das el teléfono joder?’ ()
- (78)
una foto ‘que me quiero reír’ y yo ‘pero’ y el otro ‘tú no seas cabrona no sé qué’ y tú ‘cállate’. ()
Na Táboa 7 inclúense os diferentes citativos atopados en COLAm onde se aprecia que DECIR é o verbo máis utilizado para introducir estilo directo (con case un 70% dos casos), seguido de y yo/y el otro e cero, este último cun total de 174 exemplos, o que representa unha porcentaxe bastante significativa, un 8% do total. É evidente entón que as formas citativas alternativas aos verbos tradicionais como DECIR, PENSAR non cumpren aquí un papel tan relevante como no caso da linguaxe xuvenil de Londres, aínda que tampouco se poden considerar marxinais.
Así mesmo, tal como se desprende da Táboa 8, é moi frecuente o uso de intensificadores adxectivais e adverbiais como vaya, puto (79) e tan (80) como alternativas ao tradicional muy, xunto a expresión coloquiais e ás veces idiomáticas como mogollón (81), mazo, una pasada, guay, flipante (82), cantidad (de), por un tubo, un huevo (de), mola mazo, de mierda, de cojones (83), que te cagas/matas/mueres, la peste, de buti/buty, etc. O intensificador puto/a compórtase de xeito similar ao de fucking e bloody comentados máis arriba.
- (79)
una puta maravilla. (C. Tangana 08/07/2023)
- (80)
res tan increíble bua. (Samurai 15/05/2023)
- (81)
Voy a hacer un mogollón de copias. ()
- (82)
Eso es flipante tío. ()
- (83)
Hace un frío de cojones. ()
Do mesmo modo que acontece no IML cos expletivos what/who the fuck!/the hell, qué/quién/dónde coño (84 e 85), ou qué/cómo cojones (86) son moi habituais na linguaxe da rapazada madrileña que os emprega cunha función tamén intensificadora.
- (84)
Algo porque lo puso a grabar … y tía … pero qué coño quieres que diga. ()
- (85)
Es que luego no sabes quién coño es tío. ()
- (86)
<riendo> qué cojones voy a beber. ()
Tal e como ocorría no caso dos mozos e mozas londinienses, o uso de expresións vagas é tamén moi habitual no EM; entre elas podemos salientar os denominados ‘aproximadores’ (montones/carros de; 87), os nomes de referencia xenérica (cosa, chisme, cacharro, rollo, movida; 88 e 89) e os retrousos de enumeración final (y esto y lo otro, o algo así, y cosas así, y todo eso, y demás, y ese tipo de cosa, y tal, etc.; 90-93).
- (87)
Dice que hay un montón de cosas que hacer ()
- (88)
Y yo delante de un chisme de esos. ()
- (89)
Eso me da mazo cosa. ()
- (90)
Le dio una patada al perro y eso. ()
- (91)
Es para ir a la piscina y cosas así sabes. ()
- (92)
Iba ahí todos los días tres horitas o algo así. ()
- (93)
Como ibas a verlo y tal a lo mejor… ()
Tamén, tal e como acontecía no IML, detectamos un elevado número de retrousos invariábeis, entre os máis frecuentes eh (94), con 3.672 exemplos, sabes (95) con 1.712, e vale (96) con 999. Teñen un papel máis secundario verdad (97) e me entiendes (98).
- (94)
Y tú no digas nada eh. ()
- (95)
Pero no hace falta hacerlo tan así sabes. ()
- (96)
y ahora me dejas en paz porque estoy leyendo marujadas vale ()
- (97)
Están deliciosos verdad. ()
- (98)
pero es como aquí que es todo más moderno me entiendes. ()
Obsérvase asemade un uso moi frecuente de vocativos nominais, familiarizadores e outros de carácter ofensivo (; Palacios Martínez , ). Entre os primeiros, os máis populares, tal como se desprende da Táboa 9 máis abaixo, son tío/a (99), tronco/a, chaval/a (100), e hombre, cun rol máis secundario, por esta orde, chico/a, niño/a e colega (101). De feito, tío/a/os/as representa dous terzos do uso destes vocativos, cunha frecuencia normalizada por 10.000 palabras de 75,2, mentres que tronco/a/os/as acada unha porcentaxe de 15,6% e unha frecuencia normalizada de 18,5.
