Contido principal do artigo

Aixa Permuy Martínez
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
Biografía
Begoña Cortés Ferro
Instituto de Ensinanza Secundaria “Xulián Magariños”
Biografía
n. 27 (2017): Conflito e convivencia na escola, Trabalhos por convite, páginas 91-106
DOI: https://doi.org/10.15304/ie.27.4333
Recibido: 28-09-2017 Aceito: 11-10-2017 Publicado: 27-10-2017
Direitos de Autor Como Citar

Resumo

 “EmocionadXs” (Permuy, 2013), nomea un proxecto de educación-coeducación das emocións para alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), desenvolto durante tres cursos académicos no Instituto “Xulián Magariños” de Negreira, unha pequena localidade semi rural da provincia de A Coruña.

Neste artigo expóñense algúns dos resultados de dito proxecto, co fin de evidenciar os efectos da educación das emocións nas relacións de convivencia no centro. Así, apoiándose nas testemuñas de persoal docente chave, o estudo manifesta a necesidade e pertinencia de deseñar e implementar accións de carácter socioeducativo, enfocadas á promoción dun desenvolvemento emocional saudable no alumnado.

A investigación confirma que a educación das emocións contribúe a crear oportunidades de aprendizaxe compartida entre a rapazada, a través de experiencias e vivencias motivadoras, emocionantes e significativas; implicando ás persoas, dun xeito explícito, no seu propio proceso de desenvolvemento, tanto persoal como grupal.

Neste senso, para a creación de contextos de convivencia positiva, parece imprescindible ter presentes a dimensión emocional e social do individuo, pero tamén dos grupos.

Como afirmaba Paulo Freire “a Educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo”. Por iso, a transformación social, cara unha cultura de paz, depende en gran medida de aprenderse como suxeito emocional e social, en interacción coas outras persoas e as súas emocionalidades; e por tanto, aprenderse como individuo pensante e sentinte, responsable da propia vida e da vida en comunidade.

“EmocionadXs” (op. cit.) é unha experiencia deseñada e implementada desde o Seminario de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU), do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
plugins.generic.citations.citedby

Detalles do artigo