Contenido principal del artículo

Rocío Toxo Asorei
Escola Politécnica Superior Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-5253-0829
Biografía
Ana Isabel García Arias
Departamento de Economía Aplicada Escola Politécnica Superior Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0002-7440-0715
Biografía
Núm. 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible, Artículos
DOI: https://doi.org/10.15304/s.30.5365
Recibido: 23-07-2018 Aceptado: 30-10-2018 Publicado: 20-12-2018
Derechos de autoría Cómo citar

Resumen

A literatura recente sobre migracións rurais en Europa centra o seu interese en coñecer as motivacións da poboación nova para emigrar e as consecuencias que iso ten para o desenvolvemento económico das rexións. Sen embargo, en Galicia existe unha importante carencia de investigacións centradas no éxodo da poboación do rural galego no século XXI, un feito que contrasta cos numerosos estudos realizados sobre a emigración histórica a América e a Europa. Tomando como referencia a clasificación dos concellos galegos segundo o grao e o subgrao de urbanización, realizouse unha caracterización dos movementos migratorios da poboación menor de 35 anos con orixe nas zonas pouco poboadas de Galicia. Desta maneira, preténdese que este artigo contribúa ao coñecemento dos factores que están detrás da forte perda de poboación nas zonas rurais no presente século, aspectos que resultan cruciais para poder afrontar os desafíos formulados polo problema demográfico.

Citado por

Detalles del artículo