- (99)
Os gustáis, qué tiene de malo tía. ()
- (100)
chaval!!! Lo que has hecho es una puta pasada. (C. Tangana 07/07/2023)
- (101)
Yo me he quedado flipado colega. ()
As mostras extraídas recentemente das redes sociais, das contas de Twitter (X) de C. Tangana e Samurai, indican que tronco/a/os/as está caendo en desuso; porén, hermano/a/os/as e a forma inglesa bro (102 e 103) están a adquirir un maior protagonismo ().
- (102)
Invítame a cantar bro. (Tangana 23/03/2023).
- (103)
Bro el álbum el madrileño de C. Tangana es la pollísima. (Tangana 11/06/2023)
Dentro do segundo grupo, é dicir, dos ofensivos, podemos incluír, tal como se pode apreciar na Táboa 10, unha longa listaxe; entre otros, capullo/a, gilipollas, carapollas, desgraciado/a, mamahuevos, gay, maricón/a, hijo/a (de) puta/perra, idiota, subnormal, payaso/a, macho, cabezón, baboso, gordo/a, feo/a, etc., ademais doutros con referencia animal como cerdo/a, mono, cabrón/a, rata e zorra. Hijo/a (de) puta/perra, gilipollas, macho e cabrón/a son os que obteñen unha proporción máis elevada. Con todo, a incidencia destes vocativos tabú é bastante reducida se se compara coa dos familiarizadores, tendo en conta que só tío/tía/tíos/tías acada unha frecuencia normalizada de 75,2 por 10.000 palabras fronte á frecuencia global de todo o grupo dos ofensivos, que non chega a 10.
Ao igual que acontecía no inglés, estes últimos non sempre se empregan cunha intención ofensiva, senón que en ocasións serven para reforzar os seus vínculos afectivos, como mostra de solidariedade e camaradería entre eles (), sendo incluso cualificados como “vocativos cariñosos” por . Non é infrecuente atopar dous ou máis destes termos na mesma oración (104).
- (104)
Vamos guicho tronco. ()
- (105)
Es que te están grandes capullo. ()
- (106)
Venga maricón. ()
- (107)
Qué haces puto cerdo. ()
- (108)
Qué haces payaso. ()
Moi populares entre os falantes madrileños de menor idade son as formas abreviadas ou truncadas e o uso de abreviaturas e acrónimos, como, por exemplo, NPI> ‘ni puta idea’, piti > ‘pitillo’, insti > ‘instituto’, boli > ‘bolígrafo’, finde > ‘fin de semana’, biblio > ‘biblioteca’, bici > ‘bicicleta’, depre > ‘depresión’, mate > ‘matemáticas’, lite > ‘literatura’, simpa > ‘sin pagar’ (109), tranqui > ‘tranquilo/a’ (110), porfa > ‘por favor’, profe > ‘profesor’.
Existen tamén cambios na pronuncia e na ortografía de determinadas palabras, por exemplo, muxo (‘mucho’), porfi (‘por favor’), wapa (‘guapa’), kedar (‘quedar’), kasa (‘casa’), vesre (‘revés’). Varias son as razóns que poden explicar esta práctica, entre elas o intento de aproximar a grafía á pronuncia, así como a necesidade de chamar a atención e de contravir as regras establecidas.
Abundan asemade as onomatopeas para representar diferentes sons e ruídos (como no caso do inglés), reforzando a dramatización do que se está a contar. Entre estas podemos mencionar crac, je je je, ja ja ja, pimba, plac plac, ra ra, paaf, bum, plas plas (114), glup (115), puff (116), mua (117), yu yu (118) e tun tun (119), moitas delas repetidas en series de dous ou tres elementos.
- (114)
y de repente se tira un gordo ‘plas’ y los dos al agua y yo me partía la risa ()
- (115)
y de repente se oye como cuando hiciste lo de glup. ()
- (116)
Qué serio tronco puff. ()
- (117)
Fué como mua mua adiós ja ja ja ja. ()
- (118)
Le haces unas rayitas yu yu. ()
- (119)
peta peta tonight tun tun turu tun tun. (.
