O CICLO DA DESIGUALDADE SALARIAL E O PAPEL DO MERCADO DA VIVENDA
Contido principal do artigo
Resumo
en boa maneira polo sucedido no mercado da vivenda. Nunha publicación recente
Kaplan et al. (2017) describen como en economías avanzadas como a norteamericana
despois dun aumento prolongado, os prezos da vivenda derrubáronse desencadeando
una crise financeira e una caída abrupta da riqueza das familias que, xunto coas
friccións macroeconómicas, provocaron unha destrución de emprego moi
pronunciada.
No caso de España o aumento e posterior diminución na demanda de traballadores
da construción tivo un gran impacto non só no emprego senón tamén na desigualdade
salarial (Bonhomme e Hospido, 2017). De feito, a evolución da desigualdade salarial
nas últimas décadas foi fortemente contracíclica: incrementouse arredor da recesión
de 1993, logo experimentou unha diminución significativa durante a expansión de
1997 a 2007, para volver a crecer con forza durante a máis recente crise. Como
mostra a Figura 1, o aspecto máis destacado desta evolución non é que a magnitude
das variacións sexa tan elevada, senón que a evolución sexa en paralelo cos
movementos da taxa de desemprego.
Detalles do artigo
Referências
Bonhome, S. e L. Hospido (2017): “The Cycle of Earnings Inequality: Evidence from Spanish Social Security Data”, Economic Journal, 127, pp. 1244-1278.
Kaplan, G., K. Mitman e G. L. Violante (2017): “The Housing Boom and Bust: Model Meets Evidence”, NBER Working Paper No. 23694.
Pijoan-Mas, J. E V. Sánchez-Marcos (2010): “Spain is different: falling trends of inequality”, Review of Economic Dynamics, vol. 13, pp. 154–78