Temática e alcance

QUINTANA é unha revista de Historia da Arte, cunha periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Artes, sen desbotar as aproximacións interdisciplinarias que enriquezan o seu estudio.

A publicación dos traballos de investigación se estructura en dúas seccións: a primeira -TEMA- ten un carácter monográfico e o seu contido é planificado de antemán polo Comité de Redacción, invitando a destacados especialistas no tema escollido, mentras que a segunda -COLABORACIÓNS- está aberta a aportacións de temática libre.

Os traballos presentados á sección de COLABORACIÓNS someteránse a avaliación empregando un sistema de revisión externa baseado no doble anonimato. A revista empregará dous revisores, membros do Comité Científico ou outros especialistas, para avaliar cada artigo recibido, acudindo a un tercer revisor en caso de discrepancia. Os artigos finalmente publicados incluirán as datas de recepción e aceptación. A responsabilidade final do proceso de selección e aceptación de traballos recaerá na Dirección da revista e no seu Comité de Redacción, comunicando aos autores as decisións editoriais adoitadas.

Proceso de revisión por pares

Os traballos presentados á sección de Colaboracións someteranse a avaliación empregando un sistema de revisión externa baseado no dobre anonimato. A revista empregará dous revisores, membros do Comité Científico ou outros especialistas, para avaliar cada artigo recibido, acudindo a un terceiro revisor en caso de discrepancia. Os artigos finalmente publicados incluirán as datas de recepción e aceptación. A responsabilidade final do proceso de selección de orixinais recaerá na Dirección da revista e no seu Comité de Redacción, comunicando aos autores as decisións editoriais adoptadas.

Frecuencia de publicación

Anual

Política de acceso aberto

Quintana facilita o acceso sen restricións a todo o seu contido.

A publicación non ten ningún custo para os autores.

Indexada en

DIFUSIÓN

Bases de datos de calidade

  • DICE: difusión, posto 9 de 137 na área Bellas artes, 7 de 66 na área Historia del arte; Internacionalidade das contribucións, posición 15 (52.38%)
  • MIAR: icds 7.541, posición 3 de 8 na área Historia del Arte (revistas españolas)

Bases de datos multidisciplinares

  • SCOPUS, ESCI, REDALYC (Red de Revistas Científicas de América latina y Caribe), Fuente Académica Premier, TOC Premier, ISOC, ULRICH, DIALNET, REDIB

Bases de datos especializadas

  • IBA-International Bibliography of Art (CSA USA, Categoría A), BHA-Bibliography of the History of Art (The Getty Research Institute-INIST), AATA-Abstracts of International Conservation Literature (The Getty Conservation Institute), REGESTA IMPERII (Akademie der Wissenschaften und der Literatur Mainz DE, Categoría B)

Catálogos de bibliotecas

  • No 39,68% das Universidades españolas coa titulación (25 de 63)

IMPACTO

Citas recibidas

  • – IN-RECH Historia del arte (2010): 4º cuartil, posición 20 de 46
  • – RESH: impacto 0.027 (2004-2008): posto 22 de 40

CALIDADE EDITORIAL

  • – ERIH PLUS
  • – CARHUS: B
  • – LATINDEX: 33 de 33 criterios
  • – ANEP/FECYT: A
  • – CNEAI: 14 de 18 criterios
  • – ANECA: 18 de 22 criterios
  • – CIRC: B

Exención de responsabilidade

Quintana non se fai responsable do contido de ningún artigo e o feito de patrocinar a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas.
O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

Formulario de avaliación

Formulario de avaliación

Directrices éticas

A publicación de artigos científicos involucra varios axentes, entre os cales se atopan a editorial, a dirección da revista, os avaliadores dos traballos e os autores. De cada un deles espérase unha conduta ética referida a uns principios, na nosa revista inspirados parcialmente nos que proporciona o Committee on Publication Ethics (COPE) Best Practice Guidelines.

Editorial

A editorial proporciona asistencia e apoio técnico á dirección da revista no uso da plataforma web, e mantén o software actualizado e en condicións de facilitar o proceso de envío, avaliación e publicación dos traballos. Colabora tamén coa dirección da revista na súa indexación e na facilitación de información sobre aqueles requisitos que contribúan a un mellor posicionamento da mesma nas clasificacións ao uso. En xeral, axuda ao incremento da calidade editorial da revista e á súa mellor e maior visibilización, internacionalización e impacto.