Xa, por último, atópanse recursos de derivación específicos deste grupo de idade, entre eles o uso de determinados prefixos (mega-, super-, multi-, maxi-, anti-, mini-) e sufixos (-eta, -ato/a, -orro/a, -ote/a, -ito/a, -azo/a, -ero/a, ón/ona): superchungo (120), superguay, superfashion, megaideales, maxibufanda, multiaventura, antipepera; cabezón, cabezota, segurata, tocata, fumata, cafeta (121), mercata, ordenata, temazo, bolazos, chorrada, pedorro, salidorro (122), surfera, botellón, ascote (123), cojonudita. En moitos casos estes recursos morfolóxicos son estratexias para intensificar o seu modo de expresión a través de aumentativos (-azo/-aza, -ón/-ona) ou prefixos que denotan tamaño grande como mega-, super-, maxi-, etc. Noutros casos estas desinencias derivativas poden servir para mostrar a actitude do falante con respecto a quen está a comunicar, positiva ou negativamente, ou simplemente para denotar informalidade na conversa.
5. CONCLUSIÓNS
As variedades lingüísticas da maior parte das cidades europeas, como Londres e Madrid, non se poden entender hoxe como comunidades monolingües senón como multietnolectos cunha elevada presenza de falantes novos e onde varias linguas entran en contacto e dalgún xeito interactúan. Identifícanse así prácticas similares no que se refire á toma de préstamos doutras linguas e á introdución de cambios a nivel sintáctico; entre estes poden mencionarse o uso de verbos e expresións citativas propias, a tendencia a intensificar máis a linguaxe a través de determinados adxectivos e expletivos, a preferencia pola vaguidade cunha alta incidencia de nomes de referencia xenérica e o uso de determinados retrousos finais enumerativos xunto con outros de natureza invariable, e a elevada presenza de vocativos familiarizadores e de carácter ofensivo que, en ocasións, comportan un valor afectivo. Isto tamén se aprecia a nivel morfosintáctico no que prevalecen en ámbolos dous casos determinados procesos de derivación con prefixos como mega‑, super‑ hiper‑ de carácter aumentativo ou intensificador, e sufixos como ‑eta, ‑ato/a, ‑orro/a, ‑ote/a, ‑ito/a, ‑azo/a cun valor aumentativo ou diminutivo, e en ocasións cunha forte carga actitudinal por parte do falante, así como unha elevada presenza de formas truncadas e abreviaturas de uso habitual. Todo isto hai que enmarcalo dentro da necesidade que teñen estes falantes mozos de contar co seu propio modo de expresión, que ten que diferir da lingua dos adultos e que lles serve para reforzar a súa entidade como grupo.
No IML a influencia de falantes de inglés como segunda lingua procedentes do Caribe, India, Asia e norte de África é máis evidente ca a presenza de falantes de español de América Latina no EM. Porén, no caso da variedade do español de Madrid, o inglés está a miúdo presente nas interaccións da mocidade debido ao seu papel como lingua global e á súa forte influencia no sistema educativo a través de programas pseudobilingües nos que se emprega como medio de instrución en diversas materias.
Os falantes novos son, con frecuencia, persoas moi abertas e receptivas a tendencias novas e foráneas nos ámbitos da tecnoloxía, música, moda, arte, etc., pero tamén ás influencias doutras variedades e linguas coas que conviven. Non se pode ignorar tampouco o impacto recente das redes sociais na lingua en xeral, co uso dun código específico no que o inglés ten un papel relevante, tanto que a súa pegada no modo de expresión dos adolescentes madrileños resulta máis que evidente.
Este traballo demostra igualmente como o contacto de linguas e unha poboación nova, social e etnicamente diversa, constitúen a combinación perfecta para a aparición do cambio e a innovación lingüística.
Financiamento
Quixeramos mostrar o noso agradecemento ás seguintes institucións e entidades pola axuda económica recibida: Axencia Estatal de Investigación (proxectos de investigación PID2020-114604GB-I00 e PID2021-122267NB-I00, co-financiado con fondos FEDER) e Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (axudas ED431B 2021/02 e ED431B 2023/03).
