Contido principal do artigo

Mª Dolores Villanueva Gesteira
Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela
España
Vol 1 (2009), Pescuda
Recibido: 05-11-2013
Copyright Como citar

Resumo

Os estudos lingüísticos manteñen extensamente que os nomes das categorías de cor nas linguas do mundo están organizados ao redor das cores focais universais, ou prototipos. Este traballo interésase por este campo semántico no galego a nivel oral. Escollemos nas pequenas aldeas galegas da Xesteira e Almofrei (concello de Cotobade, Pontevedra) cinco familias falantes de galego que tiveran membros pertencentes a tres xeracións. Leváronse a cabo vinte e dúas entrevistas que proporcionaron o material léxico comentado. O estudo pretende mostrar as categorías de cor nunha microcomunidade galega, o cambio lingüístico e as súas consecuencias semánticas. Observamos como as xeracións máis novas camiñan cara a unha maior homoxeneización do léxico, prefiren os termos aprendidos na escola aos empregados polas súas avoas e establecen unha categorización máis nítida no contínuum sensorial da cor. O contacto lingüístico co castelán levou á contaminación do léxico coa introdución de formas alleas ou coa adquisición de novas acepcións en termos propios. Compróbase o percorrido das palabras a través das tres xeracións, o desuso dalgunhas formas e a recuperación doutras, sen dúbida nesta última.

Detalles do artigo

Citas

Berlin, Brent / Paul Kay (1969): Basic Color Terms: Their Universality and Evolution. Berkeley: University of California Press.

DXL= Carballeira Anllo, Xosé María (coord.) (2007): Dicionario Xerais da Lingua: Vigo: Xerais.

Corominas, Joan/ José A. Pascual, (1983-1985): Diccionario Crítico Etimológico Castellano e Hispánico, 5 vols. Madrid: Gredos.

Croft, William (2003): Typology and Universals. Cambridge: Cambridge University Press.

Eco, Umberto (1978): La estructura ausente. Barcelona: Lumen.

Espejo, María del Mar (1990): Los nombres de los colores en español. Granada: Universidad de Granada.

Espejo, María del Mar (1996): Los nombres de color en la naturaleza. Granada: Universidad de Granada.

Hilferty, Joseph (1993): ‘Semántica lingüística y cognición’, Verba 20, 29-44.

Labov, William (2001): Principles of Linguistic Change, vol.II. Oxford: Blackwell.

Luque Durán, Juan de Dios (2001): Aspectos universales y particulares del léxico de las lenguas del mundo. Granada: Método (Estudios de Lingüística del Español, 21).

Maclaury, Robert (1997): Color and cognition in Mesoamerica: Constructing categories as vantages. Austin: University of Texas Press.

Moure, Teresa (2001): Universales del lenguaje y linguo-diversidad. Barcelona: Gredos.

Rodríguez Río, Xusto A. (1998): “O tratamento dos préstamos na norma léxica do galego”, Verba 25, 293-322.

Rodríguez Río, Xusto A. (2003): “Os préstamos na producción lexicográfica, terminográfica e enciclopédica galega actual” en María Álvarez de la Granja / Ernesto Xosé González Seoane (eds.), A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega, 419-446.

Rosch, Eleanor (1972): “Universals in color naming and memory”, Journal of Experimental Psychology 93, 10-20.

Rosch, Eleanor (1978): “Principles of categorization”, en Eleanor Rosch / Barbara B. Lloyd (eds.), Cognition and categorization. Hillsdale, NJ: Erlbaum, 27-48.

Santamarina, Antón (ed.) (2003): Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Soares da Silva, Augusto (1997): A semântica de deixar: uma contribuição para a abordagem cognitiva em semântica lexical. Braga: Universidade Católica Portugesa.

Soares da Silva, Augusto (2006): O mundo dos sentidos em português. Polissemia, Semântica e Cognição. Coimbra: Almedina.

Taylor, John R. (1989): Linguistic categorization: prototypes in linguistic theory. Oxford: Clarendon Press.

Villanueva Gesteira, María Dolores (2006): Lingua en sociedade. A aldea da Xesteira. Pontevedra: Deputación de Pontevedra.