Contenido principal del artículo

Javier Frieiro Santaya
Graduado en Historia
España
https://orcid.org/0000-0001-5200-6306
Núm. 33 (2021): El fenómeno de las peregrinaciones. Reflexiones y prácticas desde una perspectiva interdisciplinar, Varia
DOI: https://doi.org/10.15304/semata.33.7928
Recibido: 09-09-2021 Aceptado: 01-11-2021 Publicado: 25-03-2022
Imagenes.
Derechos de autoría Cómo citar Citado por

Resumen

Neste traballo abordarase o proceso de renovación da identidade nacional española que os republicanos se propuxeron acometer dende o seu acceso ó poder en 1931. Concretaremos esta renovación na substitución do vello corpus simbólico oficial por outro capaz de representar e difundir os novos valores, así como as súas relacións cos propios dos aliados do réxime republicano e o dos seus máis reaccionarios opositores. Pese ó carácter accidentado da substitución -brevidade do réxime, necesaria conciliación cos emblemas propios dos aliados do republicanismo ou férrea oposición da dereita antirrepublicana cada vez máis reaccionaria- esta non supuxo o fracaso completo da renovación identitaria. Ao contrario, a conciencia cívica que se viñera xestando desde finais do século XIX e que posibilitara a chegada da democracia a España nos anos trinta, manteríase entón e incluso medraría, a pesar dos intentos de contela por medio dun golpe de Estado, una guerra e unha longa ditadura.