Salto rápido al contenido de la página
  • Navegación principal
  • Contenido principal
  • Barra lateral
  • Inicio
  • Número en curso
  • Números
    • Último número
    • Números anteriores
  • Acerca de
    • Sobre la revista
    • Equipo editorial
    • Declaración de privacidad
    • Contacto
  • Envíos
  • rev{USC}
  • Registrarse
  • Iniciar sesión
  1. Inicio
  2. Archivos
  3. Núm. 23 (2024)
  4. Editorial

EDITORIAL

Barra lateral del artículo

Contenido principal del artículo

  • Alfredo Vigo Trasancos+−
Alfredo Vigo Trasancos
Universidade de Santiago de Compostela
España
https://orcid.org/0000-0001-6932-8627
Núm. 23 (2024), Editorial
DOI: https://doi.org/10.15304/quintana.23.10217
Recibido: 28-10-2024 Aceptado: 28-10-2024 Publicado: 13-12-2024
xml pdf
Derechos de autoría Cómo citar Artículos más leídos del mismo autor/a(s) Citado por
Vigo Trasancos: EDITORIAL

Sumário

    A presentación do número 23 da revista QUINTANA, que corresponde ao ano en curso 2024, conleva unha nova satisfacción desde o punto de vista dos recoñecementos pois me é grato sinalar que conseguimos entrar na exclusiva base de datos Web of Science (WoS), pertencente a Clarivate Analytics, na que, desde hai uns anos, estabamos a ser valorados. É un gran logro, sen dúbida, xa que se suma a un ranking importante de plataformas que non fan máis que apreciar o noso labor e esforzo continuado por ser, en todos os ámbitos do mundo científico da Historia da Arte, unha revista académica prestixiosa e recoñecida.

    Xa metidos nos contidos do presente número, seguindo nosa tradicional organización, o Tema monográfico leva por título “Os límites dunha disciplina e as fronteiras da representación. Respostas desde a Historia da Arte” e nel interveñen destacados investigadores invitados que achegan os seus diferentes puntos de vista en moi diferentes campos interpretativos. Así, Mieke Bal busca comprender a realidade do mirar achegando no seu artigo o desenvolvemento dunha metáfora teórica que é social, ética e visual á vez e que pode axudar á historia da arte na súa misión perceptiva, como é a visibilización. Iñaki Estella, en cambio, en vista da hiperabundancia de produtos audiovisuais que abordan a historia da arte, pon o foco en tres series documentais que contrapoñen modelos diferentes como foron no seu día Civilization, de Kenneth Clark (1969), Ways of seeing, de John Berger (1972) ou a española Mirar un cuadro (1983-1988). Xosé Nogueira, á súa vez, propón no seu texto unha visión panorámica sobre as transformacións derivadas da irrupción da era dixital e a consecuente mutación que esta implicou sobre a natureza das imaxes na produción audiovisual contemporánea. Por último, María Dolores Teijeira Pablos, achega unha visión máis particular ao centrarse no valor iconolóxico do selo de cera no panorama da construción e reprodución da imaxe figurada medieval, analizando o caso de dous sinais pertencentes a Gonzalo Pérez de Aguilar (d.1300-†1353), que chegou a alcanzar o alto cargo de arcebispo de Toledo.

