POLÍTICA EDITORIAL
QUINTANA é unha revista de Historia da Arte, cunha periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Artes, sen desbotar as aproximacións interdisciplinarias que enriquezan o seu estudio.
A revista QUINTANA no aplica sesgos de raza, xénero ou relixión na recepción, aceptación e edición de artigos.
A publicación dos traballos de investigación se estructura en dúas seccións: a primeira – TEMA – ten un carácter monográfico e o seu contido é planificado de antemán polo Comité de Redacción, invitando a destacados especialistas no tema escollido, mentras que a segunda – COLABORACIÓNS – está aberta a aportacións de temática libre.
Os traballos presentados á sección de COLABORACIÓNS someteránse a revisión previa polo Comité de Redacción e posterior avaliación por pares, empregando un sistema de revisión externa baseado no doble anonimato (double-blind peer review). A revista empregará dous revisores, membros do Comité Científico ou outros especialistas, para avaliar cada artigo recibido, acudindo a un tercer revisor en caso de discrepancia. Os artigos finalmente publicados incluirán as datas de recepción e aceptación. A responsabilidade completa do proceso de selección e aceptación de traballos recaerá na Dirección da revista e no seu Comité de Redacción, comunicando aos autores as decisións editoriais adoitadas.
Os autores aceptan que a revista QUINTANA poida difundir os textos publicados nela, soamente con fines científicos e sen proveito comercial, por calquera medio, incluido Internet, e asemade incorporalos nas bases de datos electrónicas nas que QUINTANA vaia integrándose cos devanditos fines. Esta difusión entenderase como unha cesión de forma non exclusiva e só para esta finalidade, sen límite temporal nen territorial, dos dereitos que lles correspondan como autores.
NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS
Os traballos presentados deben ser orixinais e inéditos, comprometéndose os autores a asinar unha declaración de orixinalidade na que conste que o contido principal non foi publicado previamente nin se enviará a calquera outra revista mentras se atope no proceso editorial de QUINTANA.
Os artigos poderán ser escritos en galego, castelán, catalán, portugués, italiano, francés ou inglés. A extensión máxima será de 15 a 20 páxinas para o texto principal, a espacio e medio e por unha soa cara, en papel de formato DIN-A4. O título do traballo, o texto, as notas ao final e a bibliografía escribiranse cunha letra Times New Roman de corpo 12; as citas longas escribiranse cunha letra de corpo 10 nun parágrafo á parte, en cursivas e sen comiñas.
Os traballos deberán ir encabezados do seguinte modo:
- título do artigo: centrado, con maiúscula negra de corpo 12.
- nome e apelidos do autor: debaixo do título, centrado, con minúscula cursiva de corpo 10.
- universidade (ou centro) ao que pertence o autor: debaixo do nome, centrado, con minúscula de corpo 10.
- identificador ORCID seguindo o formato recomendado por ORCID organization: https://orcid.org/0000-0002-1825-0097
- email institucional
- resumo do artigo: de extensión non superior a 200 palabras.
- palabras chave do artigo, cinco como máximo.
- tradución do resumo ao inglés (abstract) non superior ás 200 palabras.
- tradución das cinco palabras chave ao inglés (keywords).
QUINTANA adopta as normas do Chicago Manual of Style, decimoséptima edición, exclusivamente para o sistema de bibliografía en notas ao final.
As notas presentaranse sempre ao final do texto (non se admiten notas ao pé), numeradas correlativamente e dentro do mesmo arquivo electrónico do texto principal. As chamadas das notas dentro do texto principal realizaranse en superíndice.
O corpo ou texto principal coas notas ao final non presentará láminas ou figuras insertadas.
Os pés de láminas – coa posición indicada no texto sempre co formato (fig. 1), (fig. 2), etc – se incluirán nun documento Word separado.
Xunto cos arquivos do texto principal e os pés de láminas, o envío terá que acompañarse dun arquivo específico coa lista de referencias bibliográficas (“REFERENCIAS”). A lista das referencias bibliográficas estará ordenada alfabéticamente polos apelidos dos autores. Cada entrada de bibliografía incluirá: nome do autor (apelidos, separando o nome completo cunha coma), título da publicación (en cursiva os títulos de libros e revistas; os artigos pechados entre marcas de cita “artigo.”), e datos da publicación (lugar de edición, editorial e ano). É responsabilidade dos autores buscar e incluir o DOI en cada artigo ou libro referenciado na bibliografía.
