Contido principal do artigo

Diego Sande Veiga
Universidade de Santiago de Compostela- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
España
https://orcid.org/0000-0003-0284-8884
Xavier Vence Deza
Universidade de Santiago de Compostela- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
España
https://orcid.org/0000-0002-1263-5455
Biografía
Vol 28 No 3 (2019), Artigos, páxinas 92-114
DOI https://doi.org/10.15304/rge.28.3.5926
Recibido: 29-03-2019 Aceptado: 09-09-2019 Publicado: 19-12-2019
Copyright Como citar

Resumo

Avalíase o impacto en Galicia da implementación do Programa Operativo para e polo beneficio da I+D+i empresarial-Fondo Tecnolóxico 2007-2013, que constituíu un instrumento singular das políticas de innovación financiado polos Fondos Estruturais da Unión Europea e dirixido ás comunidades autónomas españolas do Obxectivo Converxencia da Unión Europea. A través da análise proposta trátase de identificar o impacto deste Programa plurianual –que mobilizou un importante volume de recursos e cuxa execución se estende ata 2015– na evolución do Sistema Galego de Innovación. Con ese fin analízanse os diferentes tipos de medidas e actuacións financiadas e o seu impacto nos principais indicadores de innovación (creación de capacidades, gasto en investigación e desenvolvemento, solicitude de patentes, persoal en investigación e desenvolvemento, infraestruturas, redes de colaboración, etc.), contrastando os obxectivos perseguidos e os resultados observados. Tamén se analizan aspectos institucionais e organizacionais que inciden no deseño, implementación e xestión das medidas e a súa posible incidencia nos seus efectos (fugas de recursos, dificultades de vertebración, concentración das actividades innovadoras nun número limitado de axentes, etc.). As conclusións extraídas permiten formular recomendacións para o deseño e implementación no territorio doutras políticas de investigación, desenvolvemento e innovación.  Palabras

Detalles do artigo