Salto rápido al contenido de la página
  • Navegación principal
  • Contenido principal
  • Barra lateral
Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte
  • Inicio
  • Número en curso
  • Números
    • Actual
    • Números anteriores
  • Acerca de
    • Sobre la revista
    • Equipo editorial
    • Declaración de privacidad
    • Contacto
  • Envíos
  • rev{USC}
  • Registrarse
  • Entrar
  1. Inicio
  2. Archivos
  3. Núm. 22 (2023)
  4. Editorial

EDITORIAL

Barra lateral del artículo

Contenido principal del artículo

  • Alfredo Vigo Trasancos+−
Alfredo Vigo Trasancos
Universidade de Santiago de Compostela
Spain
https://orcid.org/0000-0001-6932-8627
Núm. 22 (2023), Editorial
https://doi.org/10.15304/quintana.22.9467
Recibido: 2023-10-22| Publicado: 2023-12-27
PDF (Galician) XML (Galician)
Vigo Trasancos: EDITORIAL

Sumario

    Antes de dar paso a desenvolver os contidos de que consta o número 22 da revista QUINTANA, é necesario dar conta dalgunhas cuestións que teñen interese. Unha delas, que fomos incorporados ao Portal de Revistas Universitarias Españolas, un proxecto que se desenvolveu co obxectivo de ofrecer, ademais dun potente buscador, unha radiografía detallada, completa e actual das revistas académicas universitarias, mostrando igualmente información sobre as mesmas e os máis destacados indicadores de cada unha delas. Isto fai supoñer, obviamente, que QUINTANA terá, como desexamos, unha maior visibilidade pública. Tamén é de destacar o regreso da nosa revista á base de datos Redalyc. Xa estivemos incorporados nela hai uns anos, pero o non dispoñer entón do sistema obrigatorio de arquivos con formatos JATS, privounos de poder continuar como era o noso desexo. Agora, pois, reincorporámonos de novo e, esta vez, con vocación de ter unha longa permanencia.

    Tamén debemos de indicar que, por distintas razóns, houbo cambios no Comité de Redacción e no Comité Científico. No primeiro, a xubilación do profesor Andrés Rosende Valdés, que levaba no Comité de Redacción desde o inicio da revista e ao que agradecemos desde aquí os seus importantes apoios, levou a que fose substituído pola profesora Carme López Calderón, do Departamento de Historia da Arte da USC, que achegará, sen dúbida, novo zume a QUINTANA. En cambio, o falecemento do profesor Delfín Rodríguez Ruiz, foi a causa do nomeamento, como membro do Comité Científico, da profesora Helena Pérez Gallardo, da Universidad Complutense de Madrid, polo que agradecemos a súa aceptación e dámoslle ao mesmo tempo a benvida.

    Xa en referencia aos contidos, o Tema monográfico elixido para o presente número leva por título "As viaxes de Dédalo: artistas e intercambios culturais". Son cinco os investigadores invitados que abordan o reto desde distintos puntos de vista; así, Beatriz Blasco Esquivias analiza, desde a experiencia que as viaxes proporcionaron aos artistas da Idade Moderna, o impacto dos artífices estranxeiros na renovación da arte cortesán na España do tempo dos Austrias e dos Borbóns. Gerardo Boto Varela aborda, á súa vez, as primicias na recepción da arte da vidreira na Península Ibérica, á luz do achado dun exemplo singular na catedral de Girona. Ana María Fernández García, pola súa banda, estuda o deseño de interiores no Buenos Aires de 1880 a 1930, a través do consumo de mobles europeos e dos seus axentes comerciais. Javier Ibáñez Fernández estuda, en cambio, a figura de Pedro Jalopa, que tivo unha extraordinaria traxectoria e moi decisiva na renovación da arquitectura gótica do século XV. Finalmente, Raúl Romero Medina e Fernando Marías achegan unha visión específica do arquitecto bretón Juan Guas, a través fundamentalmente do estudo dun espazo de memoria singular, como é o caso da capela funeraria que deseña a mediados do século XV na igrexa de San Justo e Pastor de Toledo.