Corpus e dicionarios utilizados Inglés
1
BNC = Consortium, The British National Corpus (BNC), XML Edition. 2007. Oxford Text Archive. http://hdl.handle.net/20.500.12024/2554. Reference Guide for the British National Corpus (XML Edition) edited by Lou Burnard, February 2007. http://www.natcorp.ox.ac.uk/XMLedition/URG/, [08/01/2024]
2
COLT = The Bergen Corpus of London Teenage Language. Stenström, Anna-Brita, Gisle Andersen e Ingrid Hasund. 1990. http://korpus.uib.no/icame/colt/. [08/01/2024]
3
DCPSE = The Diachronic Corpus of Present-Day Spoken English. 2004. Bas Aarts, Sean Wallis, Dirk Bury, Lesley Kirk, Yordanka Kostadinova-Kavalova, Ann Law & Gabriel Ozón. Survey of English Usage. University College London. https://www.ucl.ac.uk/english-usage/projects/dcpse/research.htm. [07/04/2024]
4
LEC = London English Corpus. 2004-2010. Cheshire, Jenny, Paul Kerswill, Susan Fox & Eivind Torgersen. “Contact, the feature pool and the speech community: The emergence of Multicultural London English. Journal of Sociolinguistics 15(2), 151-196. http://dx.doi.org/10.1111/j.1467-9841.2011.00478.x [08/01/2024]
5
OED = Oxford English Dictionary. Oxford University Press. https://www.oed.com/?tl=true. [08/01/2024]
6
Urban Dictionary. https://www.urbandictionary.com/. [08/01/2024]
7
Saarbrücken Corpus of Spoken English (ScoSE). 2008. Norrick, Neal. Saarland University. https://ca.talkbank.org/access/SCoSE.html. [08/04/2024]
Español
8
COLAm= Hofland, Knut, Annette Jörgensen, Anna-Brita Stenström, Marie Drange. 2002-2007. COLAm (Corpus de Lenguaje Adolescente de Madrid). Universidade de Bergen. https://blogg.hiof.no/colam-esp/el-corpus-cola/. [08/01/2024]
9
CREA = Real Academia Española. CREA (Corpus de Referencia del Español Actual). https://www.rae.es/banco-de-datos/crea. [08/01/2024]
10
CORPES XXI = Real Academia Española. CORPES XXI (Corpus del Español del Siglo XXI). https://www.rae.es/corpes/. [08/01/2024]
Referencias bibliográficas
11
Aijmer, Karin. 2013. Understanding Pragmatic Markers. Edinburgh: Edinburgh University Press. http://dx.doi.org/10.1515/9780748635511
12
Androutsopoulos, Jannis K. & Alexandra Georgakopoulou. 2003. Discourse Constructions of Youth Identities. Amsterdam: John Benjamins. http://dx.doi.org/10.1075/pbns.110
13
Auer, Peter. 1998 (ed.). Code-Switching in Conversation. Language, Interaction and Identity. London: Routledge. http://dx.doi.org/10.4324/9780203017883
14
Baugh, Albert & Thomas Cable. 1993. A History of the English Language. London: Routledge. http://dx.doi.org/10.4324/9780203994634
15
Breñes Peña, María Ester. 2007. Los insultos entre los jóvenes: La agresividad verbal como arma para la creación de una identidad grupal. Interlingüística 17, 200-210. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2316886
16
Camargo Fernández, Laura & Ana María Grimalt Crespo. 2022. Nuevas y viejas funciones de en plan. Estudio microdiacrónico en corpus orales y digitales del castellano de Mallorca en el siglo XXI. Revista de Investigación Lingüística 25, 15-42. http://dx.doi.org/10.6018/ril.537931
17
Cestero Mantera, Ana María & Francisco Moreno Fernández. 2008. Usos y funciones de ‘vale’ y ‘¡venga!’ en el habla de Madrid. Boletín de Lingüística 20(29), 65-84. http://ve.scielo.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0798-97092008000100003&lng=es&tlng=es
19
Cheshire, Jenny. 2013. Grammaticalisation in social context: The emergence of a new English pronoun. Journal of Sociolinguistics 17(5), 608-633. http://dx.doi.org/10.1111/josl.12053
20
Cheshire, Jenny, Paul Kerswill, Susan Fox & Eivind Torgersen. 2011. Contact, the feature pool and the speech community: The emergence of Multicultural London English. Journal of Sociolinguistics 15(2), 151-196. http://dx.doi.org/10.1111/j.1467-9841.2011.00478.x
21
Clyne, Michael. 2000. Lingua franca and ethnolects in Europe and beyond. Sociolinguistica 14(1), 83-89. http://dx.doi.org/10.1515/9783110245196.83
22
23
Drange, Elie M. 2009. Anglicismos en el lenguaje juvenil chileno y noruego. Un análisis comparativo. Bergen: The University of Bergen. [Tese de doutoramento]. https://hdl.handle.net/1956/3630 [28/12/2023].
24
Drummond, Rob. 2017. (Mis)interpreting urban youth language: White kids sounding black? Journal of Youth Studies 20(5), 640-660. http://dx.doi.org/10.1080/13676261.2016.1260692
25
Fox, Susan. 2015. The New Cockney: New Ethnicities and Adolescent Speech in the Traditional East End of London. London: Palgrave. http://dx.doi.org/10.1057/9781137318251
26
Furiassi, Cristiano & Henrik Gottlieb (eds.). 2015. Pseudo-English. Studies on False Anglicisms in Europe. Berlin: De Gruyter Mouton. http://dx.doi.org/10.1515/9781614514688
27
García, Ofelia & Li Wei. 2014. Translanguaging. New York: Palgrave. http://dx.doi.org/10.1057/9781137385765
28
Gavilanes Franco, Emilio & Elena Cianca Aguilar. 2018. Voces y expresiones del argot juvenil madrileño actual. Círculo de Lingüística Aplicada a la Comunicación 74, 147-168. http://dx.doi.org/10.5209/clac.60518
29
Hofland, Knut, Annette M. Jørgense, Eli-Marie Drange & Anna-Brita Stenström. 2005. COLA: A Spanish spoken corpus of youth language. Proceedings from the Corpus Linguistics Conference Series 1(1). Birmingham: University of Birmingham, Centre for Corpus Research. https://www.birmingham.ac.uk/documents/college-artslaw/corpus/conference-archives/2005-journal/spokendisclosure/cl-195-pap-cola.doc [28/12/2023].
30
Jørgensen, Annette M. 2009. En plan used as a hedge in Spanish teenage language. En Anna-Brita Stenström & Annette M. Jørgensen (eds.), Youngspeak in a Multilingual Perspective. 95-115. Amsterdam: John Benjamins. http://dx.doi.org/10.1075/pbns.184.08jor
31
Kerswill, Paul, Jenny Cheshire, Sue Fox & Eivind Torgersen. 2013. English as a contact language: The role of children and adolescents. En Daniel Schreier & Marianne Hundt (eds.), English as a Contact Language. 258-282. Cambridge: Cambridge University Press. http://dx.doi.org/10.1017/cbo9780511740060.015
32
34
Love, Robbie. 2021. Swearing in informal spoken English: 1990s–2010s. Text and Talk 41(5-6), 739-762. http://dx.doi.org/10.1515/text-2020-0051
35
Luján García, Carmen. 2013. El impacto del inglés y el empleo de anglicismos entre los jóvenes españoles. Hipertexto 17, 177-202. http://hdl.handle.net/10553/58610 [28/12/2023].
36
37
Milroy, James. 2000. Historical description and the ideology of the standard language. En Laura Wright (ed.), The Development of Standard English, 1300-1800: Theories, Descriptions, Conflicts. 11-28. Cambridge: Cambridge University Press. http://dx.doi.org/10.1017/cbo9780511551758.002
38
Muysken, Pieter. 1995. Code-switching and grammatical theory. En Leslie Milroy & Pieter Muysken (eds.), One Speaker, Two Languages. 177-198. Cambridge: Cambridge University Press. http://dx.doi.org/10.1017/cbo9780511620867.009
39
40
Nortier, Jacomine & Bente A. Svendsen (eds.). 2015. Language, Youth and Identity in the 21st Century. Linguistic Practices across Urban Spaces. Cambridge: Cambridge University Press. http://dx.doi.org/10.1017/CBO9781139061896
41
42
43
Overstreet, Maryann. 1999. Whales, Candlelight and Stuff like That. General Extenders in English Discourse. Oxford: Oxford University Press. http://dx.doi.org/10.1093/oso/9780195125740.001.0001
44
45
46
47
48
Palacios Martínez, Ignacio M. 2016. He don't like football, does he? A corpus-based study of third person singular don’t in the language of British teenagers". En Elena Seoane & Cristina Suárez-Gómez (eds.), World Englishes: New Theoretical and Methodological Considerations (Varieties of English around the World). 61-84. Amsterdam & Philadelphia: Benjamins.
