Contribución para o estudo da rede de igrexiarios como base dunha organización territorial sustentable
plugins.themes.xejournal.article.main
Resumo
En amplas zonas de poboamento espallado no noroeste da Península Ibérica, as parroquias non son tanto unha división eclesiástica como unha entidade social e xeográfica. Dentro dos seus límites, os igrexarios (isto é; o conxunto formado pola igrexa, cemiterio, carballeira, cruceiros e casa reitoral; polo común na veciñanza dunha pequena aldea) constitúen o seu cerne. Nesta zona, os igrexarios forman unha malla sobre a paisaxe cultural e representan os fitos de súa identidade. A maior parte aséntanse nos seus lugares desde a Idade Media e evidencian conexións cun pasado máis remoto. Con frecuencia inclúen importantes mostras de arquitectura histórica así como de espazos de gran calidade ambiental.
Nesta investigación analizamos 750 parroquias rurais e os seus igrexarios que constitúen unha área de máis de 6200 quilómetros cadrados, do noroeste galego, diagnosticando o seu estado mediante o sistema DAFO, e propoñendo estratexias para a súa conservación e a renovación das súas funcións.