    Xa no apartado de Colaboracións, como vén sendo habitual, son os propios autores os que libremente elixen os seus temas, polo xeral moi heteroxéneos e referidos a distintos campos da cultura artística. Esta é a relación: Javier Ares Espiño estuda o labor do compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos que tivo gran protagonismo na vida musical española tras o seu regreso de Arxentina en 1984; Sofía Balbontín interésase por analizar a experiencia estética do son no espazo; María del Mar Escalas Martín aborda o impacto do Concilio de Trento no retablo da capela de San Pedro da Catedral de Mallorca. Á súa vez, Alberto E. García-Moreno, María José Márquez-Ballesteros e Javier Boned Purkiss reflexionan sobre o tema da habitabilidade, o cinema e o confinamento; María del Carmen Lorenzo Vizcaino estuda a figura de Milagros Porta (1918-1971), unha destacada pedagoga musical coruñesa; Miguel Mesquita Duarte trata de facer ver os paralelismos existentes entre o Atlas de Gerhard Richter (1962-2013) e o Atlas Mnemosyne de Aby Warburg (1924-29); Laura Mier Valerón establece unha aproximación á piedade mariñeira a través da plástica asturiana contemporánea; María Núñez-González estuda, pola contra, as alcaicerías sevillanas do século XVI, mentres Brianda Otero Moreira faino dos capiteis da Anunciación e do Nacemento na igrexa conventual de San Domingos de Pontevedra. Pola súa banda, Ana Pérez Varela achega novas informacións sobre a figura de dous prateiros composteláns como foron Eduardo Rey Villaverde (†1925) e Santiago Rey Montero (†1941), á vez que Pedro Poyato Sánchez analiza a película Falso culpable de Alfred Hitchcock en relación co seu contexto cultural. Por último, Santiago Rodríguez-Caramés aborda a recepción da obra de Aldo Rossi (1931-1997) na arquitectura galega de finais do século XX. Por tanto, nesta sección ofrécese un percorrido moi aberto que resulta, sen dúbida, interesante.

    O apartado Escritos sobre… esta vez está dedicado á que foi nosa compañeira, a profesora Ana Goy Diz, catedrática de Historia da Arte na Facultade de Humanidades de Lugo, ao cumprirse agora o primeiro cabodano do seu prematuro falecemento. Elixiuse un texto da súa autoría titulado “Situación de los cascos antiguos: intervenciones en los últimos años” que se publicou no tomo II, do Congreso Ciudades históricas vivas. Ciudades del pasado: pervivencia y desarrollo, que se celebrou en Mérida en 1997. Do seu estudo encárgase o noso compañeiro o profesor Juan Manuel Monterroso Montero que aproveita tamén esta sinalada circunstancia para lembrarnos así mesmo a relevancia da súa figura como investigadora.

    Feitos e tendencias, a través do comentario realizado por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, dá conta da exposición titulada Raniero Fernández. O Arquivo, que tivo lugar no CGAC, para valorar a figura de tan relevante fotógrafo contemporáneo.

    Finalmente, conclúe o número coas seccións dedicadas a Recensións, onde se comentan diferentes libros publicados recentemente, e a Erratum, na que se sinalan os erros detectados no número anterior de QUINTANA e que conviña corrixir.

