1. INTRODUCIÓN
A crise económica xerada pola Covid-19 é un fenómeno global, que afecta a todos os países do mundo, sendo América Latina e o Caribe a zona que sufriu o peor impacto de todas as rexións en desenvolvemento, provocando o peche dunha gran cantidade de pequenas e medianas empresas (pemes) (). Do mesmo xeito, a pandemia golpeou de forma transversal a economía chilena, afectando negativamente a empresas de distintos tamaños, sectores e rexións tanto nos seus procesos produtivos de distribución e vendas, como na demanda destas, de maneira que unha das prioridades da política de defensa da competencia foi apoiar o sector produtivo para adaptarse ás novas condicións económicas xeradas pola crise sanitaria ().
No caso das pemes pertencentes ao sector gastronómico, tiveron unha caída superior ao 40% (), polo que a Asociación Gremial de Gastronomía y Entretención de Chillán (Gayen) e as autoridades rexionais se reuniron para analizar a crise do sector e buscar fórmulas para a súa reactivación (). A industria gastronómica conta coa Asociación Chilena de Gastronomía (ACHIGA), organización que ten como obxectivo principal agrupar os gremios da industria gastronómica de todas as rexións de Chile a fin de fomentar o seu crecemento e desenvolvemento. Ademais, representa os seus asociados ante autoridades públicas e privadas, e infórmaos de novas normas, regulacións e tendencias da industria gastronómica ().
En Chile clasifícanse as pemes segundo a Lei 20.416, que fixa normas especiais para as empresas de menor tamaño. A clasificación de empresas faise segundo o ingreso anual por vendas, servizos e outras actividades do xiro comercial. Entenderase por microempresa aquela con 1 a 9 traballadores, pequena empresa de 10 a 49, mediana empresa de 50 a 199 traballadores e grande empresa aquela que teña contratados 200 traballadores ou máis ().
As empresas constantemente teñen o desafío de ser rendibles para asegurar a súa supervivencia no mercado meta onde desenvolven a súa actividade económica, nunha contorna que se caracteriza por ser volátil, dinámica, incerta e ambigua, por diversos factores de causa-efecto que interveñen na súa rendibilidade (). argumentan que existen factores externos e internos que favorecen a rendibilidade dos negocios, os cales logran a supervivencia das organizacións e ademais potencialas tanto para o seu crecemento como para o reinvestimento.
De acordo coa teoría de recursos e capacidades, o desempeño dunha organización e o logro dos seus obxectivos resultan da eficiencia con que a empresa utiliza os seus activos, habilidades e atributos que posúa, permitindo soster unha vantaxe competitiva (). Desde a perspectiva continxente, e sinalaron que a estrutura dunha organización debe basearse nas condicións ás que se enfronta na súa contorna, polo que, para sobrevivir, hai que adaptarse ás barreiras que esta impón. A contorna, por tanto, ten poder sobre a organización e pode influír na toma de decisións.
A presente investigación ten como obxectivo coñecer, desde a perspectiva da teoría de recursos e capacidades e da teoría da continxencia, os factores que influíron na rendibilidade das pemes do sector gastronómico de Chile, ao ser un dos sectores máis castigados debido á prohibición de abrir os seus negocios polos contaxios derivados da pandemia da Covid-19. O presente artigo está dividido en cinco seccións: 1. Introdución; 2. Revisión da literatura; 3. Metodoloxía; 4. Resultados e discusión; e 5. Conclusións.
2. REVISIÓN DA LITERATURA
2.1. Teoría da continxencia
A visión de continxencia comeza a tomar forma cando se trata de aplicar a teoría administrativa á realidade, cuestionando os resultados da previsibilidade das organizacións pola interrelación co medio ambiente. argumenta que a estratexia é o instrumento do actor para modificar o ambiente e incide na estrutura da organización. De acordo con , a idade, o tamaño e o sistema técnico son as variables de maior impacto dentro do deseño dunha organización. sinalan que o tamaño, a tecnoloxía e o ambiente son factores que impactan no deseño organizacional dunha empresa, mentres que conclúe que son o tamaño e a tecnoloxía. A continuación, desde a perspectiva da teoría da continxencia analizarase en que medida o ambiente, o tamaño e a tecnoloxía inflúen na rendibilidade das organizacións.
2.1.1. Ambiente
As organizacións están expostas a diferentes variables que poden determinar a súa permanencia no tempo e que afectan directamente á súa rendibilidade; é así como a Covid-19 impactou económica e financeiramente nass organizacións. A continxencia foi un fenómeno de carácter mundial que provocou un escenario incerto e que as levou a adaptar novas melloras e estratexias para a supervivencia das súas actividades económicas, ademais de modificar nalgúns casos a estrutura das organizacións. sinalan que existe unha relación fundamental entre a incerteza, a diversidade e a natureza das restricións do medio.
Segundo , as pemes teñen máis inconvenientes para elaborar estratexias que mitiguen as súas carencias estruturais e que lles permitan manterse na competencia. expón que hai empresas que contan con certas características que foron determinantes para adaptarse e vencer situacións adversas, logrando verse fortalecidas con recursos económicos para afrontar calquera situación cambiante na contorna. Cualificou estas empresas como “organizacións resilientes”.
Durante a pandemia, as empresas alemás do sector gastronómico experimentaron unha diminución media da facturación do 90%, facendo uso frecuente dos plans de axuda proporcionados polo Goberno. Máis da metade das empresas enfrontáronse a altos custos operativos e a unha alta carga fiscal. Os requisitos regulamentarios causaron problemas ao 20% das empresas. Só o 7% tivo dificultades para obter suficiente financiamento ou liquidez, e o 7% das empresas sufriron unha diminución nas vendas de 2018 a 2019. O 41% deste tipo de empresas ofreceron servizo de entrega e comida para levar, compensando a prohibición do consumo in situ durante o confinamento, polo que tiveron unha menor diminución nas vendas (). Así mesmo, implementaron medidas para darlle apertura á innovación, á adaptación produtiva, a darlles apoio aos clientes e comunidades, para ser eficientes internamente e para protexer os seus traballadores ().
Un factor importante para o crecemento e sustentabilidade das empresas é a accesibilidade a créditos privados. Moitas veces as pemes atópanse con barreiras para optar a eles. Os bancos privados adoitan outorgarlles créditos a empresas de maior tamaño, apoiándose no seu nivel de ingresos e activos. Isto permite mitigar os riscos destas institucións privadas. Non obstante, as empresas de menor tamaño vense prexudicadas pola falta de información sobre o seu crecemento e pola escasa transparencia dos seus balances contables, que fan difícil calcular o risco. Por isto, este tipo de organizacións teñen máis opcións se optan a financiamentos en bancos públicos (). Segundo , os principais obstáculos para o outorgamento de créditos ás pemes son os requisitos que deben cumprir para seren beneficiarias do crédito, xunto coas taxas máis altas de xuros en comparación coas empresas de maior tamaño, que contan con mellores plans de financiamento.
