É necesario rexistrarse Rexistrarse e identificarse Vaia a identificación para poder enviar artigos online e para comprobar o estado dos envíos.

Os autores deben verificar que o seu envío cumpre as seguintes directrices. Os envíos que non cumpran algunha destas directrices poderán ser rexeitados.

  • A petición non foi publicada previamente, nin se presentou a outra revista (ou se proporcionou unha explicación en Comentarios ao editor)
  • O texto cumpre cos requisitos bibliográficos e de estilo indicados nas Normas para autoras/es.
  • Se está enviando un traballo a unha sección da revista que se revisa por pares, ten que asegurarse que as instrucións que figuran en Asegurando unha revisión a cegas foron seguidas.
  • Se o artigo inclúe calquera tipo de material que requira permiso para a súa reprodución, debe facelo constar (use Comentarios ao editor) e proporcionar ao editor os correspondentes permisos. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

Recursos Rurais: Instrucións aos autores

Proceso de selección e avaliación de orixinais


Recursos Rurais publica artigos, revisións, notas de investigación e reseñas bibliográficas. Os artigos, revisións e notas deben ser orixinais, sendo avaliados previamente polo Comité Editorial e o Comité Científico Asesor. Os traballos presentados a Recursos Rurais serán sometidos á avaliación confidencial de dous expertos anónimos designados polo Comité Editorial, que poderá considerar tamén a elección de revisores suxeridos polo propio autor. Nos casos de discrepancia recorrerase á intervención dun terceiro avaliador. Finalmente corresponderá ao Comité Editorial a decisión sobre a aceptación do traballo. Caso dos avaliadores propoñeren modificacións na redacción do orixinal, será de responsabilidade do equipo editorial -unha vez informado o autor- o seguimento do proceso de reelaboración do traballo. Caso de non ser aceptado para a súa edición, o orixinal será devolto ao seu autor, xunto cos ditames emitidos polos avaliadores. En calquera caso, os orixinais que non se suxeiten ás seguintes normas técnicas serán devoltos aos seus autores para a súa corrección, antes do seu envío aos avaliadores.

En cumprimentodo establecido no noso código ético e a fin de garantir a orixinalidade dos manuscritos Recursos Rurais aplicará un software específico antiplaxio a cada uno dos traballos que vaia ser sometidos ao proceso previo de revisión. O envío será rexeitado en caso de detectar prácticas de plaxio ou fraude científico.


Normas para a presentación de orixinais

Procedemento editorial
A Revista Recursos Rurais aceptará para a súa revisión artigos, revisións e notas vinculados á investigación e Desenvolvemento tecnolóxico no ámbito da conservación e xestión da biodiversidade e do medio ambiente, dos sistemas de producción agrícola, gandeira, forestal e referidos á planificación do territorio, tendentes a propiciar o desenvolvemento sostíbel dos recursos naturais do espazo rural.Os artigos que non se axusten ás normas da revista, serán devoltos aos seus autores.
 
Preparación do manuscrito


Comentarios xerais

Os orixinais poderán estar escritos en Galego, Castelán, Inglés, Francés ou Portugués. Os manuscritos enviaranse en tamaño A4  con 2,5 cm de marxe. Todas as páxinas deberán ir numeradas, aínda que no texto non se incluirán referencias ao número de páxina. Os orixinais deben prepararse nun procesador compatíbel con Microsoft Word ®. Empregarase a fonte tipográfica "arial" a tamaño 11 e non se incluirán tabulacións nin sangrías, tanto no texto como na lista de referencias bibliográficas. Os parágrafos non deben ir separados por espazos. Non se admitiran notas ao pe.


Os nomes de xéneros e especies deben escribirse en cursiva e non abreviados a primera vez que se mencionen (Quercus robur). Posteriormente o epíteto xenérico poderá abreviarse a unha soa letra (Q. robur). Debe utilizarse o Sistema Internacional (SI) de unidades. Para o uso correcto dos símbolos e observacións máis comúns pode consultarse a última edición do CBE (Council of Biology Editors) Style manual.
 
Páxina de Título

A páxina de título incluirá un título conciso e informativo (na lingua orixinal e en inglés), o nome(s) do autor(es), a afiliación(s) e a dirección(s) do autor(es), así como a dirección de correo electrónico, número de teléfono e de fax do autor co que se manterá a comunicación.
Incluirase unha referencia ao número de identificación ORCID dos autores se estiver dispoñible.