    Dito isto, como todos os anos desde que a revista iniciouse, quixera expresar o meu agradecemento a todos aqueles que contribuíron a que o número 22 de QUINTANA saíse á luz nas mellores condicións. Especialmente aos tres secretarios, Jesús Ángel Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Miguel Anxo Rodríguez González que continúan aumentando traballo e xenerosidade a pesar de que, cada ano increméntanse as esixencias de todo tipo. Merecen tamén destacarse os membros do Comité Científico e de Redacción da revista, os avaliadores anónimos que revisaron a calidade e orixinalidade dos artigos, do mesmo xeito que todos os investigadores invitados que, de maneira moi profesional e brillante, aceptaron contribuír cos seus coñecementos ao Tema monográfico que abre o número. Non quero esquecer ao Departamento de Historia da Arte pola súa axuda financeira e importante apoio, o mesmo que ao director e técnicos do Servizo de Publicacións da nosa Universidade polas súas valiosas indicacións. Un último agradecemento a Xosé Serén pola súa revisión técnica e de estilo, sempre moi precisa. Por conseguinte, o meu máis sincero agradecemento a todos eles por contribuír a esta aventura anual e apaixonante que é, para todos nós, a revista QUINTANA.

    Otros datos estadísticos

    Imágenes

    Artículos más leídos del mismo autor/a

    • Alfredo Vigo Trasancos, España en mapas antiguos. Catálogo de la Colección Rodríguez Torres-Ayuso. Carmen Manso Porto, Real Academia de la Historia. Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado, Madrid, 2021, 2 vols. 747 págs. ISBN 978-84-340-2739-8 , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 21 (2022)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Julio Vázquez Castro, SANTIAGO DE COMPOSTELA EN 1759. LA PROCLAMACIÓN DE CARLOS III EN LA AGUDA PLUMA DEL CURA DE FRUÍME, DIEGO CERNADAS DE CASTRO , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 20 (2021)
    • Alfredo Vigo Trasancos, EDITORIAL , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 20 (2021)
    • Alfredo Vigo Trasancos, La ciudad de los saberes en la edad moderna. Alicia Cámara, Álvaro Molina, Margarita Ana Vázquez Manassero (Eds.), Ediciones Trea, Piedras Angulares, Gijón, 2020. 291 págs. ISBN 978-84-18105-00-5 , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 20 (2021)
    • Alfredo Vigo Trasancos, J. Calatrava y G. Zucconi (Eds.), Orientalismo. Arte y arquitectura entre Granada y Venecia , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Vol. 12 Núm. 12 (2013)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Luís Sazatornil Ruiz, Vidal de la Madrid Álvarez (Coords.): Imago Urbis. Las ciudades españolas vistas por los viajeros (siglos XVI-XIX) , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 19 (2020)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Editorial , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 19 (2020)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Editorial , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 18 (2019)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Editorial , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 17 (2018)
    • Alfredo Vigo Trasancos, EDITORIAL , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 23 (2024)
    << < 1 2 3 > >> 
    Crossref
    Scopus
    Google Scholar
    Europe PMC
    • Registrarse
    • Entrar
    • Idioma / Language / Langage Español
      • English
      • Español
      • Galego
    Descargas | Visualizaciones
    • 360
      555
    Más Leidos
    • El discurso de la mimesis en el Libro X de la República de Platón: similitudes y diferencias con los libros II y III
      142
    • “Sólo para obtener información”: John Ruskin y la arqueología de la arquitectura
      141
    • I LUOGHI DELLA RELIGIOSITÀ E DEI RITI IN UNA VISIONE SOSTENIBILE
      136
    • ORFISMO ENTRE A RELIGIÃO E A ARTE
      135
    • Introducción a la cuarta dimensión y su relación con la obra pictórica de Kazimir Malevich
      134
    INDIZADA EN

    SCOPUS, ESCI, FRANCIS, IBA, BHA, AATA, REGESTA IMPERII... Ver más


         SCImago Journal & Country Rank  

     

    Número actual
    • Logo Atom
    • Logo RSS2
    • Logo RSS1

    Compartir

    Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte

    ISSN 1579-7414 ISSN-e 2340-0005 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
    Contacto principal revistaquintana@gmail.com Contacto de soporte sepinter@usc.es

    Universidad de Santiago de Compostela/ Departamento de Historia del Arte / Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico