<?xml version="1.0" encoding="UTF-8"?>
<?xml-model type="application/xml-dtd" href="http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd"?>
<!DOCTYPE article PUBLIC "-//NLM//DTD JATS (Z39.96) Journal Publishing DTD v1.1d3 20150301//EN" "http://jats.nlm.nih.gov/publishing/1.1d3/JATS-journalpublishing1.dtd">
<article xmlns:ali="http://www.niso.org/schemas/ali/1.0" xmlns:xsi="http://www.w3.org/2001/XMLSchema-instance" xmlns:xlink="http://www.w3.org/1999/xlink" xmlns:mml="http://www.w3.org/1998/Math/MathML" dtd-version="1.1d3" specific-use="1.2" article-type="editorial" xml:lang="gl">
<front>
<journal-meta>
<journal-id journal-id-type="pmc">Quintana</journal-id>
<journal-title-group>
<journal-title specific-use="original" xml:lang="gl">Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte</journal-title>
</journal-title-group>
<issn pub-type="ppub">1579-7414</issn>
<issn pub-type="epub">2340-0005</issn>
<publisher>
<publisher-name>Universidade de Santiago de Compostela</publisher-name>
<publisher-loc>
<country>España</country>
<email>revistaquintana@gmail.com</email>
</publisher-loc>
</publisher>
</journal-meta>
<article-meta>
<article-id pub-id-type="art-access-id" specific-use="pmc">9467</article-id>
<article-id pub-id-type="doi">https://doi.org/10.15304/quintana.22.9467</article-id>
<article-categories>
<subj-group subj-group-type="heading">
<subject>Editorial</subject>
</subj-group>
</article-categories>
<title-group>
<article-title xml:lang="gl">EDITORIAL</article-title>
</title-group>
<contrib-group>
<contrib contrib-type="author" corresp="no">
<contrib-id contrib-id-type="orcid">https://orcid.org/0000-0001-6932-8627</contrib-id>
<name name-style="western">
<surname>Vigo Trasancos</surname>
<given-names>Alfredo</given-names>
</name>
<xref ref-type="aff" rid="aff1">
<sup>1</sup>
</xref>
</contrib>
</contrib-group>
<aff id="aff1">
<label>
<sup>1</sup>
</label>
<institution content-type="original">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<institution content-type="orgname">Universidade de Santiago de Compostela</institution>
<country country="ES">España</country>
</aff>
<pub-date pub-type="epub-ppub">
<season>Enero-Diciembre</season>
<year>2023</year>
</pub-date>
<issue>22</issue>
<permissions>
<copyright-statement>Copyright © Universidad de Santiago de Compostela</copyright-statement>
<copyright-year>2023</copyright-year>
<copyright-holder>Universidad de Santiago de Compostela</copyright-holder>
<ali:free_to_read/>
<license xlink:href="https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">
<ali:license_ref>https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/</ali:license_ref>
<license-p>Artigo en acceso aberto distribuído baixo os termos da licenza Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)</license-p>
</license>
</permissions>
<counts>
<fig-count count="0"/>
<table-count count="0"/>
<equation-count count="0"/>
<ref-count count="0"/>
</counts>
</article-meta>
</front>
<body>
<p>Antes de dar paso a desenvolver os contidos de que consta o número 22 da revista <italic>QUINTANA</italic>, é necesario dar conta dalgunhas cuestións que teñen interese. Unha delas, que fomos incorporados ao <italic>Portal de Revistas Universitarias Españolas</italic>, un proxecto que se desenvolveu co obxectivo de ofrecer, ademais dun potente buscador, unha radiografía detallada, completa e actual das revistas académicas universitarias, mostrando igualmente información sobre as mesmas e os máis destacados indicadores de cada unha delas. Isto fai supoñer, obviamente, que <italic>QUINTANA</italic> terá, como desexamos, unha maior visibilidade pública. Tamén é de destacar o regreso da nosa revista á base de datos <italic>Redalyc</italic>. Xa estivemos incorporados nela hai uns anos, pero o non dispoñer entón do sistema obrigatorio de arquivos con formatos JATS, privounos de poder continuar como era o noso desexo. Agora, pois, reincorporámonos de novo e, esta vez, con vocación de ter unha longa permanencia.</p>
<p>Tamén debemos de indicar que, por distintas razóns, houbo cambios no Comité de Redacción e no Comité Científico. No primeiro, a xubilación do profesor Andrés Rosende Valdés, que levaba no Comité de Redacción desde o inicio da revista e ao que agradecemos desde aquí os seus importantes apoios, levou a que fose substituído pola profesora Carme López Calderón, do Departamento de Historia da Arte da USC, que achegará, sen dúbida, novo zume a <italic>QUINTANA</italic>. En cambio, o falecemento do profesor Delfín Rodríguez Ruiz, foi a causa do nomeamento, como membro do Comité Científico, da profesora Helena Pérez Gallardo, da Universidad Complutense de Madrid, polo que agradecemos a súa aceptación e dámoslle ao mesmo tempo a benvida.</p>