    Polo que respecta ao apartado Colaboracións, fiel a si mesmo, introdúcenos nunha serie de investigacións moito máis abertas e heteroxéneas. Juan Moreno Hortelano, de feito, dá conta das operacións levadas a cabo polo arquitecto Juan Antonio Molina Serrano dentro do campo patrimonial. Mercedes Cerón-Peña propón, á súa vez, valorar novas interpretacións sobre varios debuxos incluídos no denominado «Álbum de viejas y brujas» de Francisco de Goya. Concepció Bauçà de Mirabò Gralla estuda, pola contra, o convento de Santo Domingo de Inca (Mallorca) desde o seu nacemento a principios do século XVII ata a súa desaparición como entidade dominica tras a desamortización. Pola súa banda, Sergio Ramírez González, Antonio Bravo Nieto, Josep Lluis i Ginovart e Cinta Lluis Teruel analizan a utilización da “bóveda ojival” no contexto puntual dos almacéns de pólvora realizados polos enxeñeiros militares no contexto xeográfico que vai de Gibralfaro a San Fernando de Figueras. Un estudo moi diferente é o que realizan Heloisa Selma Fernandes Capel e Ramón Yzquierdo Peiró ao proceder a analizar o tríptico xacobeo do artista compostelán Modesto Brocos que, tras ser pintado en Roma e alcanzar pouco éxito en París e Madrid, foi cedido en depósito polo autor á catedral de Santiago onde hoxe atópase. Xa noutra dirección, Inmaculada Real López aborda a cultura galega do exilio republicano español centrada especialmente na intelectualidade instalada en Arxentina. Diferente é a análise que ofrece Silvia Magro-Vela ao clasificar os diferentes tipos de openings que se utilizan ao comezar un episodio dentro do ecosistema das series que conforman a ficción televisiva actual. Doutro estilo é o estudo de Rafael Ángel García-Lozano sobre os equipamentos sanitarios construídos na última etapa da nosa historia centrándose nun exemplo de Zamora e na achega da Deputación provincial. Faltan por sinalar os estudos de Ana Melendo Cruz sobre a análise dalgúns dos documentais de arte, que forman parte do arquivo audiovisual do Museo del Prado; de Javier Jiménez-Leciñena sobre a fotografía como lugar de resistencia política e afectividade para as persoas queer; de Julio Barrueta Cuzcano indagando na manifestación multicultural errada da cinematografía peruana a través do filme Madeinusa (2005) de Claudia Llosa, ou de Rebeca Carretero que dá a coñecer unha pintura sobre ónice coa representación do apóstolo Santiago na Batalla de Clavijo conservada no Museo Colegial de Daroca (Zaragoza). Finalmente, Guillem Carabi Bescós busca establecer a relación existente entre residuo e forma estética, identificando tres direccións principais de discusión, á vez que José María Mesías Lema, Juan Luís Lorenzo-Otero, Carla Álvarez-Barrio e Guillermo Calviño-Santos proceden a analizar conxuntamente a Escola Libre de Sargadelos como proxecto experimental dentro do ámbito artístico-educativo. Así pois, todo conforma un conxunto de artigos e investigacións que, sen dúbida, ofrecerán temas e puntos de vista moi interesantes para os lectores.

    O apartado Escritos sobre..., está, esta vez, protagonizado por dous textos moi pouco coñecidos que foron publicados no seu día por José Alejandro Cribeiro e Emilio P. Hidalgo –“Un pobo sen recordo” e “Adeus a Portomarín”- cun alto espírito crítico ante a perda irreparable da vila medieval de Portomarín que era, en 1963, asolagada polas augas do Miño despois da obra do encoro de Belesar. Ambos son comentados e analizados co rigor que o caracteriza por Julio Vázquez Castro, bo coñecedor do tema e de todas as súas circunstancias.

    Falta por sinalar que Feitos e tendencias aborda dúas exposicións interesantes: a titulada “Implosión: arte conceptual en la colección CGAC (1965-1975)” que foi comisariada por Pedro de Llano Neira, e a que tivo lugar no Colexio de Fonseca sobre “Valle-Inclán íntimo” que foi ideada por José Manuel López Vázquez, Margarita Santos Zas e Javier del Valle-Inclán Alsina. As dúas son comentadas con brillantez por Ana Méndez López e Jesús Ángel Sánchez García.

    Conclúe o número co apartado de Recensións onde distintos autores dan conta de obras recentes de temática histórico-artística que son analizadas nos seus contidos e cun destacable espírito crítico.

    Non quixera pechar esta presentación de QUINTANA sen agradecer o esforzo de todos aqueles que a converteron nunha realización coral; por iso que, como director, deba mencionar expresamente a Jesús Ángel Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Miguel Anxo Rodríguez González, os tres secretarios que, cada ano que pasa, teñen que afrontar máis e máis esixencias. Por suposto deben sinalarse tamén os membros do Comité Científico e de Redacción da revista, os avaliadores anónimos que revisaron a calidade e orixinalidade dos artigos, do mesmo xeito que todos os investigadores invitados que, de forma moi profesional e brillante, aceptaron contribuír cos seus coñecementos ao Tema monográfico que abre o número. Tampouco quero esquecer aos compañeiros do Departamento de Historia da Arte polo seu importante apoio, o mesmo que ao director e técnicos do Servizo de Publicacións da nosa Universidade polas súas valiosas indicacións. Unha mención merécese Xosé Serén pola súa revisión técnica e de estilo, sempre necesaria. Por conseguinte, a miña gratitude a todos eles e desexar, un ano máis, que a revista QUINTANA siga tendo unha longa proxección e unha vida moi frutífera.

