Profesor de educación básica, exercendo en colexios públicos e escolas-fogar (como a de Cubas en Toledo), onde tivo moito éxito traballando con alumnado con dificultades de aprendizaxe.
Doutor en ciencias da educación pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu a docencia e a investigación na Universidade de Santiago de Compostela (na Área de Didáctica e Organización Escolar) dende os anos setenta, na que estivo a cargo de materias vencelladas coa educación especial, para o que realizou algúns estudos de medicina.
Foi impulsor das xornadas anuais de educación especial e cofundador e membro do Consello Asesor e do Consello de Redacción da revista Innovación Educativa, na que colaborou asiduamente.