<p>Xa en referencia aos contidos, o <italic>Tema monográfico</italic> elixido para o presente número leva por título "As viaxes de Dédalo: artistas e intercambios culturais". Son cinco os investigadores invitados que abordan o reto desde distintos puntos de vista; así, Beatriz Blasco Esquivias analiza, desde a experiencia que as viaxes proporcionaron aos artistas da Idade Moderna, o impacto dos artífices estranxeiros na renovación da arte cortesán na España do tempo dos Austrias e dos Borbóns. Gerardo Boto Varela aborda, á súa vez, as primicias na recepción da arte da vidreira na Península Ibérica, á luz do achado dun exemplo singular na catedral de Girona. Ana María Fernández García, pola súa banda, estuda o deseño de interiores no Buenos Aires de 1880 a 1930, a través do consumo de mobles europeos e dos seus axentes comerciais. Javier Ibáñez Fernández estuda, en cambio, a figura de Pedro Jalopa, que tivo unha extraordinaria traxectoria e moi decisiva na renovación da arquitectura gótica do século XV. Finalmente, Raúl Romero Medina e Fernando Marías achegan unha visión específica do arquitecto bretón Juan Guas, a través fundamentalmente do estudo dun espazo de memoria singular, como é o caso da capela funeraria que deseña a mediados do século XV na igrexa de San Justo e Pastor de Toledo.</p>
<p>Xa no apartado de <italic>Colaboracións</italic>, como vén sendo habitual, son os propios autores os que libremente elixen os seus temas, polo xeral moi heteroxéneos e referidos a distintos campos da cultura artística. Esta é a relación: Javier Ares Espiño estuda o labor do compositor galego-arxentino Carlos López García-Picos que tivo gran protagonismo na vida musical española tras o seu regreso de Arxentina en 1984; Sofía Balbontín interésase por analizar a experiencia estética do son no espazo; María del Mar Escalas Martín aborda o impacto do Concilio de Trento no retablo da capela de San Pedro da Catedral de Mallorca. Á súa vez, Alberto E. García-Moreno, María José Márquez-Ballesteros e Javier Boned Purkiss reflexionan sobre o tema da habitabilidade, o cinema e o confinamento; María del Carmen Lorenzo Vizcaino estuda a figura de Milagros Porta (1918-1971), unha destacada pedagoga musical coruñesa; Miguel Mesquita Duarte trata de facer ver os paralelismos existentes entre o Atlas de Gerhard Richter (1962-2013) e o Atlas Mnemosyne de Aby Warburg (1924-29); Laura Mier Valerón  establece unha aproximación á piedade mariñeira a través da plástica asturiana contemporánea; María Núñez-González estuda, pola contra, as alcaicerías sevillanas do século XVI, mentres Brianda Otero Moreira faino dos capiteis da Anunciación e do Nacemento na igrexa conventual de San Domingos de Pontevedra. Pola súa banda, Ana Pérez Varela achega novas informacións sobre a figura de dous prateiros composteláns como foron Eduardo Rey Villaverde (†1925) e Santiago Rey Montero (†1941), á vez que Pedro Poyato Sánchez analiza a película Falso culpable de Alfred Hitchcock en relación co seu contexto cultural. Por último, Santiago Rodríguez-Caramés aborda a recepción da obra de Aldo Rossi (1931-1997) na arquitectura galega de finais do século XX. Por tanto, nesta sección ofrécese un percorrido moi aberto que resulta, sen dúbida, interesante.</p>
<p>O apartado <italic>Escritos sobre…</italic> esta vez está dedicado á que foi nosa compañeira, a profesora Ana Goy Diz, catedrática de Historia da Arte na Facultade de Humanidades de Lugo, ao cumprirse agora o primeiro cabodano do seu prematuro falecemento. Elixiuse un texto da súa autoría titulado “Situación de los cascos antiguos: intervenciones en los últimos años” que se publicou no tomo II, do Congreso Ciudades históricas vivas. Ciudades del pasado: pervivencia y desarrollo, que se celebrou en Mérida en 1997. Do seu estudo encárgase o noso compañeiro o profesor Juan Manuel Monterroso Montero que aproveita tamén esta sinalada circunstancia para lembrarnos así mesmo a relevancia da súa figura como investigadora.</p>
<p><italic>Feitos e tendencias</italic>, a través do comentario realizado por Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal, dá conta da exposición titulada <italic>Raniero Fernández. O Arquivo</italic>, que tivo lugar no CGAC, para valorar a figura de tan relevante fotógrafo contemporáneo.</p>
<p>Finalmente, conclúe o número coas seccións dedicadas a <italic>Recensións</italic>, onde se comentan diferentes libros publicados recentemente, e a Erratum, na que se sinalan os erros detectados no número anterior de <italic>QUINTANA</italic> e que conviña corrixir.</p>
<p>Dito isto, como todos os anos desde que a revista iniciouse, quixera expresar o meu agradecemento a todos aqueles que contribuíron a que o número 22 de <italic>QUINTANA</italic> saíse á luz nas mellores condicións. Especialmente aos tres secretarios, Jesús Ángel Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Miguel Anxo Rodríguez González que continúan aumentando traballo e xenerosidade a pesar de que, cada ano increméntanse as esixencias de todo tipo. Merecen tamén destacarse os membros do Comité Científico e de Redacción da revista, os avaliadores anónimos que revisaron a calidade e orixinalidade dos artigos, do mesmo xeito que todos os investigadores invitados que, de maneira moi profesional e brillante, aceptaron contribuír cos seus coñecementos ao Tema monográfico que abre o número. Non quero esquecer ao Departamento de Historia da Arte pola súa axuda financeira e importante apoio, o mesmo que ao director e técnicos do Servizo de Publicacións da nosa Universidade polas súas valiosas indicacións. Un último agradecemento a Xosé Serén pola súa revisión técnica e de estilo, sempre moi precisa. Por conseguinte, o meu máis sincero agradecemento a todos eles por contribuír a esta aventura anual e apaixonante que é, para todos nós, a revista <italic>QUINTANA</italic>.</p>
</body>
</article>