As decisións que se toman en situacións de crise atópanse vinculadas ás atribucións dos Estados, as cales son reguladas pola Constitución política, que dita as normativas que determinan as estratexias axeitadas. No caso de Chile, establece o rol subsidiario do Estado, que se concreta na focalización do gasto social dirixido aos sectores desfavorecidos ().
No contexto da pandemia, o Goberno de Chile implementou numerosas medidas para o apoio das pemes a través de diferentes programas como, por exemplo, “Dixitaliza a túa Peme”, no cal se daba asistencia técnica cun enfoque cara á dixitalización. Outro programa foi “A túa Empresa en 1 día”, que consistía en reducir a burocracia para a constitución de empresas. Para a cuestión do apoio financeiro, púxose en marcha o Plan de emerxencia, cuxo obxectivo foi manter os ingresos e a liquidez, o que permitiu pactar unha redución temporal da xornada de traballo para mitigar o impacto sobre o emprego. Finalmente, de cara a impulsar a reactivación, implementouse un plan de recuperación chamado “Paso a Paso Chile recupérase”, polo que se concedeu subsidio ao emprego ().
argumentan que as pemes de Colombia, Perú e Chile necesitaron apoio gobernamental e programas de capacitación para acelerar a internacionalización das empresas, especialmente para aquelas dirixidas por empresarios sen experiencia previa no ámbito internacional.
investigaron as pemes de Vietnam para coñecer os factores que determinaron a súa supervivencia en tempos de crise, desde a perspectiva da teoría de continxencia e da teoría baseada en recursos, resultando ser o desempeño financeiro e o acceso ao crédito bancario os factores que impactaron positivamente na súa permanencia. Por outra banda, atoparon que a maioría das MIPEMES de Paquistán se viron gravemente afectadas polos problemas financeiros, pola interrupción da cadea de subministración, a diminución da demanda ou pola redución das vendas e ganancias, entre outros factores, por mor da pandemia.
analizaron o efecto da pandemia nas condicións financeiras e no acceso ao financiamento das pemes de Istambul, en función do seu tamaño. Os achados empíricos mostran que as micro e pequenas empresas presentan maiores dificultades para acceder ao crédito bancario que as medianas e grandes empresas, ademais de ter menos probabilidades de reestruturar a súa débeda, obter nova débeda bancaria e inxectar capital que as grandes empresas durante a pandemia da Covid-19 ().
2.1.2. Tamaño
establecen que a idade e o tamaño son factores que interveñen na sustentabilidade e no crecemento. Para o tamaño está estreitamente asociado cos elementos da estrutura da organización. establecen que as empresas con maior idade e tamaño son máis solventes e teñen maiores reservas para o seu financiamento e reinvestimento. expoñen que canto máis antiga sexa a organización máis formalizado estará o seu comportamento, pois as organizacións novas adoitan definir de forma imprecisa as súas tarefas. establecen na súa investigación que en Chile un 88% das empresas son pemes, e expresan que existe unha relación positiva entre o tamaño e o resultado do negocio, o que lles permite afirmar que o tamaño é unha variable relevante no estudo dos resultados das empresas e que debe ser considerada polos directivos para unha axeitada xestión empresarial.
investigaron os determinantes da rendibilidade das pemes de Ghana, atopando que existe unha relación significativa entre o rendemento e o tipo de propiedade da empresa, e tamén unha conexión positiva entre a antigüidade e o tamaño da empresa, sendo maioritariamente significativa no sector dos servizos. Ademais, atoparron relevantes os principios do enfoque de recursos e de estrutura-conduta-rendemento para explicar as variacións no rendemento das pemes no contexto dun país en desenvolvemento. identificaron que a idade das pemes inflúe na súa orientación cara á sustentabilidade, ademais das estratexias empresariais e do investimento en recursos humanos capacitados.
, na investigación realizada ás pemes do Reino Unido, destacaron a importancia do tamaño da empresa, da idade, da capacidade de xestión e do asesoramento externo para mellorar o acceso ao financiamento; ademais, de que as restricións de política crediticia posterior á crise prexudicaron as empresas máis novas e pequenas. Na investigación de , desde a perspectiva da teoría de continxencia, determinouse que o ambiente e o tamaño foron as variables máis significativas, fronte á tecnoloxía, para xerar a rendibilidade das pemes en Perú, argumentando que os resultados poden variar dependendo do sector ao que pertenzan.
2.1.3. Tecnoloxía
O desenvolvemento de tecnoloxía e innovación vai tomando forza nas empresas, ao ser un factor importante para competir no mercado. As empresas deben esforzarse en realizar melloras tecnolóxicas continuas para garantir estar vixentes nesta contorna cada vez máis exixente nunha globalización da economía. Ademais, deben centrarse en investir economicamente na implementación de innovacións que se axusten ao seu perfil e que contribúan ao crecemento da súa organización (). sinala que a estrutura da organización debe ser continxente coa súa tecnoloxía.
No contexto da pandemia da Covid-19, sinalan que durante a continxencia algunhas pemes mantiveron ou aumentaron a súa rendibilidade, pola capacidade de adaptación e polo axeitado uso da tecnoloxía da información e comunicación. Por outra banda, desenvolveron unha investigación baseada nun programa de asesoramento a pequenas empresas apoiadas polo Estado, modelo replicado dos Estados Unidos. No estudo comprobaron que as empresas que foron integradas neste programa son máis resilientes á continxencia da Covid-19 grazas ao desenvolvemento do factor da innovación, xa que os custos da crise poden atenuarse coas vendas en liña, entregas a domicilio, Internet ou novos produtos. Ademais, dentro destas empresas, as familiares destacan sobre as non familiares.
A través da investigación realizada por , desde a perspectiva da teoría da continxencia, atopouse que a cultura innovadora e a estratexia de diferenciación permiten o alto rendemento das pemes situadas en Vietnam. Por outra banda, destacaron a importancia do rendemento económico como base e obxectivo último da supervivencia das pemes chinesas, sinalando que a innovación se relaciona positivamente co rendemento social e ambiental, mentres que o investimento en I+D pode mellorar o rendemento económico. Ademais, indicaron que a idade da empresa e o tipo de propiedade moderan a relación entre a innovación e o rendemento económico.
