@article{Toxo Asorei,_García Arias,_2018, title={Caracterización das migracións no rural galego do século XXI}, url={https://revistas.usc.gal/index.php/semata/article/view/5365}, DOI={10.15304/s.30.5365}, abstractNote={<p class="normal" style="text-align: justify;"><span style="font-size: small;">A literatura recente sobre migracións rurais en Europa centra o seu interese en coñecer as motivacións da poboación nova para emigrar e as consecuencias que iso ten para o desenvolvemento económico das rexións. Sen embargo, en Galicia existe unha importante carencia de investigacións centradas no éxodo da poboación do rural galego no século XXI, un feito que contrasta cos numerosos estudos realizados sobre a emigración histórica a América e a Europa. Tomando como referencia a clasificación dos concellos galegos segundo o grao e o subgrao de urbanización, realizouse unha caracterización dos movementos migratorios da poboación menor de 35 anos con orixe nas zonas pouco poboadas de Galicia. Desta maneira, preténdese que este artigo contribúa ao coñecemento dos factores que están detrás da forte perda de poboación nas zonas rurais no presente século, aspectos que resultan cruciais para poder afrontar os desafíos formulados polo <em>problema demográfico</em>.</span></p&gt;}, number={30}, journal={Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades}, author={Toxo Asorei, , Rocío and García Arias, , Ana Isabel}, year={2018}, month={Dec.} }