Dirección da revista

A dirección da revista asegura que os manuscritos enviados son avaliados atendendo exclusivamente ao seu contido intelectual, sen ter en conta a raza, xénero, orientación sexual, crenza relixiosa, adscrición política ou escola filosófica dos autores. Garante a confidencialidade dos traballos, non revelando a identidade dos mesmos a outros actores que non sexan os membros autorizados da editorial, os avaliadores potenciais, os avaliadores efectivos ou ao consello de redacción da revista. A dirección da revista pode declinar a publicación dun traballo por non cumprir este os requisitos formais esixidos ou por tratar unha temática allea ao seu ámbito. Debe comunicar, dentro dos prazos establecidos, unha vez vistos os informes dos avaliadores e ouvido o consello de redacción, a aceptación ou o rexeitamento dos traballos presentados.

Avaliadores

Os avaliadores deben rexeitar o encargo de valorar un traballo se non se recoñecen cualificados na área temática do mesmo ou se non poden asumir a avaliación dentro do prazo que establece a revista. O informe de avaliación debe ser obxectivo e debe expresarse de maneira razoada e clara. Debe evitar alusións ad hominen, ofensivas ou humillantes e os comentarios deben perseguir a mellora do traballo. Os manuscritos recibidos deben ser tratados como documentos confidenciais e o seu contido non pode ser usado en traballos propios. Os avaliadores deben rexeitar avaliar artigos cando exista algún conflito de interese resultante dunha eventual relación, pasada ou presente, cos autores do traballo ou coas institucións das cales estes dependan.

Autores

Os autores deben enviar traballos que presenten unha investigación orixinal sobre un tema claramente identificábel e non previamente publicado. Non deben enviar traballos que inclúan unha parte substancial doutros xa publicados. Os traballos deben redactarse de modo que poidan ser comprendidos ou replicados polos avaliadores. Se se usaren ideas doutros, deben ser claramente referenciadas; o plaxio é unha conduta inaceptábel e a súa detección implica o arquivo do traballo ou a súa retirada da páxina web, se estivese xa publicado. En caso de coautoría, son autores dun traballo todos os que contribúen significativamente ao mesmo; cada autor debería ser capaz de identificar as partes do traballo de que son responsábeis os outros coautores e debe gardar confidencialidade dos diversos contidos até que o artigo sexa publicado. O envío simultáneo do traballo a outra ou outras revistas é condición suficiente para o seu arquivo. Se no proceso de edición os autores descobren erros ou impropiedades no seu traballo, comunicarano coa maior celeridade ao director da revista, e colaborarán na súa subsanación. Os autores deberán facer constar o posíbel conflito de intereses entre as conclusións do seu traballo e as fontes de financiamento do mesmo.

Estas directrices están en consonancia co código ético da Universidade de Santiago de Compostela, editora da revista: https://www.usc.es/gl/goberno/valedor/codigoetico/CodigoEtico.html

Política de preservación de arquivos dixitais

Esta revista desenvolve diversos procesos destinados a garantir a accesibilidade permanente dos obxectos dixitais que alberga nos seus propios servidores:

- Copias de seguridade.
- Seguimento da contorna tecnolóxica para prever posibles migracións de formatos ou software obsoletos.
- Metadatos de preservación dixital.
- Utilización de DOI.

Os arquivos publicados nesta páxina web están dispoñibles en formatos facilmente reproducibles (PDF) y en JATS.

Política antiplaxio

Esta revista é membro de Similarity Check, unha iniciativa lanzada por Crossref que agrupa a varias editoriais co fin de protexer a orixinalidade dos contidos que publican.

Similarity Check utiliza o software iThenticate para detectar coincidencias e similitudes entre os textos sometidos a avaliación e os publicados previamente noutras fontes.

Protocolos de interoperabilidade

Quintana proporciona unha interface OAI-PMH (Open Arquives Initiative Protocol for Metadata Harvesting) que permite que outros portais e servizos de información poidan acceder aos metadatos dos contidos publicados.

Especificacións:

OAI-PMH Protocol Version 2.0
Dublin Core Metadata 1.1

Ruta para os colleitadores:

https://revistas.usc.gal/index.php/quintana/oai

Hisoria

A revista Quintana xurdiu no ano 2002 como unha publicación anual que servise de órgano de difusión do departamento de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela. Desde entón esta revista apostou pola rigorosidade na súa liña editorial e a apertura exterior dos seus comités e contidos, até convertela nunha das de maior calidade no seu ámbito, referendada  no seu recoñecemento nas máis prestixiosas bases de datos nacionais e internacionais.

Entre eses recoñecementos cabe destacar que foi unha das primeiras revistas de Historia da arte de España en obter os 33 criterios de calidade Latindex ou en ser admitida na base de datos SCOPUS.