, no seu estudo da industria gastronómica, sinálannos que as empresas familiares adoptaron mellores medidas para enfrontarse á crise pola Covid-19, implementando melloras tecnolóxicas para a venda online. Todas as empresas deben adaptar novas formas de chegar aos clientes de maneira innovadora. Neste sentido, máis da metade das pemes vían como unha prioridade mellorar a eficiencia operativa a través da Internet, da automatización dos procesos e da robótica. Desde entón, esta tendencia non fixo máis que acelerarse, incluso antes dos drásticos cambios producidos pola pandemia da Covid-19 ().
2.2. Teoría de recursos e capacidades
sinalan que a teoría de recursos e capacidades e a estrutura-conduta-rendemento reveláronse como marcos teóricos relevantes para explicar as diferenzas no rendemento financeiro das pemes, o que suxire a importancia de considerar tanto os factores internos da empresa como a contorna ao analizar o seu desempeño e tomar decisións de xerencia futuras. Por recursos da empresa debe entenderse todos os activos, capacidades, procesos, coñecementos etc. que explican o seu crecemento e as vantaxes competitivas sostibles (). Por outra banda, argumentan que as teorías da dependencia de recursos, de redes e de continxencia axudan a explicar como as variables do contexto externo lles dan forma aos procesos de implementación.
Un factor relevante para afrontar un panorama competitivo é a aplicación do coñecemento e a información, xerando condicionantes claves para a rendibilidade e a sustentabilidade das pemes (). Mediante a análise de recursos e capacidades identifícanse as fortalezas e debilidades dunha organización e, con base nelas, pódense explotar as oportunidades e neutralizar as ameazas, constituíndose nunha fonte de vantaxe competitiva (). Por outra banda, expoñen que os factores económicos, as características do empresario (idade e experiencia) e os incentivos gobernamentais son determinantes no crecemento das empresas. O desempeño dunha organización e o logro dos seus obxectivos resultan da estratexia e da estrutura que elixen os que toman decisións na organización. De acordo con , as organizacións deben establecer estratexias e tomar decisións que logren controlar factores externos relativos á contorna sectorial, como competidores, clientes, provedores, demanda ou melloras tecnolóxicas.
A estrutura financeira orixínase na combinación de recursos, xa sexan internos ou externos. Todas as entidades toman decisións sobre a súa postura financeira, sendo o seu obxectivo principal a rendibilidade (). Como sinala , as pemes teñen un rol protagonista na economía mundial, xeran empregos e achegan riqueza ao seu país. Por iso, para sosterse no mercado deben desenvolver estratexias competitivas, baseadas en factores internos e externos, para así sobrevivir e competir nun mercado cada vez máis exixente. Existe evidencia empírica respecto da relación entre a planificación estratéxica e o éxito competitivo daquelas pemes que planean estratexicamente, innovan nos seus procesos, produtos e xestión, e teñen un nivel tecnolóxico superior en relación cos demais competidores do seu sector.
expóñennos que algunhas empresas se viron obrigadas a pechar as súas portas debido á pandemia da Covid-19. Así e todo, un gran número destas foron resilientes e sobreviviron grazas á súa propia liquidez e á organización de recursos e capacidades, logrando afrontar a crise e evitar a súa extinción. As empresas que resistiron foron as que mellor responderon ante as continxencias da contorna.
atoparon que as pemes competitivas e eficientes de Costa Rica presentan unha distribución homoxénea de recursos e capacidades. Atópase unha correlación positiva entre a innovación e a eficiencia competitiva e entre a antigüidade do negocio e a innovación, así como entre a innovación e o tamaño do negocio en termos de número de empregados. sinalan que a crise de liquidez e as habilidades técnicas inadecuadas dos empregados son as barreiras máis importantes para a resiliencia das MIPEMES durante a Covid-19.
estudaron como mellorar o desempeño sostible das pemes en Palestina, a través da evidencia empírica cunha mostra de 380 empresas, e atoparon o importante que é o capital humano competente, a flexibilidade estratéxica e a comprensión da contorna turbulenta como ferramentas esenciais en mercados competitivos e axitados. Na investigación de , usando un enfoque cuantitativo nunha mostra de 219 pemes de Italia, destacaron a xestión do coñecemento, as actividades de innovación exploratoria e os sistemas de medición do desempeño, como puntos claves para mellorar a toma de decisións, a sustentabilidade e a rendibilidade das empresas.
Os achados da investigación de evidenciaron que a orientación á aprendizaxe afectou significativamente no rendemento das pemes en Paquistán, polo que suxiren adoptar estratexias baseadas en recursos, como capacidades e coñecementos, para que as empresas compitan eficazmente en contornas cambiantes e logren mellorar a súa competitividade e supervivencia. atoparon que os directivos das pequenas empresas orientadas ao servizo de Chile, Colombia e Nova Zelandia que posuían capacidades dinámicas facilitaban a súa evolución dos seus modelos de negocio e melloraban o seu rendemento. Na investigación de , constatouse que as pemes do sector agroalimentario teñen máis probabilidades de sobrevivir se están dirixidas por mulleres.
atoparon evidencia empírica que apoia unha correlación significativa entre a competencia e habilidades axeitadas dos directivos e o rendemento financeiro das pemes italianas. Os achados da investigación realizada por a pemes de Arabia Saudita evidenciaron que o tamaño da empresa, a experiencia do xerente, a capacitación, o financiamento e as relacións de rede teñen unha relación significativa co crecemento da empresa. Con todo, outros factores como a educación e a idade da empresa non mostraron tal relación significativa, polo que suxire que os directivos necesitan recibir capacitacións relacionadas co negocio.
Estudar os factores que inflúen na rendibilidade das pemes do sector gastronómico durante a pandemia da Covid-19 permitirá comprender os impactos positivos e negativos que afrontan este tipo de empresas durante unha crise.
A partir da literatura científica realizada, a hipótese desta investigación é a seguinte: os factores relacionados co ambiente, tamaño, tecnoloxía, idade, coñecementos e recursos humanos son os que influíron significativamente na rendibilidade das pemes durante a pandemia da Covid-19.
3. METODOLOXÍA
3.1. Selección da mostra
A poboación obxecto de estudo foron os propietarios e propietarias das Pequenas e Medianas Empresas (pemes) do sector gastronómico da cidade de Chillán, Chile.
A base de datos das empresas foi obtida directamente do municipio da cidade de Chillán, a cal contiña un total de 714 empresas rexistradas. Os criterios de inclusión na poboación foron:
-
- Que declarasen como actividade económica o título gastronómico, xiro de restaurante.
-
- Que estivesen situadas no raio urbano da cidade de Chillán.
-
- Que se mantivesen activas durante o período da pandemia (anos 2020 e 2021).
-
- Que tivesen vendas anuais entre 2.400 UF e 100.000 UF (70.000 USD a 2.900.000 USD).
Con base nos criterios anteriormente sinalados, quedaron un total de 131 empresas, as cales constituíron a poboación deste estudo. Para determinar o tamaño da mostra considerouse un nivel de confianza do 90% e unha marxe de erro do 8%, quedando un total de 59 empresas. Con todo, a enquisa foi enviada por correo electrónico á poboación total, e aplicada presencialmente a aqueles cos que non foi posible contactar por e-mail, ata obter a cantidade de respostas necesarias para alcanzar o tamaño da mostra, polo que se trata dunha mostra por conveniencia.
O instrumento utilizado para a recolección da información foi unha enquisa, validada por profesores da Universidade do Bío-Bío de Chile e da Universidade ESAN de Perú, constituída por 15 preguntas, pechadas e de opción múltiple.
3.2. O modelo
Para estudar como lle afectan as variables independentes á probabilidade de que o rendemento diminúa, definiuse o seguinte modelo por Hair et al. (1999).
Onde P é a probabilidade de que o rendemento permaneza igual e aumente, “xij” son as variables independentes, u os residuos e βj os coeficientes estimados do efecto marxinal de cada x en . No Anexo 1 preséntanse as variables utilizadas para o modelo. Se se substitúen as variables independentes, a ecuación queda expresada da seguinte forma:
Os factores aliñados á teoría da continxencia son o ambiente, o tamaño e a tecnoloxía. Para o factor ambiente ocupáronse as seguintes variables: despedimentos, vendas (impacvendas), custos (impacustos), problemas xerais (problexral), problemas financeiros (problefinan) e as decisións que implementaron as pemes. En relación ao factor tamaño as variables foron: tamaño e antigüidade. Con respecto ao tamaño cabe sinalar que en Chile son consideradas pemes as empresas que teñen vendas anuais entre as 2.400 e as 100.000 UF (Unidade de Fomento, un valor monetario creado en Chile; como referencia 1 UF equivale a 29,17 dólares americanos, valor ao día 07-09-2024). No concernente á tecnoloxía foron: cambios tecnolóxicos (Cambiostec) e medidas que se utilizaron (MediTecno). Con respecto á teoría de recursos e capacidades, engadíronse as variables de educación, como o nivel educativo (niveduc) e título profesional (Títuloprof), idade do propietario da empresa (Idade) e Recursos humanos (Rechuman).
4. RESULTADOS
Descríbense a continuación as características de cada unha das variables analizadas na investigación. A variable dependente é o rendemento, conformado por dous grupos: no grupo 1 atópanse as empresas que diminuíron o seu rendemento e no grupo 2, as empresas que o mantiveron ou aumentaron. Doutra banda, as variables independentes dividíronse en seis categorías: ambiente, tamaño, tecnoloxía, idade, coñecementos e recursos humanos. No factor ambiente atópase: despedimentos, ingresos, custos, problemas, problemas financeiros e decisións. No factor tamaño: tamaño e antigüidade. Factor tecnoloxía: cambios tecnolóxicos e medidas tecnolóxicas. No factor idade: idade. No factor coñecementos: nivel educacional e título profesional.
4.1. Factor Ambiente
4.1.1. Despedimentos
Na Táboa 1 resáltase unha maior presenza de empresas dos grupos 1 e 2 que optaron por despedir entre 1 e 3 traballadores, con maior proporción de empregados despedidos no grupo 2 (50%) en comparación co grupo 1 (39,53%).
4.1.2. Ingresos (vendas)
Na Táboa 2 nótase que no grupo 1 se rexistrou unha proporción máis alta de empresas que experimentaron nos seus ingresos unha diminución maior do 20% (93,02%), en contraste co grupo 2, onde a proporción máis alta estivo nas empresas que tiveron unha diminución dos seus ingresos maior do 20% (31,25%) e menor ou igual do 10% (31,25%).
4.1.3. Custos
Na Táboa 3 obsérvase que tanto no grupo 1 como no grupo 2 ningunha empresa reduciu os seus custos; pola contra, no 100% das empresas de ambos os grupos os custos aumentaron ou mantivéronse estables. No grupo 1, a maioría das empresas experimentaron un aumento nos seus custos menor ou igual do 10% (37,21%); mentres que no grupo 2, a maior proporción de empresas (50%) aumentaron os seus custos entre 10% e 20%.
A relación entre as variables despedimentos e custos está relacionada coa resposta das empresas do sector gastronómico ao considerar unha postura activa fronte a unha contorna de crise; por iso tivéronse que asumir custos fixos asociados ás indemnizacións do persoal, á necesidade de investir en tecnoloxía para substituír a man de obra despedida, implementar as vendas online ou asumir un aumento nos custos operativos debido á reestruturación interna, como o novo proceso de adquisición de custos variables tales como insumos ou materias primas, ademais do custo financeiro implícito no nivel de endebedamento (Táboa 5). Isto suxire que os despedimentos non sempre implican unha redución inmediata ou significativa do custo operativo, baixo un acontecemento incerto como durante a pandemia, que conseguise transformar o negocio e asegurar a súa sustentabilidade.
4.1.4. Problemas
Na Táboa 4 nótase que todas as empresas tanto do grupo 1 como do grupo 2 afrontaron desafíos durante a pandemia. No grupo 1, as empresas experimentaron 6 problemas, mentres que no grupo 2 tiveron 5 problemas. O principal problema que afrontaron estas empresas en ambos os grupos estivo vinculado á redución de ingresos debido á diminución de clientes, sendo maior no grupo 1 (90,70%) en comparación co grupo 2 (81,25%).
4.1.5. Problemas financeiros
Na Táboa 5 obsérvase que a maioría das empresas tanto do grupo 1 como do grupo 2 tiveron 5 dificultades financeiras durante a pandemia. Principalmente, ambos os grupos afrontaron problemas por alto nivel de endebedamento, en maior medida para o grupo 2 (43,75%) en comparación co grupo 1 (39,53%).
4.1.6. Decisións
Na Táboa 6 nótase que tanto as empresas do grupo 1 como do grupo 2 tomaron un total de polo menos 8 decisións. En ambos os grupos, a decisión máis comunmente tomada pola maioría das empresas foi solicitarlle axuda económica ao Goberno, con maior predominio no grupo 2 (87,50%) en comparación co grupo 1 (81,40%).
4.2. Factor Tamaño
4.2.1. Tamaño
Na Táboa 7 nótase que tanto no grupo 2 como no grupo 1 as empresas predominantemente foron pequenas, sendo o grupo 1 o que mostrou unha proporción máis alta destas empresas (86,05%), en comparación co grupo 2 (81,25%).
