Contido principal do artigo

Ignacio Javier Ezquerra Revilla
Universidad Rey Juan Carlos
España
https://orcid.org/0000-0002-2045-6449
No 32 (2023): Mujeres emprendedoras en el Antiguo Régimen: negociantas, empresarias, vendedoras, comerciantes..., Varia
DOI https://doi.org/10.15304/ohm.32.8385
Recibido: 08-04-2022 Aceptado: 26-01-2023 Publicado: 20-03-2023
Copyright Como citar Artigos máis lidos do mesmo autor/a(s) Citado por

Resumo

A transición entre os séculos XVI e XVII caracterizouse en España polo paso do confesionalismo de Felipe II á asociación entre a Monarquía Hispana e a Sede Apostólica, baixo orientación política desta última. O seu fermento foi a espiritualidade mística, e nese contexto arraigaron expresións relixiosas máis rigoristas e íntimas como o Deserto, xurdida no Carmelo Descalzo como lectura radical da reforma teresiana. Neste artigo trátase do decidido apoio prestado a este movemento polo licenciado Francisco de Contreras, cuxa carreira, culminada polo acceso á presidencia do Consello Real de Castela en 1621, distinguiuse polo xeneroso patrocinio do Deserto de Bolarque e a continua intervención política e administrativa en favor dos seus promotores. Unha vez consolidado o seu movemento, iso permitiulles conducir a expansión suprahispana da súa Orde.