Contido principal do artigo

Inês Gusman
IDEGA - Universidade de Santiago de Compostela CEGOT - Universidade do Porto
Portugal
http://orcid.org/0000-0003-0678-3395
Biografía
Rocío Toxo Asorei
Escola Politécnica Superior
España
https://orcid.org/0000-0001-5253-0829
Biografía
No 30 (2018): Bioeconomía y Memoria Ecológica de los Territorios: Transdisciplinariedad para un Futuro Sostenible, Artigos
DOI https://doi.org/10.15304/s.30.5362
Recibido: 23-07-2018 Aceptado: 08-11-2018 Publicado: 20-12-2018
Copyright Como citar

Resumo

Nas últimas décadas, foi aumentando a importancia das estratexias baseadas nos recursos endóxenos como forma de desenvolvemento das áreas rurais, sobre todo aquelas relacionadas co turismo. Así, a posta en valor de Itinerarios Culturais considérase unha ferramenta importante para o posicionamento territorial e o impulso de oportunidades empresariais neses espazos. O Camiño de Santiago, o máis coñecido dos Itinerarios Culturais Europeos nos que participa Galicia, constitúe un instrumento desexado por moitos territorios galegos que enfrontan problemas de perda de poboación e competitividade rural, a pesares de que gran parte dos municipios do interior por onde pasa o Camiño continúan nunha profunda crise económica e demográfica. A través do estudo de caso centrado no municipio de Arzúa, veremos que a integración real de elementos identitarios e recursos locais na estratexia de desenvolvemento turístico vinculado ao Camiño resulta fundamental para que este recurso xere impactos económicos no territorio.

Citado por

Detalles do artigo