49
Palacios Martínez, Ignacio M. 2018a. Lexical innovation in the language of teenagers. A cross-linguistic perspective. En Arne Ziegler, (ed.), Jugendsprachen: Aktuelle Perspektiven internationaler Forschung [‘Youth languages: Current perspectives in international research’]. 363-390. Berlin: Mouton de Gruyter.
50
51
52
Palacios Martínez, Ignacio M. 2021. Taboo vocatives in the language of London teenagers. Pragmatics 31(2), 250-277. https://doi.org/10.1075/prag.19028.pal
53
54
Palacios Martínez, Ignacio M. & Paloma Núñez Pertejo. 2015. Go up to Miss Thingy; he's probably like a whatsit or something. Placeholders in focus: The differences in use between teenagers and adults in spoken English. Pragmatics. Quarterly Publication of the International Pragmatics Association 25(3), 425-451.
55
Pichler, Heike. 2021. Grammaticalization and language contact in a discourse-pragmatic change in progress: The spread of innit in London English. Language and Society 50(5), 723-761. http://dx.doi.org/10.1017/s0047404521000257
56
Ramptom, Ben. 2015. Contemporary urban vernaculars. En Jacomine Nortier & Bente A. Svendsen (eds.), Language, Youth and Identity in the 21st Century. Linguistic Practices across Urban Spaces. 24-44. Cambridge: Cambridge University Press. http://dx.doi.org/10.1017/cbo9781139061896.003
57
Ramptom, Ben. 2017. Crossing: Language and Ethnicity among Adolescents. London: Routledge. http://dx.doi.org/10.4324/9781315205915
58
Rodríguez Abruñeiras, Paula. 2015. De función adverbial a marcador del discurso: Origen, gramaticalización y uso actual de ‘en plan (de)’ en el español peninsular. Milwaukee: University of Wisconsin-Milwaukee. [Traballo fin de máster]. https://dc.uwm.edu/etd/834 [27/12/2023].
59
Rodríguez Abruñeiras, Paula. 2020. “Me vais a permitir que me ponga en plan profesor”. Las funciones de en plan (de) en un estudio de corpus. Revista Española de Lingüística Aplicada. Spanish Journal of Applied Linguistics 33(1), 278-301. http://dx.doi.org/10.1075/resla.17061.rod
61
Rodríguez González, Félix & Anna-Brita Stenström. 2011. Expressive devices in the language of English- and Spanish-speaking youth. Revista Alicantina de Estudios Ingleses 24, 235-256. http://dx.doi.org/10.14198/raei.2011.24.10
62
63
64
65
Shepherd, Elizabeth & Victoria Ainsworth. 2017. An Evaluation of English Language Capability. Madrid: British Council. https://www.britishcouncil.org/sites/default/files/g303_03_english_impact_report_madrid_web1.pdf [27/12/2023].
