Eu às vezes digo com as letras e outras vezes digo sem as letras, porque eu sei escrever. Evolución de trazos dialectais portugueses no século XX
Contenido principal del artículo
Resumen
Examínanse os cambios na distribución xeográfica e na frecuencia de uso que sufriron durante a segunda metade do s. XX cinco fenómenos dialectais do portugués europeo empregados para definir a Nova proposta de classificação dos dialectos portugueses de Lindley Cintra:
1. Ausencia / presenza de distinción fonolóxica entre /b/ e /v/.
2. Realización apical / predorsodental do fonema fricativo alveolar.
3. Conservación / redución do fonema africado postalveolar xordo [tʃ].
4. Conservación / redución do ditongo ou, realizado foneticamente como [ou̯] ou [au̯]
5. Conservación / redución do ditongo ei, realizado maioritariamente como [ei̯] / [ɐi̯].
Analizouse cuantitativamente un extenso corpus de máis de 100.000 respostas contidas nos cuestionarios inéditos dos dous grandes atlas lingüísticos que describiron Portugal: o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) que explorou o territorio luso en 1936 e 1953-1954, e o Atlas Lingüístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza (ALEPG), realizado tamén en dúas quendas, 1973-1984 e 1988-1997. O exame cuantitativo (e comparativo) das dúas fontes permitiu afinar a delimitación xeográfica de cada fenómeno en cada época e obter resultados moito máis informativos sobre a súa vitalidade ca os transmitidos pola dialectoloxía clásica. En xeral, ponse de manifesto un forte retroceso dos marcadores dialectais nas últimas décadas, especialmente no que respecta a trazos como a realización africada, moi mal considerada entre a comunidade lingüística. Tamén se pode ver ás claras que as clasificacións dialectais tradicionais, amplamente utilizadas aínda hoxe, non sempre describen a situación real da lingua.
Palabras clave:
Detalles del artículo
Referencias
Boléo, Manuel de Paiva (1951): “Dialectologia e história da língua. Isoglossas portuguesas”, Boletim de Filologia 12, 1–44 [republicado en Estudos de linguística portuguesa e románica, vol. I. Coimbra: Universidade de Coimbra, 1974, 185-250]
Cintra, Luís F. Lindley (1964-1971): “Nova proposta de classificação dos dialectos galego-portugueses”, Boletim de filologia 23, 81-116.
Martins, Ana Maria / Luísa Segura / Amália Andrade (2003): “Fragmentos: De uma reflexão sobre o conhecimento à manipulação dramática da prosódia”, en R. Caprini (ed.), Parole romanze. Scritti per Michel Contini. Alessandria: Edizioni dell’Orso, 243-258.
Pedrazuela Fuentes, Mario (2005): “Nuevos documentos para la historia del ‘ALPI’”, Revista de filología española LXXXV(2), 271-293.
Ricós Vidal, Amparo (2007): “España, Portugal y el ‘ALPI’. Notas para una historia inacabada“, en Ángel Marcos de Dios (ed.), Aula Ibérica: Actas de los congresos de Évora y Salamanca (2006-2007). Salamanca: Universidad de Salamanca, 183-194.
Saramago, J. (2006): “O Atlas Lingüístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza (ALEPG)”, Estudis romànics XXVIII, 281-298.
Artículos más leídos del mismo autor/a(s)
- Xosé Afonso Álvarez Pérez, Benavente Jareño, Pedro / Xesús Ferro Ruibal (2010): O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 1637 pp. + CD-ROM , Estudos de Lingüística Galega: Vol. 4 (2012)