4.2.2. Antigüidade
Na Táboa 8 obsérvase que tanto no grupo 2 como no grupo 1 a maioría das empresas tiveron menos de 10 anos desde o seu inicio de operacións, destacando o grupo 1 por ter unha proporción máis elevada de empresas con ese perfil (65,12%), en comparación co grupo 2 (62,50%).
4.3. Factor Tecnoloxía
4.3.1. Cambios tecnolóxicos
Na Táboa 9 evidénciase que no grupo 1 e no grupo 2 as empresas tomaron polo menos 6 medidas para facerlle fronte á competencia durante a pandemia. En ambos os grupos, a medida máis comunmente adoptada foi a venda por Internet, con maior predominio no grupo 1 (76,74%) respecto do grupo 2 (68,75%).
4.3.2. Medidas tecnolóxicas
Na Táboa 10 obsérvase que no grupo 1 e grupo 2 a maioría das empresas optaron por realizar vendas por Internet e/ou plataformas dixitais TIC, con maior predominio no grupo 2 (56,25 %) en comparación co grupo 1 (48,84%). Tamén se observa que no grupo 1 se implementaron un total de 4 medidas, mentres que no grupo 2 este número foi de polo menos 4.
4.4. Factor Idade
Na Táboa 11 obsérvase que no grupo 1 a maioría das empresas estiveron conformadas por propietarios con idades entre 36 a 45 anos (58,14%), en contraste co grupo 2, onde as empresas tiveron propietarios maiormente con idades entre 46 a 55 anos (50%).
4.5. Factor Coñecementos
4.5.1. Nivel educativo
Na Táboa 12 móstrase que no grupo 1 e no grupo 2 houbo unha maior proporción de empresas cuxos donos completaron a educación media, destacándose unha proporción maior no grupo 1 (32,56%) en comparación co grupo 2 (25%).
4.5.2. Título profesional
A Táboa 13 mostra que tanto no grupo 1 como no grupo 2 houbo unha maior predominancia de empresas cuxos propietarios non tiñan títulos profesionais relacionados coa área de ciencias empresariais, cunha proporción máis alta no grupo 1 (93,02%) en comparación co grupo 2 (81,25%).
4.6. Factor Recursos Humanos
Na Táboa 14 pódese notar que no grupo 1 e no grupo 2 as empresas adoptaron un total de 4 medidas. En ambos os grupos obsérvase que a medida máis frecuentemente adoptada foi a diminución da xornada de traballo, con maior proporción de empresas situadas no grupo 1 (67,44%) en comparación co grupo 2 (62,50%).
4.7. Análise do modelo
No modelo de regresión loxística binaria, a variable dependente foi o rendemento da empresa, codificada en SPSS como 0 se o rendemento diminuíu, e como 1 se o rendemento da empresa permaneceu igual ou aumentou. SPSS modelou a categoría 1, é dicir, a probabilidade de que o rendemento permaneza igual ou aumente, en función das variables independentes listadas a continuación, cuxos valores se codificaron da seguinte maneira.
Con estas variables axustouse o modelo de regresión loxística binaria excluíndo as variables explicativas, onde se observou unha clasificación correcta do 72,90%, tal e como se observa na Táboa 16.
Observada | Prognosticada | |||
---|---|---|---|---|
Rendemento | Porcentaxe correcto | |||
Grupo 01 | Grupo 02 | |||
Rendemento | Grupo 01 | 43 | 0 | 100 |
Grupo 02 | 16 | 0 | 0 | |
Porcentaxe global | 72,90 |
Na Táboa 17 preséntanse os estatísticos R2 de Cox e Snell cun valor de 0,30, o que significa que o 30% da variación da variable dependente se explica polas variables incluídas no modelo. O R2 de Negelkerke é unha versión corrixida do R2 de Cox e Snell, e que no noso modelo adquire un valor de 0,43, é dicir, que as variables independentes explican o 43% das diferenzas entre as empresas que diminuíron o seu rendemento (grupo 1) e as que o aumentaron (grupo 2).
Paso | Logaritmo da verosimilitude -2 | R cadrado de Cox e Snell | R cadrado de Nagelkerke |
---|---|---|---|
1 | 48,28a | 0,30 | 0,43 |
Un dos indicadores utilizados no modelo de regresión loxística é a construción dunha Táboa de 2x2, onde se comparan os valores observados cos prognosticados polo modelo. Na Táboa 18 obsérvase que o modelo con 14 variables explicativas logrou unha clasificación correcta do 83,10%, mentres que na Táboa 15 se observou que o modelo, sen considerar as variables explicativas, alcanzou unha clasificación correcta do 72,90%. Isto significa que a incorporación das variables explicativas causou un aumento do 10,20% na precisión da clasificación.
Observada | Prognosticada | |||
---|---|---|---|---|
Rendemento | Porcentaxe correcto | |||
Grupo 01 | Grupo 02 | |||
Rendemento | Grupo 01 | 40 | 3 | 93 |
Grupo 02 | 7 | 9 | 56,30 | |
Porcentaxe global | 83,10 |
Na Táboa 19 detállase a estimación dos parámetros do modelo que incorpora todas as variables analizadas no estudo. Obsérvase que, das 14 variables explicativas consideradas, ningunha mostrou efectos significativos no rendemento da empresa. Ademais, as variables de vendas e custos mantivéronse constantes, polo que se omitiron no modelo. É dicir, as vendas só mostraron unha diminución, mentres que os custos aumentaron ou se mantiveron estables.
4.8. O modelo óptimo
O modelo de regresión loxística volveuse analizar, esta vez utilizando o método de selección de variables cara adiante de Wald, no cal se contrasta a entrada de variables explicativas ao modelo baseándose na significación do estatístico de puntuación e contrasta a eliminación destas variables explicativas baseándose na probabilidade do estatístico de Wald. O estatístico de Wald exprésase da seguinte forma.
Segundo a táboa da porcentaxe de clasificación correcta, logrouse un índice de 78%. Na Táboa 20 preséntanse os coeficientes de determinación R2 de Cox e Snell cun valor de 0,17, o que indica que o 17% da variación na variable dependente se explica polas variables do modelo. Ademais, o coeficiente de determinación R2 de Negelkerke ten un valor de 0,24, sinalando que as variables independentes explican o 24% da diferenza entre as empresas do grupo 1 e do grupo 2.
Paso | Logaritmo da verosimilitude -2 | R cadrado de Cox e Snell | R cadrado de Nagelkerke |
---|---|---|---|
1 | 58,11a | 0,17 | 0,24 |
A análise da proba de Hosmer-Lemeshow (Táboa 21) evidenciou un valor p de 0,30, indicando que non se atopou unha discrepancia significativa entre as frecuencias observadas e as esperadas conforme ás probabilidades preditas polo modelo de regresión loxística. Noutras palabras, este modelo axustouse satisfactoriamente aos datos.