Como normas de presentación, deben respectarse escrupulosamente os seguintes exemplos para dar formato ás referencias de bibliografía, tanto nas notas ao final como especialmente na lista de referencias no arquivo Word específico. En caso de dúbidas consultar: https://www.chicagomanualofstyle.org/home.html
Libros dun autor:
NOTAS AO FINAL: Zadie Smith, Swing Time (New York: Penguin Press, 2016), 2–3.
CMOS non recomenda empregar “op. cit.” Como alternativa aconséllase usar a forma abreviada para autor e título específica para segunda e sucesivas aparicións en notas: Smith, Swing Time, 3.
LISTA DE REFERENCIAS: Smith, Zadie. Swing Time. New York: Penguin Press, 2016.
Editor de libros:
NOTAS AO FINAL: John D’Agata, ed., The Making of the American Essay (Minneapolis: Graywolf Press, 2016), 12–14.
LISTA DE REFERENCIAS: D’Agata, John, ed. The Making of the American Essay. Minneapolis: Graywolf Press, 2016.
Libros con varios autores:
NOTAS AO FINAL: Brian Grazer and Charles Fishman. A Curious Mind: The Secret to a Bigger Life (New York: Simon & Schuster, 2015), 52.
LISTA DE REFERENCIAS: Grazer, Brian, and Charles Fishman. A Curious Mind: The Secret to a Bigger Life. New York: Simon & Schuster, 2015.
Capítulos de libro:
NOTAS AO FINAL: Emilio Alarcos Llorach, “Perfecto simple y compuesto.” en Estudios de gramática funcional del español, 13–39. Madrid: Gredos, 1970.
Alarcos Llorach, “Perfecto simple y compuesto,” 3.
LISTA DE REFERENCIAS: Thoreau, Henry David. “Walking.” in The Making of the American Essay, edited by John D’Agata, 167–95. Minneapolis: Graywolf Press, 2016.
Artigos e actas de congresos:
NOTAS AO FINAL: Anna Greenberg, "Race, Religiosity, and the Women's Vote," Women & Politics 22, no. 3 (2001): 61.
Greenberg, "Race,” 61.
LISTA DE REFERENCIAS: Greenberg, Anna. "Race, Religiosity, and the Women's Vote." Women & Politics 22, no. 3 (2001): 59–82.
Teses de doutoramento e traballos académicos:
NOTAS AO FINAL: Cynthia Lillian Rutz, “King Lear and Its Folktale Analogues” (PhD diss., University of Chicago, 2013), 99–100.
Rutz, “King Lear,” 158.
LISTA DE REFERENCIAS: Rutz, Cynthia Lillian. “King Lear and Its Folktale Analogues.” PhD diss., University of Chicago, 2013.
Gázquez González, Manuel Jesús. “Caracterización y valorización de residuos generados en la industria de producción de dióxido de titanio.” Tesis doctoral, Universidad de Huelva. Departamento de Física Aplicada, 2010.
E-Books:
NOTAS AO FINAL: Donald Davidson, Essays on Actions and Events (Oxford: Clarendon, 2001), https://bibliotecamathom.files.wordpress.com/2012/10/essays-on-actions-andevents.pdf
LISTA DE REFERENCIAS: Kurland, Philip B., and Ralph Lerner, eds. The Founders’ Constitution. Chicago: University of Chicago Press, 1987. http://press-pubs.uchicago.edu/founders/.
Russell, Martin. Beethoven's Hair: An Extraordinary Historical Odyssey and a Scientific Mystery Solved. New York: Broadway Books, 2001. ebrary collections ebook.
Artigos de internet e xornais:
NOTAS AO FINAL: Kirsi Peltonen et al. “Parental Violence and Adolescent Mental Health,” European Child & Adolescent Psychiatry 19, no. 11 (2010): 813-822, doi: 10.1007/s00787-010-0130-8.
LISTA DE REFERENCIAS: Peltonen, Kirsi, Noora Ellonen, Helmer B. Larsen, and Karin Helweg-Larsen. “Parental Violence and Adolescent Mental Health.” European Child & Adolescent Psychiatry 19, no. 11 (2010): 813-822. doi: 10.1007/s00787-010-0130-8.
Costa, Jordi. "Vetusta posmodernidad." El País (Madrid), Noviembre 2, 2007.
