Journal Impact Factor e Renovación Selo FECYT
Publicado o 2024-06-27Comprácenos anunciar que a Revista Galega de Economía/Galician Journal of Economics obtivo por primeira vez Journal Impact Factor (JIF) de Clarivate (edición de 2023) na categoría “Economics”. Asemade, temos renovado o Selo á Calidade Editorial FECYT grazas aos bos resultados obtidos pola revista en canto á calidade das publicacións. Estas boas novas axudan a aumentar o impacto e a visibilidade dos artigos publicados na Revista, cos beneficios que isto implica para os autores.
Este logro non tería sido posible sen as contribución realizadas polos autores, revisores e editores. Por iso, desexamos expresar o noso máis sincero agradecemento por ternos axudado a alcanzar este fito.