TY - JOUR AU - Fernando Mingote Rodríguez, AU - Plácido Lizancos Mora, PY - 2018/12/20 Y2 - 2024/03/29 TI - Contribución para o estudo da rede de igrexiarios como base dunha organización territorial sustentable JF - Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades JA - Semata VL - 0 IS - 30 SE - Artigos DO - 10.15304/s.30.5240 UR - https://revistas.usc.gal/index.php/semata/article/view/5240 AB - En amplas zonas de poboamento espallado no noroeste da Península Ibérica, as parroquias non son tanto unha división eclesiástica como unha entidade social e xeográfica. Dentro dos seus límites, os igrexarios (isto é; o conxunto formado pola igrexa, cemiterio, carballeira, cruceiros e casa reitoral; polo común na veciñanza dunha pequena aldea) constitúen o seu cerne. Nesta zona, os igrexarios forman unha malla sobre a paisaxe cultural e representan os fitos de súa identidade. A maior parte aséntanse nos seus lugares desde a Idade Media e evidencian conexións cun pasado máis remoto. Con frecuencia inclúen importantes mostras de arquitectura histórica así como de espazos de gran calidade ambiental.Nesta investigación analizamos 750 parroquias rurais e os seus igrexarios que constitúen unha área de máis de 6200 quilómetros cadrados, do noroeste galego, diagnosticando o seu estado mediante o sistema DAFO, e propoñendo estratexias para a súa conservación e a renovación das súas funcións. ER -