Resumo

Con motivo da efeméride do 30 aniversario do Centro Galego de Arte Contemporánea, este acolleu Implosión: arte conceptual na colección CGAC (1965-1975), un proxecto comisariado por Pedro de Llano Neira dividido en dúas vertentes. Unha primeira formalizada a través dunha mostra expositiva e, unha segunda, organizada en torno a unha programación didáctica conformada por visitas comentadas á exposición polo comisario e un ciclo de mesas redondas orientadas á reflexión sobre as coleccións confeccionadas dende os museos de arte contemporánea en xeral e, en particular, sobre a Colección CGAC. Todos eles, exercicios destinados a exhortar o inicio dun novo ciclo na institución, marcado pola rexeneración das súas liñas de actuación.