 
Resumo
Cada artigo debe estar precedido por un resumo que presente os principais resultados e as conclusións máis importantes, cunha extensión máxima de 200 palabras. Ademais do idioma orixinal no que se escriba o artigo, presentarase tamén un resumo en inglés.
 
Palabras clave
Deben incluírse ata 5 palabras clave situadas despois de cada resumo distintas das incluídas no título. Ademais do idioma orixinal no que se escriba o artigo, presentaranse tamén as palabras clave en inglés.
 
Organización do texto
A estructura do artigo debe axustarse na medida do posíbel á seguinte distribución de apartados: Introdución, Material e métodos, Resultados e discusión, Agradecementos e Bibliografía. Os apartados irán resaltados en negriña e tamaño de letra 12. Se se necesita a inclusión de subapartados estes non estarán numerados e tipografiaranse en tamaño de letra 11.
 
Introdución
 A introdución debe indicar o propósito da investigación e prover unha revisión curta da literatura pertinente.
 
Material e métodos
 Este apartado debe ser breve, pero proporcionar suficiente información como para poder reproducir o traballo experimental ou entender a metodoloxía empregada no traballo.
 
Resultados e Discusión

Neste apartado exporanse os resultados obtidos. Os datos deben presentarse tan claros e concisos como sexa posíbel, se é apropiado na forma de táboas ou de figuras, aínda que as táboas moi grandes deben evitarse. Os datos non deben repetirse en táboas e figuras. A discusión debe consistir na interpretación dos resultados e da súa significación en relación ao traballo doutros autores. Pode incluírse unha conclusión curta, no caso de que os resultados e a discusión o propicien.

 
Agradecementos

Deben ser tan breves como sexa posíbel. Calquera concesión que requira o agradecemento debe ser mencionada. Os nomes de organizacións financiadoras deben escribirse de forma completa.

 
Bibliografía
A lista de referencias debe incluír unicamente os traballos que se citan no texto e que se publicaron ou que foron aceptados para a súa publicación. As comunicacións persoais deben mencionarse soamente no texto. No texto, as referencias deben citarse polo autor e o ano e enumerar en orde alfabética na lista de referencias bibliográficas.
 
Exemplos de citación no texto:

 
Descricións similares danse noutros traballos (Fernández 2005a,b; Rodrigo et al. 1992). Andrade (1949) indica como....
Segundo Mario & Tineti (1989) os factores principais están....Moore et al. (1991) suxiren iso...

 
Exemplos de lista de referencias bibliográficas:

Deberase incluír o identificador DOI nos artigos que dispoñan do mesmo. Este situarase ao final da cita:

Allen, J. R. M., Huntley, B., Watts, W. A., 1996: The vegetation and climate of northwest Iberia over the last 14000 yr. Journal of Quaternary Science 11, 125-147. https://doi.org/10.1002/(SICI)1099-1417(199603/04)11:2<125::AID-JQS232>3.0.CO;2-U

 

Artigo de revista:
Mahaney, W.M.M., Wardrop, D.H. & Brooks, P. (2005). Impacts of sedimentation and nitrogen enrichment on wetland plant community development. Plant Ecology. 175, 2: 227-243.
 
Capítulo nun libro:
Campbell, J.G. (1981). The use of Landsat MSS data for ecological mapping. En: Campbell J.G. (Ed.) Matching Remote Sensing Technologies and Their Applications. Remote Sensing Society. London.
Lowel, E.M. & Nelson, J. (2003). Structure and morphology of Grasses. En: R.F. Barnes et al. (Eds.). Forrages. An introduction to grassland agriculture. Iowa State University Press. Vol. 1. 25-50
 
Libro completo:
Jensen, W (1996). Remote Sensing of the Environment: An Earth Resource Perspective. Prentice-Hall, Inc. Saddle River, New Jersey.
 
Unha serie estándar:
Tutin, T.G. et al. (1964-80). Flora Europaea, Vol. 1 (1964); Vol. 2 (1968); Vol. 3 (1972); Vol. 4 (1976); Vol. 5 (1980). Cambridge
University Press, Cambridge.
 
Obra institucional:

MAPYA (2000). Anuario de estadística agraria. Servicio de Publicaciones del MAPYA (Ministerio de Agricultura, Pesca y
Alimentación), Madrid, España.
 
Documentos legais:
BOE (2004). Real Decreto 1310/2004, de 15 de enero, que modifica la Ley de aprovechamiento de residuos ganaderos. BOE
(Boletín Oficial del Estado), nº 8, 15/1/04. Madrid, España.
 
