Contido principal do artigo

José Manuel Amoedo
Grupo de Investigación ICEDE, Departamento de Economía Aplicada. Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0002-9459-6030
María del Carmen Sánchez-Carreira
CRETUS, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0001-9265-2521
v. 32 n. 1 (2023), Articles, páginas 1-23
DOI: https://doi.org/10.15304/rge.32.1.8551
Recibido: 28-06-2022 Aceito: 10-01-2023 Publicado: 09-05-2023
Direitos de Autor Como Citar Artigos mais lidos pelo mesmo (s) autor (es) plugins.generic.citations.citedby

Resumo

A pandemia da Covid-19 ten un efecto considerable nas desigualdades sociais. Este artigo ten como obxectivo identificar, medir e describir os cambios nas desigualdades de renda en Galicia despois da pandemia. Para isto, calcúlanse diferentes indicadores de desigualdade de renda que permiten analizar a súa evolución antes e despois da pandemia (2014-2020), considerando as diferentes fontes de ingreso. Os principais resultados poden sintetizarse en tres aspectos. Primeiro, a pandemia implica un incremento das desigualdades de renda en Galicia en 2020. Ademais, aumentaron as desigualdades segundo o sexo, a nacionalidade, a idade e o nivel de estudos dos compoñentes do fogar, así como as desigualdades territoriais. Finalmente, as prestacións sociais desempeñaron un papel relevante á hora de suavizar o efecto da pandemia nas desigualdades. Cómpre sinalar que este efecto é asimétrico, levando a que os fogares compostos por persoas máis novas se visen claramente menos protexidos que os de maior idade.