Páxinas web:
NOTAS AO FINAL: Amy Harmon, "DNA Gatherers Hit a Snag: The Tribes Don't Trust Them," New York Times, accessed December 10, 2006, http://www.nytimes.com/2006/12/10/us/10dna.html
“About Yale: Yale Facts,” Yale University, accessed May 1, 2017, https://www.yale.edu/about-yale/yale-facts
LISTA DE REFERENCIAS: Biblioteca de la Universidad de Sevilla. “Guías de la BUS: Herramientas y guías para encontrar y gestionar la información.” Último acceso Mayo 1, 2014. http://guiasbus.us.es/guias.
Watson, Ivan. "Tunisians Vote in First Election Following Arab Spring." CNN.com. Last modified October 23, 2011. http://www.cnn.com/2011/10/23/world/africa/tunisia-elections/index.html
Pés de ilustracións:
Fig. 1. Gisbert Pérez, Antonio, Fusilamiento de Torrijos y sus compañeros en las playas de Málaga, 1888. Óleo, Museo Nacional del Prado, Madrid
Para casos que non aparecen indicados aquí, prégase consultar o Chicago Manual of Style (17ª edición): http://www.chicagomanualofstyle.org/tools_citationguide.html
A sangría da primeira liña dos parágrafos, tanto no texto como nas notas, farase coa opción específica do menú formato ou deseño de parágrafo. Os mapas, gráficos, debuxos, planos (sen enmarcar) e fotografías irán numerados consecutivamente en caracteres arábigos (fig. 1), (fig. 2), etc. Os pés correspondentes deben ser o máis completos posible (autor, obra, cronoloxía, localización e copyright). Os debuxos realizaranse sobre papel branco de boa calidade. As fotografías presentaranse en formato TIFF ou JPEG cunha resolución mínima de 300 ppp. En cada artigo poderán incluírse ata 15 figuras.
ENVÍOS
A integración da revista QUINTANA na plataforma Open Journal Systems, xestionada dentro do Portal Dixital de Revistas da Universidade de Santiago de Compostela – http://www.usc.es/revistas/index.php/quintana – fai posible o envío directo dos artigos para a sección de COLABORACIÓNS. Para iso é necesario rexistrarse como autor na sección “Autores” do menú superior, e a continuación seguir as indicacións para cargar arquivos de textos e imaxes.
Recoméndase que os autores revisen a inclusión completa dos metadatos correspondentes a título, nome do autor/a, afiliación e datos de contacto, resumo, palabras chave e código ORCID.
Os envíos de artigos, con título, resumo e palabras chave, deben incluir os seguintes datos e arquivos:
- Nome e afiliación académica do autor/es, código ORCID e email, xunto co resumo e palabras chave.
- Arquivo de texto principal gardado como Word, coas notas ao final (non se admiten notas ao pé).
- Lista de referencias bibliográficas en arquivo específico baixo o título e apartado “REFERENCIAS”.
- Lista de ilustracións cos pés correspondentes, numeradas como Fig. 1, Fig. 2, etc…
- Arquivos de imaxes numerados (Fig. 01, Fig. 02, …) e en formato JPEG ou TIFF.
Os editores resérvanse o dereito de facer leves alteracións nos traballos recibidos coa única finalidade de corrixir erros mecánicos ou lingüísticos. Se as modificacións necesarias fosen considerables, consultarase ao autor para pedirlle a súa aprobación para tal efecto. Os editores tamén se reservan a non publicación das figuras que carezan da calidade suficiente.
As probas de edición en versión .doc revisaránse polos autores, que as devolverán nun prazo dunha semana a partires da data de recepción. O atraso na devolución das probas implicará a súa publicación sen as correccións do autor. A xestión e corrección dos erros de maquetación corresponde só aos editores, como coñecedores das fillas de estilo establecidas.
NORMAS PARA O ENVÍO DE RECENSIÓNS DE LIBROS
QUINTANA acepta publicar recensións de libros baixo a condición de que o autor da recensión non comparta a mesma afiliación académica ou institucional co autor do libro. As recensións serán aprobadas e aceptadas polo Comité de Redacción.
As recensións terán un máximo de 3.000 palabras (incluindo título, autor, editor e datos de publicación, ISBN e número de páxinas)
Para calquera dúbida ou consulta, contactar coa revista: revistaquintana@gmail.com
Páxina Web: www.usc.es/revistas/index.php/quintana