Contido principal do artigo

LAURA HOSPIDO
Banco de España e IZA
España
Vol 27 No 3 (2018), Artigos, páxinas 29-34
DOI https://doi.org/10.15304/rge.27.3.5434
Recibido: 10-09-2018 Aceptado: 10-09-2018 Publicado: 10-09-2018
Copyright Como citar

Resumo

En moitos países, a destrución de emprego durante a última crise económica explicase
en boa maneira polo sucedido no mercado da vivenda. Nunha publicación recente
Kaplan et al. (2017) describen como en economías avanzadas como a norteamericana
despois dun aumento prolongado, os prezos da vivenda derrubáronse desencadeando
una crise financeira e una caída abrupta da riqueza das familias que, xunto coas
friccións macroeconómicas, provocaron unha destrución de emprego moi
pronunciada.
No caso de España o aumento e posterior diminución na demanda de traballadores
da construción tivo un gran impacto non só no emprego senón tamén na desigualdade
salarial (Bonhomme e Hospido, 2017). De feito, a evolución da desigualdade salarial
nas últimas décadas foi fortemente contracíclica: incrementouse arredor da recesión
de 1993, logo experimentou unha diminución significativa durante a expansión de
1997 a 2007, para volver a crecer con forza durante a máis recente crise. Como
mostra a Figura 1, o aspecto máis destacado desta evolución non é que a magnitude
das variacións sexa tan elevada, senón que a evolución sexa en paralelo cos
movementos da taxa de desemprego.
Citado por

Detalles do artigo

Citas

Bonhome, S. e L. Hospido (2017): “The Cycle of Earnings Inequality: Evidence from Spanish Social Security Data”, Economic Journal, 127, pp. 1244-1278.

Kaplan, G., K. Mitman e G. L. Violante (2017): “The Housing Boom and Bust: Model Meets Evidence”, NBER Working Paper No. 23694.

Pijoan-Mas, J. E V. Sánchez-Marcos (2010): “Spain is different: falling trends of inequality”, Review of Economic Dynamics, vol. 13, pp. 154–78