Os manuais epistolares e a función da carta: a aprendizaxe da orde social a través das letras.
Main Article Content
Abstract
El Secretario, punto de partida do presente texto, é un exemplo clásico dos epistolarios editados en España, popularizados durante os séculos XIX e XX.
O texto inicíase cunha breve reflexión acerca da función da escritura na historia, para posteriormente sinalar a función que a carta representou nos círculos familiares e burocráticos. O artigo finaliza cunha puntualización sobre o tratamento da urbanidade nos epistolarios, así como acerca da súa función como recurso didáctico na escola.