Tamén se calculou a porcentaxe de clasificación correcta partindo dun modelo onde non se consideraron variables explicativas e cuxa clasificación correcta foi do 72,90% (Táboa 15). Ao incorporar as dúas variables explicativas no modelo óptimo, alcanzouse unha clasificación correcta do 78% (Táboa 22). É dicir, a inclusión destas dúas variables explicativas introduciu unha mellora do 5,10% na precisión da clasificación.
Observada | Prognosticada | |||
---|---|---|---|---|
Rendemento | Porcentaxe correcta | |||
Grupo 01 | Grupo 02 | |||
Rendemento | Grupo 01 | 39 | 4 | 90,70 |
Grupo 02 | 9 | 7 | 43,80 | |
Porcentaxe global | 78 |
Na Táboa 23 preséntanse os parámetros estimados no modelo óptimo. Os resultados indican que os despedimentos e a toma de decisións inflúen no rendemento das empresas. En concreto, o exp(β) de despedimentos igual a 1,65 significa que a vantaxe das empresas de pertencer ao grupo 2 é 5,22 veces maior cando o despedimento de traballadores é menor ou igual a tres traballadores, en comparación con aquelas empresas que despiden 4 ou máis traballadores. Así mesmo, o exp(β) de decisións igual a -0,71 significa que a vantaxe das empresas de pertencer ao grupo 2 é 0,49 veces menor por cada unidade adicional de decisións adoptada, en comparación con aquelas empresas que adoptan un número de decisións inferior nunha unidade.
5. DISCUSIÓN
Na Táboa 23 pódese observar que unicamente dúas variables resultaron significativas, despedimentos e decisións, ambas as dúas correspondentes ao factor ambiente. As empresas do grupo 2, que mantiveron ou aumentaron o seu rendemento, foron aquelas que tiñan menos despedimentos de traballadores (Táboa 1), medida implementada na investigación de .
No que respecta a cada decisión adicional que sostivo a empresa, tivo un 49% de menor probabilidade de pertencer ao grupo 2, o cal se pode ver reflectido na Táboa 7 na opción de solicitarlle axuda económica ao Goberno, sendo esta a que resultou cunha maior porcentaxe. Tal resultado aseméllase á investigación de e á de .
sinalan que é importante para as pemes considerar os factores internos e a contorna ao analizar o seu desempeño e á hora de tomar decisións de xerencia futuras. Así mesmo, argumenta que a estratexia é unha ferramenta do actor para modificar o ambiente e incide na estrutura da organización. Para , o enfoque de recursos e capacidades permite identificar fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas para as pemes, e constituír unha fonte de vantaxe competitiva.
6. CONCLUSIÓNS
O liderado na dirección dos recursos humanos da industria gastronómica ten unha relación positiva coa rendibilidade da empresa, como se constatou nos resultados. Tamén se constatou que cantos menos despedimentos se realizaban a rendibilidade mantíñase ou aumentaba durante a pandemia da Covid-19. Así mesmo, os programas de apoio do Goberno foron fundamentais para a supervivencia e a rendibilidade das pemes do sector gastronómico de Chile.
Os achados desta investigación contribúen á literatura ao recoñecer o elemento humano como un recurso valioso e as decisións oportunas para xerar a rendibilidade das pemes do sector gastronómico nun contexto continxente. Desde a perspectiva da teoría de continxencia, os factores tamaño e tecnoloxía non influíron significativamente na rendibilidade deste tipo de empresas. Mediante o enfoque de recursos e capacidades, obsérvase que o factor humano é unha peza clave no desenvolvemento da súa capacidade de innovación e na consecución de vantaxes competitivas.
A limitación do noso estudo radica en considerar unicamente o sector gastronómico, polo que se poderían abordar outros sectores e observar se existen similitudes ou diferenzas nos resultados que permitan buscar unha explicación.
A investigación é de utilidade para os académicos porque pon en consideración un estudo cuantitativo que sustenta a necesidade de seguir explorando os efectos da pandemia na xestión das pemes do sector gastronómico. En canto aos xerentes, examínase a revisión doutras variables para tomar decisións, considerando que o ambiente é cambiante baixo o ámbito interno e externo, e que afecta á rendibilidade, á calidade e aos recursos humanos da peme.
No ámbito empresarial, pódense construír para o futuro relacións causa-efecto mediante modelos cuantitativos que relacionen ambas as teorías (continxente e de recursos e capacidades) e que poidan moderarse polas variables presentadas no estudo realizado.
Desde as teorías consideradas neste estudo, proponse analizar os factores que inciden na rendibilidade das pemes, cun enfoque de xénero, para coñecer a probabilidade de supervivencia fronte a un panorama continxente.
Agradecementos
Os autores agradecen aos revisores anónimos os seus valiosos comentarios, que contribuíron significativamente a mellorar o artigo.
Contribución dos autores
Conceptualización, A. H. e E. R.; Metodoloxía A. H. e E. R.; Software, A. H. e F. E. B.; Adquisición de datos, C. I. C. e N. A. C.; Análise e interpretación, A. H., E. R., M. C. e F. E. B.; Redacción- Preparación do borrador, A. H., E. R., M. C. e F. E. B.; Redacción-Revisión & Edición, A. H., E. R., M. C. e F. E. B. Todos os autores leron e están de acordo coa versión publicada do manuscrito.
REFERENCIAS
1
Acevedo, J., Diaz-Molina, I., Johan, S., & Valenzuela, P. (2023). Business advisory services and innovation during crises: Evidence from small businesses in Chile. Journal of Business Research, 168, 114202. https://doi.org/10.1016/J.JBUSRES.2023.114202
2
Achiga. (2011). QUIENES SOMOS - Achiga. Achiga (Asociación Chilena de Gastronomía). https://www.achiga.cl/sobreachiga/
3
Ahinful, G. S., Boakye, J. D., & Osei Bempah, N. D. (2023). Determinants of SMEs’ financial performance: evidence from an emerging economy. Journal of Small Business & Entrepreneurship, 35(3), 362–386. https://doi.org/10.1080/08276331.2021.1885247
4
Almanza, R., Calderón, P., & Vargas, J. (2019). Los factores internos de las Pymes y su influencia en la competitividad (Caso sector comercio en Lázaro Cárdenas Michoacán). Revista de Derecho, Empresa y Sociedad, 15, 247-262. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7468242
5
Alonso-Ubieta, S., Mora-Esquivel, R., & Leiva, J. C. (2020). The competitive efficiency of Costa Rican small and medium-sized businesses: a data envelopment analysis approach. Competitiveness Review, 31(3), 420–438. https://doi.org/10.1108/CR-12-2019-0142
6
Arancibia, C., & Soto, M. (2022). Análisis de los emprendimientos familiars gastronómicos en el contexto de pandemia. El caso de la ciudad de Quillota, Chile. Brazilian Journal of Business, 4(2), 709-723. https://doi.org/10.34140/bjbv4n2-008
7
Barney, Jay B. (1991): Firm resources and sustained competitive advantage, Journal of Management, 17(1), 99-120. https://josephmahoney.web.illinois.edu/BA545_Fall%202022/Barney%20(1991).pdf
8
Blázquez, F., Dorta, J. A., & Verona, M. C. (2006). Factores del crecimiento empresarial: Especial referencia a las pequeñas y medianas empresas. Innovar, 16(28), 43–56. http://www.scielo.org.co/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0121-50512006000200003
9
Broccardo, L., Truant, E., & Dana, L.-P. (2023). The sustainability orientation in the wine industry: An analysis based on age as a driver. Corporate Social Responsibility and Environmental Management, 30(3), 1300–1313. https://doi.org/10.1002/csr.2420
11
Cardemil, M. (2022). Las mipymes chilenas en el 2022. Serie Minutas Nº 25-22. Biblioteca del Congreso Nacional de Chile. https://obtienearchivo.bcn.cl/obtienearchivo?id=repositorio/10221/33318/1/N_25_22_Las_mipymes_chilenas_en_el_2022.pdf
12
Cardoni, A., Zanin, F., Corazza, G., & Paradisi, A. (2020). Knowledge Management and Performance Measurement Systems for SMEs’ Economic Sustainability. Sustainability, 12(7), 2594. https://doi.org/10.3390/su12072594
13
CEPAL (2021). Elementos para la innovación de las políticas dirigidas a las MIPYMES y para la defensa de la competencia a la luz de los desafíos impuestos por la pandemia y la recuperación económica. https://repositorio.cepal.org/bitstream/handle/11362/46735/1/S2100112_es.pdf
14
Child, J., y Mansfield, R. (1972). Technology, Size, and Organization Structure. Sociology, 6(3), 369–393. https://doi.org/10.1177/003803857200600304
15
Contreras, N. P., & Díaz, E. D. (2015). Estructura financiera y rentabilidad: origen, teorías y definiciones. Revista de Investigación Valor Contable, 2(1). https://www.semanticscholar.org/paper/Estructura-financiera-y-rentabilidad%3A-origen%2C-y-Salluca-Correa/fdcf229900c0118dd5647051d891e7f8a8b18c3f
16
Cooperativa. (2021). Gremio gastronómico de Chillán pide salir de Cuarentena: “Necesitamos trabajar, tenemos deudas que pagar”. https://cooperativa.cl/noticias/pais/region-de-nuble/gremio-gastronomico-dechillan-pide-salir-de-cuarentena-necesitamos/2021-04-24/142523.html
17
18
Dwikat, S. Y., Arshad, D., & Mohd Shariff, M. N. (2023). Effect of Competent Human Capital, Strategic Flexibility and Turbulent Environment on Sustainable Performance of SMEs in Manufacturing Industries in Palestine. Sustainability, 15(6). https://doi.org/10.3390/su15064781
19
Estrada, R., García, D., & Sánchez, V. G. (2009). Factores determinantes del éxito competitivo en la Pyme: Estudio Empírico en México. Revista Venezolana de Gerencia, 14(46), 169–182. https://ve.scielo.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1315-99842009000200002
20
Felzensztein, C., Crick, D., Gonzalez-Perez, M. A., Jurado, T., & Etchebarne Lopez, M. S. (2020). Capabilities and the internationalisation of smaller-sized, service-oriented firms in the southern hemisphere. Journal of Strategic Marketing, 30(6), 533–561. https://doi.org/10.1080/0965254X.2020.1815235
21
Felzensztein, C., Saridakis, G., Idris, B., & Elizondo, G. P. (2022). Do economic freedom, business experience, and firm size affect internationalization speed? Evidence from small firms in Chile, Colombia, and Peru. Journal of International Entrepreneurship, 20(1), 115–156. https://doi.org/10.1007/s10843-021-00303-w
22
Ferraro, C. A., Goldstein, E., Zuleta J., L. A., & Garrido, C. (2011). Eliminando barreras: el financiamiento a las PYMES en América Latina. CEPAL. https://repositorio.cepal.org/items/58d20e9c-9fa0-45ee-834c-49514332f320
23
Ford, J. D., y Slocum, J. W. (1977). Size, Technology, Environment and the Structure of Organizations. The Academy of Management Review, 2(4), 561–575. https://doi.org/10.2307/257509
24
García-Contreras, R., Valle-Cruz, D., & Canales-García, R. A. (2021). Selección organizacional: resiliencia y desempeño de las Pymes en la era de la COVID-19. Estudios gerenciales, 37(158), 73–84. https://doi.org/10.18046/j.estger.2021.158.4291
25
Gupta, A. y Kumar S. R. (2023). Managing resilience of micro, small and medium enterprises (MSMEs) during COVID-19: analysis of barriers. Benchmarking: An International Journal, 30(6), 2062-2084. https://doi.org/10.1108/BIJ-11-2021-0700
26
Gur, N.; Babacan, M.; Faruk Aysan, A.; Suleyman, S. (2023) Firm Size and Financing Behavior during COVID-19 Pandemic: Evidence from SMEs in Istanbul. Borsa Istanbul Review, 13 (4), 804-817. https://sciencedirect.esan.elogim.com/science/article/pii/S2214845023000352
27
Hai, N. M., Minh-Tu, L., & Dung, N. D. (2023). Survival of SMEs: business environment, financial performance, bank credit, and accounting errors. Macroeconomics and Finance in Emerging Market Economies, 1-18. https://doi.org/10.1080/17520843.2023.2238993
28
29
Heredia, A. y Dini, M. (2021). Análisis de las políticas de apoyo a las pymes para enfrentar la pandemia de COVID-19 en América Latina, Documentos de Proyectos (LC/TS.2021/29), Santiago, Comisión Económica para América Latina y el Caribe. https://repositorio.cepal.org/server/api/core/bitstreams/80534966-a18e-49c4-bbdc-c53021bbaebf/content
