Contido principal do artigo

Francisco Sóñora Luna
Director de Climántica. Xefe do Departamento de Ciencias Naturais do IES Virxe do Mar. Profesor asociado da Área de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
España
https://orcid.org/0000-0001-8502-4885
Biografía
Emilio Fernández Suárez
Facultade de Ciencias do Mar Universidade de Vigo
España
Biografía
Carlota Barañano Carrión
Facultade de Ciencias do Mar Universidade de Vigo
España
Biografía
Aitor Alonso Méndez
Climántica
España
Biografía
No 29 (2019): Respostas educativas innovadoras ao cambio climático, Traballos por invitación, páxinas 27-43
DOI https://doi.org/10.15304/ie.29.6342
Recibido: 15-10-2019 Aceptado: 19-10-2019 Publicado: 18-11-2019
Copyright Como citar

Resumo

Analízase a situación da pradaría de Zostera nolteii do banco de marisqueo de bivalvos de Testal (Noia), mediante a investigación desenvolvida por escolares, coa dirección de científicos. A finalidade do programa de Ciencia Escolar de Climántica é contribuír ao coñecemento científico mediante a obtención de series de datos útiles para a realización de investigacións de interese a escala local. Neste caso, analizouse a relación existente entre as abundancias de bivalvos de interese comercial e a presenza da fanerógama Zostera nolteii co obxectivo de capacitar aos alumnos para facer ciencia sobre os impactos humanos sobre os servizos ecosistémicos máis relevantes da súa contorna. Con esta colaboración entre Ciencia e Escola, conseguiuse aumentar a competencia científica do alumnado, ao tempo que se realizaron transferencias bidireccionais ciencia – escola no eido da investigación e educación sobre o cambio global.

A actividade que se describe neste traballo ten como obxectivo xeral coñecer a relación existente entre a diversidade de organismos animais do banco do Testal e a presenza e distribución espacial da fanerógama Zostera nolteii, para así entender o seu papel como xeradora de estructura no ecosistema intermareal de sustrato brando. 

Detalles do artigo