A partires de 2019 os autores que publican nesta revista están de acordo cos seguintes termos:
1. A Universidade de Santiago de Compostela conserva os dereitos de autor das obras publicadas, e promove e permite a reutilización das mesmas baixo a licenza indicada no punto 2.
2. Os artigos publícanse na edición electrónica da revista baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0). Todos os traballos poden copiarse, usarse, diseminarse, transmitirse e mostrarse publicamente, con agradecementos aos autores, mencionando a URL, a revista, e que os materiais non se utilizan para fins comerciais.
3. Todos os autores están de acordo coa licenza de uso utilizada pola revista, coas condicións de auto-arquivo e coa política de acceso aberto.
4. Os autores están autorizados a difundir electronicamente (por exemplo, en repositorios institucionais ou nos seus propios sitios web) a versión publicada dos seus manuscritos, xa que pode dar lugar a intercambios productivos, así como a unha citación mais temperá e maior dos traballos publicados (Véxase The Effect of Open Access).
Con anterioridade a esta data, ao publicar en Revista Galega de Economía, o autor cede todos os dereitos de explotación do seu artigo á Universidade de Santiago de Compostelaque, coas condicións e limitacións dispostas pola lexislación en materia de propiedade intelectual, son as titulares do copyright. Esta titularidade concede á Universidade de Santiago de Compostela o dereito exclusivo e para todo o mundo a:
-
publicar a versión final do artigo na revista e distribuílo e/ou comunicalo publicamente, tanto na revista en si como noutros medios relacionados, en formato impreso, dixital ou calquera outro que poida inventarse no futuro;
-
traducir ou realizar abstracts do artigo e distribuílos e/ou comunicalos publicamente, e autorizar ou ceder a terceiros o mesmo dereito;
-
depositar copias ou referencias do artigo en arquivos en liña tanto en plataformas propias da Universidade de Santiago de Compostela como en plataformas de terceiros autorizadas pola Universidade de Santiago de Compostela.