Contenido principal del artículo

  • Ricardo Axeitos Valiño
Ricardo Axeitos Valiño
España
Vol. 26 (2020), Artículos, Páginas 199-221
Recibido: 03-01-2020 Aceptado: 30-04-2020 Publicado: 30-06-2021
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

No Arquivo da Real Academia Galega custódiase o fondo dos Irmáns de la Iglesia. Dentro deste atópanse unhas 36 cartas, dos anos 1856 e 1857 que tratan do proxecto de Antonio de la Iglesia de realizar unha antoloxía de autores galegos. Aínda que este proxecto non chegou a materializarse, é un evidente antecedente da antoloxía que De la Iglesia publicou en 1862 no Album de la Caridad. Mais esta documentación, non só nos achega a este primeiro xerme dos seus traballos como antólogo. Este intercambio epistolar permítenos tamén albiscar como se estaba a difundir a literatura galega nunha época na que apenas contamos cun pequeno feixe de publicacións que só nos deixan supor os pasos que se tiñan que estar a dar cara ao agromar do Rexurdimento pleno que comezaría en 1863 coa aparición de Cantares. Porén, esta documentación demostra que, a pesar do escaso das fontes de información e dos recursos editoriais dos que daquela se dispuña, un grupo de intelectuais estaba a intercambiar información e textos en galego de moi diversos autores e procedencias, se non impresos, polo menos manuscritos, de xeito que textos daquela aínda inéditos, como as cantigas medievais afonsinas ou, especialmente, as coplas de Sarmiento, puidesen ser coñecidos e lidos.

Detalles del artículo