30
Hernández, A., & Cáceda, M. (2024). Factores que influyen en la rentabilidad de las Micro y Pequeñas Empresas en tiempos de contingencia. Revista De Métodos Cuantitativos Para La Economía Y La Empresa, 1–23. https://doi.org/10.46661/rev.metodoscuant.econ.empresa.7796
31
Hernández, H. G., Cardona, D. A., & Del Río, J. L. (2017). Direccionamiento Estratégico: Proyección de la Innovación Tecnológica y Gestión Administrativa en las Pequeñas Empresas. Información Tecnológica, 28(5), 15–22. https://doi.org/10.4067/s0718-07642017000500003
32
Huerta, P., Contreras, S., Almodóvar, P., & Navas, J. (2010). Influencia del tamaño empresarial sobre los resultados: un estudio comparativo entre empresas chilenas y españolas. Revista Venezolana de Gerencia, 15(50), 207–230. https://ve.scielo.org/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1315-99842010000200003
33
Huybrechts, I., Declercq, A., Verté, E. et al. (2024). How does the external context affect an implementation processes? A qualitative study investigating the impact of macro-level variables on the implementation of goal-oriented primary care. Implementation Sci 19, 32. https://doi.org/10.1186/s13012-024-01360-0
34
Lawrence, P. y Lorsch, J. (1967). Differentiation and integration in complex organizations. Administrative Science Quarterly, 12(1), 1-47. https://doi.org/10.2307/2391211
35
Luque-Vílchez, M., Rodríguez-Gutiérrez, , P., & Guerrero-Baena, , MD (2019). El género del director general como determinante de la supervivencia de la empresa: El caso de las pymes agroalimentarias españolas. Revista Galega De Economía, 28(1), 1-12. https://doi.org/10.15304/rge.28.1.6159
36
Ministerio de Economía, F. y. T. (2021). Boletín Análisis descriptivo del impacto de la pandemia sobre las empresas en Chile. Gobierno de Chile. https://www.economia.gob.cl/wp-content/uploads/2021/07/Boletin-Analisis-descriptivo-del-impacto-de-la-pandemia-sobre-las-empresas-en-Chile-1.pdf
37
Neise, T.; Verfürth, P.; Franz, M. (2021) Rapid responding to the COVID-19 crisis: Assessing the resilience in the German restaurant and bar industry. International Journal of Hospitality Management, 96, 102960. https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0278431921001031?via%3Dihub
38
Ngo, Q.-H. (2022). The Positive Effect of Innovative Culture on Differentiation Strategy: Empirical Results from Vietnamese Smes. Quality - Access to Success, 23(189), 176–183. https://doi.org/10.47750/QAS/23.189.20
39
Nunes, D.; Gutierrez, I.; Gonzalez, C.; Orfale, H.; Rueda, A.; Cudris, V.(2023). The impact of entrepreneurial orientation on innovation performance: A study on micro, small and medium-sized enterprises (MSMEs) in the Colombian Caribbean. Procedia Computer Science. 224, 502-506. https://doi.org/10.1016/j.procs.2023.09.072
40
OIT (2021). Factores internos y externos para el éxito de la Pymes. Unidad de Gestión de la Producción de Publicaciones (PRODOC) de la OIT. https://www.ilo.org/wcmsp5/groups/public/---ed_dialogue/---act_emp/documents/publication/wcms_829958.pdf
41
Owen, R., Botelho, T., Hussain, J., & Anwar, O. (2023). Solving the SME finance puzzle: an examination of demand and supply failure in the UK. Venture Capital, 25(1), 31–63. https://doi.org/10.1080/13691066.2022.2135468
42
Păunescu, C. y Mátyus, E. (2020). Resilience measures to dealing with the COVID-19 pandemic Evidence from Romanian micro and small enterprises. Management & Marketing, 15(S1), 439-457. https://doi.org/10.2478/mmcks-2020-0026
43
Pinto, J. D., Yohanna Soto, N., Gutiérrez, A., & Castillo, L. J. (2003). Ajuste, estructura y ambiente como factores claves en la teoría de contingencias. Estudios Gerenciales, (88), 67-86. https://www.redalyc.org/articulo.oa?id=21208804
44
Pugh, D. (1973). The measurement of organization structures: Does context determine form? Organizational Dynamics, 1(4), 19-34. https://doi.org/doi:10.1016/s0090-2616(73)80021-x
45
Rafiki, A. (2020). Determinants of SME growth: an empirical study in Saudi Arabia. International Journal of Organizational Analysis, 28(1), 205–225. https://doi.org/10.1108/IJOA-02-2019-1665
46
Ramírez-Pereira, M., Pérez Abarca, R., & Machuca-Contreras, F. (2021). Políticas públicas de promoción de salud en el contexto de la COVID-19, en Chile, una aproximación desde el análisis situacional. Global Health Promotion, 28(1), 127-136. https://doi.org/10.1177/1757975920978311
47
Roffia, P., Simón-Moya, V., & Sendra García, J. (2022). Board of director attributes: effects on financial performance in SMEs. International Entrepreneurship and Management Journal, 18(3), 1141–1172. https://doi.org/10.1007/s11365-020-00715-5
48
Sajjad, A., Ibrahim, Y., & Shamsuddin, J. (2022). The Moderating Role of Environmental Turbulence between Learning Orientation and SME Performance in the Manufacturing Sector of Pakistan. Journal of Distribution Science, 20(5), 1-11. https://doi.org/10.15722/jds.20.05.202205.1
49
Salanova, M. (2009). Organizaciones saludables, organizaciones resilientes. Gestión Práctica de Riesgos Laborales, 58, 18-23. https://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/73232/32403.pdf
50
Sánchez, J. & Martín, J. F. (2008). Edad y tamaño empresarial y ciclo de vida financiero, Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas. https://www.ivie.es/downloads/docs/wpasec/wpasec-2008-12.pdf
51
Sansores, E., & Navarrete, J. (2018). Crecimiento de la Micro, Pequeña y Mediana Empresa: un análisis de los factores determinantes. Revista Venezolana de Gerencia, 23(81), https://www.redalyc.org/journal/290/29055767010/29055767010.pdf
52
Shafi, M.; Liu, J.; Ren, W. (2020). Impact of COVID-19 pandemic on micro, small, and medium-sized Enterprises operating in Pakistan. Research in Globalization, 2. https://doi.org/10.1016/j.resglo.2020.100018
53
Torres, E., & López-Lira, A. (2021). Factores que influyen en la sostenibilidad de las PyMES del sector restaurantero del municipio de Monterrey. Innovaciones de Negocios, 18(35), 1–19. https://doi.org/10.29105/rinn18.35-e1
55
Zhang, Z., Zhu, H., Zhou, Z., & Zou, K. (2022). How does innovation matter for sustainable performance? Evidence from small and medium-sized enterprises. Journal of Business Research, 153, 251–265. https://doi.org/10.1016/j.jbusres.2022.08.034