66
Spiegel, Carmen & Daniel Gysin (eds.). 2016.Jugendsprache in Schule, Medien und Alltag. Frankfurt am Main: Lang Verlag. http://dx.doi.org/10.3726/978-3-653-04950-3
67
Stenström, Anna-Brita. 2014. Teenage Talk: From General Characteristics to the Use of Pragmatic Markers in a Contrastive Perspective. Basingstoke: Palgrave Macmillan. http://dx.doi.org/10.1057/9781137430380
68
Stenström, Anna-Brita. 2021. English-and Spanish-speaking teenagers’ use of rude vocatives. En Nico Nassenstein & Anne Storch (eds.), Swearing and Cursing. Contexts and Practices in a Critical Linguistic Perspective. 281-302. Berlin: De Gruyter Mouton. http://dx.doi.org/10.1515/9781501511202-013
69
Stenström, Anna-Brita, Gisle Andersen & Ingrid Hasund. 2002. Trends in Teenage Talk: Corpus Compilation, Analysis and Findings. Amsterdam: John Benjamins. http://dx.doi.org/10.1075/scl.8
70
Stenström, Anna-Brita & Annette M. Jørgensen (eds.). 2009. Youngspeak in a Multilingual Perspective. Amsterdam: John Benjamins. http://dx.doi.org/10.1075/pbns.184
71
Tagliamonte, Sali. Teen Talk. 2016. Cambridge: Cambridge University Press. http://dx.doi.org/10.1017/CBO9781139583800
72
Torgersen, Eivind, Costas Gabrielatos & Sebastian Hoffman. 2017. Corpus-based analysis of the pragmatic marker you get me. En Eric Friginal (ed.), Studies in Corpus-Based Sociolinguistics. 176-196. Oxford: Routledge. http://dx.doi.org/10.4324/9781315527819-7
73
Wiese, Heike. 2009. Grammatical innovation in multiethnic urban Europe: New linguistic practices among adolescents. Lingua 119, 782-806. http://dx.doi.org/10.1016/j.lingua.2008.11.002
74
Zimmermann, Klaus. 2009. A theoretical outline for comparative research on youth language: With an outline of diatopic-contrast research within the Hispanic world. En Ana-Britta Stenström & Annette M. Jørgensen (eds.), Youngspeak in a Multilingual Perspective. 119-136. Amsterdam: John Benjamins. http://dx.doi.org/10.1075/pbns.184.10zim
Notas
[1] De acordo con , o termo Cockney asóciase hoxe en día a falantes de raza branca de clase traballadora e non a falantes de minorías étnicas, incluso se estes últimos naceran na zona da capital londiniense coa que se identifica o Cockney. Por outra banda, é curiosa a etimoloxía desta palabra que, segundo o Oxford English Dictionary (OED), parece estar relacionada con cock egg, é dicir, un ovo pequeno e a miúdo sen xema, defectuoso. Este parece ser o nome pexorativo e despectivo que recibían os londinienses por parte de persoas alleas a esta cidade.
[2] Pódese consultar o informe detallado do censo de Madrid correspondente ao 2023 (última consulta 08/01/2024) onde figuran rexistrados 104.000 ecuatorianos, 50.000 romaneses, 44.000 bolivianos, 36.000 colombianos e 35.000 peruanos:
[3] Para máis información, pódese consultar a ligazón seguinte: https://blogg.hiof.no/colam-esp/el-corpus-cola/ (última consulta 08/01/2024).
[4] O termo chav procede do romaní e é utilizado para referirse a unha rapaza ou muller xitana (OED). No inglés actual emprégase sobre todo no sur de Inglaterra de xeito despectivo. Aparece recollido por vez primeira no OED en 1841. Desta palabra deriva o adxectivo chavvy, que é de uso bastante frecuente para caracterizar a unha persoa que se comporta ou posúe as propiedades do substantivo. A alta popularidade deste substantivo deu lugar á publicación, en 2012, dunha novela que leva por título Chavs: The Demonization of the Working Class, escrita por Owen Jones, e que foi motivo de controversia no Reino Unido.
[5] Esta expresión pode estar tamén relacionada coa película “Terminator 2: El juicio final”, cuxo guión foi escrito por James Cameron e William Wisher Jr., o que dalgún xeito puido contribuír á súa popularización.
[6] Segundo , é moi probable que BE like se introducira no inglés británico (BrE) desde o inglés americano (AmE).
[7] Moitos destes citativos (GO, BE like, etc.) experimentaron un proceso de gramaticalización, asumindo novas funcións discursivas e pragmáticas. Neste proceso os adolescentes teñen un papel moi destacado ().
[8] A negativa ain’t pode ser equivalente non só á contracción de has/have + not senón tamén á de am/is/are + not e incluso, aínda que máis raramente, á de do/does/did + not().
[9] Contrario ao que se puidera pensar, innit como retrouso interrogativo ou retrouso invariable, invariant tag en inglés, está incrementado o seu uso e pódese considerar como un dos trazos característicos do que se coñece como “Inglés Multicultural Urbano” (IMU), ao que facíamos referencia ao principio deste traballo, sendo considerado xa como un marcador discursivo ben consolidado (). Desde xeito non é raro escoitalo nas conversas de mozos de Manchester ou Birminghan, por exemplo. Innit pode ser equivalente a isn’t it, isn it e incluso a ain’t it.