    Aviso de derechos de autor/a

    Derechos de autoría 2024 Universidad de Santiago de Compostela

    Cómo citar

    Vigo Trasancos, A. (2024). EDITORIAL. Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte, (23). https://doi.org/10.15304/quintana.23.10217
    • ACM
    • ACS
    • APA
    • ABNT
    • Chicago
    • Harvard
    • IEEE
    • MLA
    • Turabian
    • Vancouver
    • Unified Style
    • Endnote/Zotero/Mendeley (RIS)
    • BibTeX

    Otros datos estadísticos

    Descargas

    Descargas (Últimos 12 meses)

    Imagenes.

    Artículos más leídos del mismo autor/a(s)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Editorial , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 17 (2018)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Editorial , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 18 (2019)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Luís Sazatornil Ruiz, Vidal de la Madrid Álvarez (Coords.): Imago Urbis. Las ciudades españolas vistas por los viajeros (siglos XVI-XIX) , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 19 (2020)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Editorial , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 19 (2020)
    • Alfredo Vigo Trasancos, Julio Vázquez Castro, SANTIAGO DE COMPOSTELA EN 1759. LA PROCLAMACIÓN DE CARLOS III EN LA AGUDA PLUMA DEL CURA DE FRUÍME, DIEGO CERNADAS DE CASTRO , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 20 (2021)
    • Alfredo Vigo Trasancos, La ciudad de los saberes en la edad moderna. Alicia Cámara, Álvaro Molina, Margarita Ana Vázquez Manassero (Eds.), Ediciones Trea, Piedras Angulares, Gijón, 2020. 291 págs. ISBN 978-84-18105-00-5 , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 20 (2021)
    • Alfredo Vigo Trasancos, EDITORIAL , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 20 (2021)
    • Alfredo Vigo Trasancos, España en mapas antiguos. Catálogo de la Colección Rodríguez Torres-Ayuso. Carmen Manso Porto, Real Academia de la Historia. Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado, Madrid, 2021, 2 vols. 747 págs. ISBN 978-84-340-2739-8 , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 21 (2022)
    • Alfredo Vigo Trasancos, EDITORIAL , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 21 (2022)
    • Alfredo Vigo Trasancos, EDITORIAL , Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte: Núm. 22 (2023)
    << < 1 2 
    Citado por
    Crossref
    Scopus
    Google Scholar
    Europe PMC
    • Registrarse
    • Iniciar sesión
    • Idioma / Language / Langage Español
      • English
      • Español
      • Galego
    Otras estadísticas
    • Otras estadísticas
      73
    Más leídos | Más descargados
    • (655) Arquitectura, memoria y futuro. La mezquita-catedral de...
    • (505) ENFERMOS DE PECADO. EL CUIDADO TEOLÓGICO EN LOS...
    • (499) ANTONIO PALACIOS Y EL PROYECTO PARA LA NUEVA RÚA GALICIA...
    • (490) DEL TRAJE ANTINEUTRAL AL VESTIDO METÁLICO. LA MODA...
    • (444) El toro por los cuernos. Símbolos de lo español en un...
    • (696) The tragedy in abeyance of Cándida. Emigration and...
    • (437) Las ruinas de Belchite: crónica, memoria, posmemoria y...
    • (390) EL CINE MEXICANO DE PISTOLEROS EN LOS AÑOS SESENTA:...
    • (382) ENFERMOS DE PECADO. EL CUIDADO TEOLÓGICO EN LOS...
    • (381) EL DISEÑO DE INTERIORES EN BUENOS AIRES DE 1880 A 1930....
    INDIZADA EN

    SCOPUS, ESCI, FRANCIS, IBA, BHA, AATA, REGESTA IMPERII... Ver más

    Número actual
    • Logotipo Atom
    • Logotipo RSS2
    • Logotipo RSS1

    Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte

    ISSN 1579-7414 ISSN-e 2340-0005 Copyright © Universidade de Santiago de Compostela BY-NC-ND 4.0
    Contacto principal revistaquintana@gmail.com Editorial sepinter@usc.es

    Universidad de Santiago de Compostela/ Departamento de Historia del Arte / Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico