plugins.themes.xejournal.article.main

Santiago Rodríguez-Caramés
Universidade de Santiago de Compostela
Espanha
https://orcid.org/0000-0002-4579-0558
n. 34 (2022): Espazos, Dossier
DOI: https://doi.org/10.15304/semata.34.8801
plugins.themes.xejournal.currentIssueSubmitted: 31-10-2022 plugins.themes.xejournal.currentIssueAccepted: 18-01-2023 plugins.themes.xejournal.currentIssuePublished: 08-03-2023
plugins.generic.inlineHtmlGalley.images
Copyright Como Citar plugins.generic.recommendByAuthor.heading plugins.generic.citations.citedby

Resumo

Como figura fundamental para entender o desenvolvemento da arquitectura e o pensamento arquitectónico galegos no último terzo do século XX, a reflexión sobre o territorio en César Portela (Pontevedra, 1937) pode ser rastrexada ao longo de toda a súa carreira. En efecto, este período está caracterizado por un maior debate profesional e unha maior sensibilidade para dar respostas ás problemáticas concretas do país galego emanadas dos modelos de desenvolvemento máis lesivos co seu territorio. Dunha banda, abordarase a creación das novas institucións profesionais nos setenta ou a presenza de mestres como Rossi ou Bar Bóo como influencias nas posicións de Portela, a aplicación de conceptos como a «remodelación análoga» de Rossi ou de perspectivas analíticas e expresivas como a do rexionalismo crítico. Doutro lado, analizaranse diferentes modos da súa «arquitectura do territorio», desde os grandes formatos e a rehabilitación de amplos espazos até as prácticas de restitución do «lugar».