Publicacións electrónicas:
Collins, D.C. (2005). Scientific style and format. Dispoñíbel en: http://www.councilscience.org/publications.cfm [5 xaneiro, 2005]

Artigos pendentes de publicación.
Os artigos que fosen aceptados para a súa publicación incluiranse na lista de referencias bibliográficas co nome da revista e o epíteto "en prensa" en lugar do ano de publicación.

 
Ilustracións e táboas

Todas as figuras (fotografías, gráficos ou diagramas) e as táboas deben citarse no texto, e cada unha deberá ir numerada consecutivamente. As figuras e táboas deben incluírse ao final do número de táboa ou figura, para a súa identificación. Para o envío de figuras en forma electrónica vexa máis adiante.

Debuxos lineais. Por favor envíe impresións de boa calidade. As inscricións deben ser claramente lexíbeis. O mínimo grosor de liña será de 0,2 mm en relación co tamaño final. No caso de Ilustracións en tons medios (escala de grises): Envíe por favor as impresións ben contrastadas. A ampliación débese indicar por barras de escala. Acéptanse figuras en cores.

Tamaño das figuras

As figuras deben axustarse á anchura da columna (8.5 centímetros) ou ter 17.5 centímetros de ancho. A lonxitude máxima é 23 centímetros. Deseñe as súas ilustracións pensando no tamaño final, procurando non deixar grandes espazos en branco. Todas as táboas e figuras deberán ir acompañadas dunha lenda, que se presentara no idioma orixinal do artigo e en inglés. As lendas deben consistir en explicacións breves, suficientes para a comprensión das ilustracións por si mesmas.

Nas mesmas incluirase unha explicación de cada unha das abreviaturas incluídas na figura ou táboa. As lendas débense incluír ao final do texto, tras as referencias bibliográficas e deben estar identificadas (ex: Táboa 1 Características...). Os mapas incluirán sempre o Norte, a latitude e a lonxitude.
 
Preparación do manuscrito para o seu envío

Texto
Grave o seu arquivo de texto nun formato compatíbel con Microsoft Word.
 
Táboas e Figuras

Cada táboa e figura gardarase nun arquivo distinto co número da táboa e/ou figura. Os formatos preferidos para os gráficos son: Para os vectores, formato EPS, exportados desde o programa de Debuxo empregado (en todo caso, incluirán unha cabeceira da figura en formato TIFF) e para as ilustracións en tons de grises ou fotografías, formato TIFF, sen comprimir cunha resolución mínima de 300 ppp. En caso de enviar os gráficos nos seus arquivos orixinais (Excel, Corel Draw, Adobe Ilustrator, etc.) estes acompañaranse das fontes utilizadas. O nome do arquivo da figura (un arquivo diferente por cada figura) incluirá o número da ilustración. En ningún caso se incluirá no arquivo da táboa ou figura a lenda, que debe figurar correctamente identificada ao final do texto. O material gráfico escaneado deberá aterse aos seguintes parámetros: Debuxos de liñas: o escaneado realizarase en liña ou mapa de bits (nunca escala de grises) cunha resolución mínima de 800 ppp e recomendada de entre 1200 e 1600 ppp. Figuras de medios tons e fotografías: escanearanse en escala de grises cunha resolución mínima de 300 ppp e recomendada entre 600 e 1200 ppp.
 
Envió do manuscrito
Os autores enviarán unha copia digital dos arquivos convintemente preparados á dirección de e-mail:
Ou ben enviarán un orixinal e dúas copias do artigo completo ao comité editorial, xunto cunha copia dixital, acompañados dunha carta de presentación na que ademais dos datos do autor, figuren a súa dirección de correo electrónico e o seu número de fax, á seguinte dirección:

 

IBADER
Comité Editorial da revista Recursos Rurais
Universidade de Santiago
Campus Terra s/n
E-27002 LUGO - Galicia (Spain)

 

Enviar o texto e cada unha das ilustracións en arquivos diferentes, nalgún dos seguintes soportes: CD-ROM ou DVD para Windows, que irán convenientemente rotulados indicando o seu contido. Os nomes dos arquivos non superarán os 8 caracteres e non incluirán acentos ou caracteres especiais. O arquivo de texto denominarase polo nome do autor.

Cos arquivos inclúa sempre información sobre o sistema operativo, o procesador de texto, así como sobre os programas de debuxo empregados nas figuras.

 
Copyright:
Unha vez aceptado o artigo para a publicación na revista, o autor(es) debe asinar o copyright correspondente.