Contido principal do artigo

Marcos Álvarez Espiño
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0002-9514-7544
Sara Fernández-López
ECOBAS-Universidade de Santiago de Compostela – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
España
https://orcid.org/0000-0003-2496-4333
Lucía Rey-Ares
Universidade da Coruña – Facultade de Humanidades e Documentación
España
https://orcid.org/0000-0002-5165-742X
Vol 32 No 1 (2023), Artigos, páxinas 1-36
DOI https://doi.org/10.15304/rge.32.1.8437
Recibido: 27-04-2022 Aceptado: 05-09-2022 Publicado: 23-01-2023
Imaxes
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

O obxectivo da investigación é determinar o nivel de fraxilidade financeira dos fogares galegos, así como analizar se as súas características sociodemográficas, económicas e condutuais se asocian con esta problemática, desde unha perspectiva comparada con respecto ao resto de comunidades autónomas. Partindo dos datos da primeira edición da Enquisa de Competencias Financeiras (ECF), obsérvase que, comparada con España, unha menor porcentaxe da poboación galega presenta situacións de fraxilidade financeira media ou alta. Ademais, os ingresos do fogar e a capacitación financeira do individuo son factores amortecedores da fraxilidade financeira (FF), tanto en Galicia coma no resto de España. Tamén, un maior nivel educativo reduce a probabilidade de experimentar un alto nivel de FF autopercibida individual, mentres que a relación contraria se experimenta cando se habita nun fogar con menores a cargo. Estes resultados, similares en ambas as submostras, non ocultan diferenzas destacables. En comparación con España, o impacto da capacitación financeira resulta menos relevante en Galicia, mentres que a inclusión financeira se relaciona positivamente coa FF.