Contido principal do artigo

José Enrique Abalo Quintela
EOE (Equipo de Orientación Específico
Spain
Biografía
Núm. 27 (2017): Conflito e convivencia na escola, Traballos por invitación, Páxinas 47-59
https://doi.org/10.15304/ie.27.4318
Recibido: 2017-09-24 Publicado: 2017-10-27
Cómo citar Citado por

Resumo

A conciencia social sobre os problemas de conduta e a convivencia nos centros educativos aumentou significativamente nos últimos anos.  Esta circunstancia provocou que se activasen unha serie de vías formativas, marcos normativos e recursos de apoio aos centros para xestionar adecuadamente esta preocupación. Este artigo analiza un deses recursos de apoio, os equipos de orientación específicos, onde existen profesionais dedicados a colaborar, cos departamentos de orientación dos centros e coa comunidade educativa en xeral, na construción de contornos de ensinanza-aprendizaxe adecuados para posibilitar a aprendizaxe, pois convivencia e aprendizaxe condiciónanse mutuamente.

Comezaremos explicando o rol que está previsto que desempeñe este servizo, describindo o encaixe do mesmo no modelo de orientación deseñado para a Comunidade Autónoma de Galicia: funcións, liñas previstas de intervención, así como os protocolos xerais a seguir.

O núcleo principal do artigo expón os principios nos que inciden as intervencións. Destacando a importancia de colaborar coas institucións escolares na creación de culturas inclusivas, actuacións proactivas e metodoloxías colaborativas e cooperativas como vías eficaces para xerar climas escolares onde se favoreza a comunicación, o respecto mutuo, o diálogo e o protagonismo dos distintos actores que interaccionan neses espazos.

Descargas

Os datos de descarga ainda non están dispoñibles.

Detalles do artigo